Conversa usuario:Lameiro/arquivo 6

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un modelo dentro dunha categoría[editar a fonte]

Boas Pedro. Estoulle a dar voltas á cabeza. Na Categoría:Ligas de fútbol de Primeira División quixera introducir un modelo que se vexa na parte alta da páxina, para que non se convirta nun caos conforme medre o número de artigos contidos nela. Para que te fagas unha idea, hai algo semellante nesta categoría da wiki inglesa: en:Category:National association football premier leagues. Eu faría algo menos impactante estéticamente, pero a idea e a mesma. ¿Pódese facer, ou nesta wiki non se poñen modelos nas categorías?. JonnyJonny 17:35, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Algúns comentarios[editar a fonte]

Moitas grazas polas indicacións.--Conversa con Tiberio 21:08, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)

Especial:Contribucións/85.91.87.244[editar a fonte]

Please deal with this vandal, Especial:Contribucións/85.91.87.244, thank you.Bencmq 13:10, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)

Esponxa/esponxas[editar a fonte]

En primeiro lugar, non sei que necesidade hai de ter dúas redireccións para esponxas, unha en singular ("esponxa") e outra en plural ("esponxas"). Xeralmente os títulos dos artigos póñense en singular.

O Reino Animal divídese en varios Subreinos, un deles é o dos Parazoos. Despois os Subreinos divídense en Filos. Xeralmente, cada Subreino comprende moitos filos, pero no caso dos parazoos o único filo que comprende é o dos Poríferos, onde están incluídas todas as esponxas (algúns inclúen o filo Placozoos tamén, o cal é un dato importante, como veremos).

Como é o único filo deste subreino, as esponxas son os únicos Poríferos, pero tamén os únicos Parazoos, polo que, en principio, se podería redireccionar a calquera dos dous. Pero, a miña opinión é que o nome do animal debería ir redireccionado ao taxon menor que o comprende, neste caso o filo Poríferos, porque alí se fala das características do animal, taxons inferiores comprendidos, etc., mentres que en Parazoos do que se fala é de cuestións moi xerais e discusións taxonómicas.

Por se fose pouco, algúns taxonomistas consideran que os Placozoos están incluídos tamén dentro dos Parazoos, que deste modo xa non terían un só filo senón dous, os Poríferos e os Placozoos, de modo que esponxa xa non sería sinónimo de Parazoo, porque os placozoos tamén o serían (segundo eses taxonomistas), o que é unha razón máis para non facer a equivalencia esponxas=parazoos. Polo contrario, a equivalencia esponxa=porífero é correcta.

Eu o que faría sería, simplemente, eliminar a redirección "esponxas" (borrala da Galipedia), porque ao meu ver sobra, e deixar só a redirección "esponxa"=porífero. Pero non sei como se fai iso tecnicamente.--Miguelferig 16:50, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

Pedro, que che parece a idea de dáreslle ti un repaso (estes dásenche moi ben) para o poder meter de destacado de Galicia a tempo para o entroido deste ano? --Atobar (conversa comigo) 23:17, 17 de xaneiro de 2012 (UTC)

Nome dun modelo[editar a fonte]

Non sei se terá importancia, pero creo que puxen mal o nome dun modelo. Creei o modelo hormonas, pero á páxina púxenlle o nome hormonas. Despois, deime conta que o nome dos modelos sempre é Modelo:..., polo que debín poñer Modelo:Hormonas. Entón o que fixen foi cambiarlle o nome a Hormonas e poñer no seu lugar Modelo:Hormonas. Pensei que así estaba solucionado, pero despois ao buscar páxinas na caixa de procurar vexo que existen a páxina hormona (que xa estaba feita) e hormonas (o modelo meu, que segue estando aí). Eu prefería que só figurase Modelo:Hormonas nas páxinas de modelos, e tamén a páxina que xa estaba feita de hormona (en singular) entre os artigos, pero segue existindo a páxina Hormonas (en plural), que en realidade é un modelo. Igual non ten importancia, pero aviso por se acaso.

Non sei como non me dei conta, porque xa fixera anteriormente o Modelo:Lípidos sen ningún problema. --Miguelferig 22:37, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Xa vexo que está solucionado. Grazas.--Miguelferig 11:27, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Que é o que é "obra derivada" e que é o que non o é[editar a fonte]

Ola Pedrícola.

Pois non, non podes empregar esas fotos debido aos dereitos dos fotógrafos.

Consideremos unha obra no dominio público, por exemplo un cadro de Serafín Avendaño. O cadro pode aparecer reproducido en libros, páxinas web, DVDs, etc. Esas reproducións, frontais, fidedignas, dunha obra bidimensional, son meras reproducións técnicas, non artísticas. Aquel que reproduce a obra non engade nada, non pode atribuírse dereitos sobre a propiedade intelectual (inda que as veces o pretenden). Só hai unha obra, a obra orixinal. Non hai obra derivada. Os reprodutores son meros intermediarios, non son artistas.

Agora outro exemplo. Unha escultura dun autor antiquísimo. De por si, pola súa antigüidade, a obra orixinal estará no dominio público. Porén, unha imaxe desa escultura (fotografía, debuxo) constitúe sempre outra obra en si mesma, porque o fotógrafo/debuxante escolle un ángulo determinado, un encadre, unha iluminación, uns cores... É sempre unha obra derivada. Entón hai que considerar (1º) os dereitos de explotación do autor orixinal, o escultor, que resulta que xa remataron, xa non os ten porque finou fai X decenas de anos, e (2º) os dereitos do autor da obra derivada (o fotógrafo/debuxante) que si que os ten, a non ser que, obviamente, renuncie a eles.

Amais de todo iso, hai que ter en conta outra cousa que está nas leis. En España e outros países (non en todos, en Francia non é así) se unha obra está permanentemente exposta na vía pública está no dominio público. Quer dicir que, si lle tiro unha foto á escultura dun artista contemporáneo que está no medio dunha praza, non teño que considerar a protección da propiedade intelectual da súa obra. Iso chámase liberdade de panoramaligazón en portugués e outras linguas. Con todo, e volvendo sobre o mesmo, a miña foto é unha obra artística, e para que terceiros a empreguen eu teño que licenciala nos termos que correspondan.

Outro exemplo. As composicións musicais dos grandes clásicos... están no dominio público? Pois .... depende. As obras (as partituras) si, mais unha gravación desa música moi probablemente non. Iso é debido a ... exacto!, os dereitos dos mestres interpretes (os violinistas, os trompetistas...) que son artistas, que interpretan a obra, que crean unha obra derivada.

Resumindo, se unha editorial (ou quen sexa) reproduce (sen modificala, sen engadirlle nada) unha obra que por lei está no dominio público, xa pode dicir "tódolos dereitos reservados" ou dicir misa, a obra está no dominio público ¡Y punto!que diría o finado.

Máis información en Commons:Obras derivadas (en galego).

Dime se te quedan dúbidas. --. HombreDHojalata.conversa 17:11, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Se estamos a falar da reprodución dun cadro, non, o fotógrafo non escolle ángulo, ni encadre, nin cores, nin nada. O ángulo so pode ser un, perpendicular, as proporcións as marcou o artista orixinal, as cores deben ser fidedignas e iso implica unha iluminación determinada... se o caso non é ese, se sae un anaco de marco ou a foto está tirada de lado ou, que sei eu, iluminada cunha bombilla azul... entón si, entón xa volvemos ao da obra derivada.
En todo caso, non tomes ao pe da letra o que digo, que ao fin e ao resto so son un opinólogo non acreditado. Vai ás fontes que ligo. En concreto, por exemplo, para a liberdade de panorama a normativa española di exactamente (e non deixa lugar a moitas dúbidas):
...
Os facsímiles de obras no dominio público están no dominio público? Pois ... si. Non? Porqué non habían de estalo?
--. HombreDHojalata.conversa 19:18, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

Moitas grazas[editar a fonte]

En boa me metín. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16:26, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Ola Lameiro. Parece que para a RAG é cúmulo e acumulación. Desta, dan como SIN. amoreamento, cúmulo (máis culto), montón, morea. --Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 01:38, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

Acción católica[editar a fonte]

Grazas polo aviso, Pedro. Xa o esquecera... Póñome con iso nestes días. Saúdos. --Xas (conversa) 20:24, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

Casas de concellos[editar a fonte]

Pois que eu saiba non, non vin nengunha categoría oculta, se me entero dalgo xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:35, 19 de febreiro de 2012 (UTC)

Ignacio Castro Rey[editar a fonte]

Estimados señores bibliotecarios, No sé si me recordarán, pero supongo que soy lo que ustedes llaman un autor, con sus correspondientes derechos. De hecho, he publicado tres libros en este pasado año que ustedes, con su probada competencia técnica, pueden fácilmente localizar. Pues bien, ya es suficiente. Mi colaboradora Ednamore me ha informado con detalle de este mes plagado de sobresaltos desde que iniciamos el contacto con Wikipedia. Reconozco que cometí un error de estilo al proponer una página de información que comenzaba por dos párrafos sin duda excesivamente “literarios” para la sobriedad que se le supone a una “Enciclopedia libre”. De acuerdo en este desliz inicial, pero a partir de él ni siquiera nos han dado tiempo para encontrar un interlocutor fiable que nos guiase en las necesarias correcciones. Todo han sido amenazas automáticas del sistema, juicios anónimos más bien insultantes y medidas un poco policiales. Comprendo que tienen que velar por la objetividad de unos parámetros, pero no creo que deba ser éste ni el método ni los modales. Para empezar, tampoco son objetivos sus criterios, pues ha sido mareante su continua fluctuación. Sé que estamos en España, pero que a mis amigos Jorge Alemán, José Luis Pardo o Ángel Gabilondo, por citar sólo tres ejemplos, les permitan unas páginas llenas de información, enlaces y fotos del autor, que en el caso de Ignacio Castro (sin duda, menos conocido) sean tachadas de “publicidad”, “vanidad” y acusaciones veladas de falsificación, es el colmo. Que se permitan decir que parece una “lista de supermercado” (¿le han hablado en estos términos a otros autores?) lo que es parte de un currículo, es la gota que colma el vaso. Cuando además, los párrafos más explicativos, conceptuales y “contextuales” enseguida los han tachado de publicidad y autobombo. Es imposible entenderles. Renuncio a seguir con este simulacro de “discusión”. Les pido disculpas por las molestias ocasionadas (aunque no sé quién me las pedirá a mí), pero pueden considerarse desde este momento libres de mi pesada carga. Es más, les ruego encarecidamente que retiren también la página que alguno de ustedes ha colgado en la Wikipedia en gallego. Es de una pobreza deprimente y está plagada de errores de bulto.

Sin más, se despide atentamente, Ignacio Castro Rey

Madrid, 23 de febrero de 2012

Saúdo de aniversario[editar a fonte]

Ola Lameiro. Vista a túa mensaxe de aniversario, comezo a serie de parabéns polo tempo que levas aquí, polo que levas feito e polo acadado pola comunidade. Espero que desfrutes outro tantos anos e máis e que todo, se é posible, vaia a mellor. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:08, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Contesto aquí para anticiparme a esa serie que anuncias. Os parabéns son para todos vós. O agradecido son eu. Pero aínda así, por suposto que grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:11, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Cinco aniños, por favor Lameiro ! Tes que entendelo como sorpresa de dita. Xa fai un tempiño que non tiven ocasión de ollar as fotos que subes, e co motivo de felicitarche vouno facer e propór algunhas para imaxe da Portada. Ando a educarme os ollos artisticamente, e a ver si escollo as que sairon mellor. Unha aperta Lameiro --Elvira (fálame) 21:14, 24 de febreiro de 2012 (UTC)

Parabéns por este aniversario, por todo o traballo que levas feito no proxecto e grazas tamén por todo o que me levas axudado, que sexa por outros cinco anos máis! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:39, 25 de febreiro de 2012 (UTC)

Aínda acabo de ver agora a mensaxe informativo dos teus 5 anos de Galipedia. Moitos parabéns, moitas grazas e moitos saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:19, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Redirección[editar a fonte]

Borrei a redirección que creaches na páxina "Acanthodii" porque era unha redirección cara a si mesma. Non sei se a redirección pretendía apuntar a outro lugar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:41, 8 de marzo de 2012 (UTC)

Ola Lameiro. Vin no artigo Igrexa de Santiago da Coruña o seguinte texto "No seu adro reuníase o concello desde o século XV" que podería valer para incorporar a imaxe ao artigo Casa do concello. Ti adoitas dispoñer de documentación para referenciar este tipo de edicións. Quería preguntarche se neste caso dispós dalgún dato que poida servir para confirmar esa afirmación sempre que teñas tempo para miralo e non sexa unha molestia. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:14, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:03, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Pedro, mandeiche un correo electrónico por un tema alleo á galipedia relacionado co refraneiro. Coméntocho por aquí por se resulta que o habilitado aquí non é un enderezo de correo que consultes decote. Graciñas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:17, 20 de marzo de 2012 (UTC)

OK, grazas --. HombreDHojalata.conversa 22:45, 30 de marzo de 2012 (UTC)

Novo DRAG[editar a fonte]

Ola Pedro. Xa o vin esta mañá (despois de ver a nova en La Voz mentres almorzaba). Moitas grazas por avisares. --XoioÉche o que hai 23:21, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Elitserien[editar a fonte]

Ola Lameiro! Efectívamente, hai que borrar o artigo Elitserien i handoll för herrar porque ao crealo cominme unha letra. Non sei cómo facer para mover unha páxina sen deixar unha redirección :( Moitas grazas, un saudazo! --Piquito (conversa) 22:26, 4 de abril de 2012 (UTC)

Moitísimas grazas! Tereino en conta no futuro. --Piquito (conversa) 13:40, 5 de abril de 2012 (UTC)

Ola Lameiro. Podo poñer, se queres, o bot a trocar a ligazón Pazo (arquitectura) por Pazo? Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:27, 5 de abril de 2012 (UTC)

Xa me poño a facelo. --Prevertgl 12:30, 5 de abril de 2012 (UTC)
Feito. Mantiven a escolla do editor en canto a dirixila a pazo ou palacio. Neste momento só apunta cara a Pazo (arquitectura) a mensaxe que publicaches na taberna, pódese borrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:03, 5 de abril de 2012 (UTC)

Desculpa a intromisión. Igual estou medio cego e non o vexo, pero iso que lle dis a Piquito sobre a opción das redireccións paréceme que é exclusivo para administradores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:27, 5 de abril de 2012 (UTC)

correccións[editar a fonte]

Graciñas polas túas correccións na sección s.XXI de España , a verdade é que non me decatara deses erros no que escribin. --83.35.148.206 11:18, 6 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns rotas e ligazóns mortas[editar a fonte]

Ola Lameiro. Entre as opcións de configuración dos bots hai unha que permite verificar todas as ligazóns externas. Con ese script activado pasei varias veces nas últimas semanas Prebot por toda a Galipedia e xa teño unha lista de ligazóns rotas ou mortas (chámolle mortas a aquelas que despareceron completamente mesmo o sitio web xa non existe). Polo de agora publiquei o comezo da lista en Usuario:Prevert/Ligazónsmortas á espera de que se decida se esa páxina debe estar no espazo Wikipedia: ou ten que permanecer nunha subpáxina persoal. No principio desa páxina hai instrucións sobre que facer en cada caso. Por outra banda, unha opción do script que verifica as ligazóns externas é publicar na páxina de conversa do artigo as ligazóns que non funcionan. En Wikipedia:A_Taberna_(técnica)#Ligazóns_rotas_e_ligazóns_mortas pregunto á comunidade se activar ou non esa opción. Para que unha ligazón externa se inclúa como rota ou morta na lista no prazo dunha semana non estaba activa polo menos dúas veces. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:18, 6 de abril de 2012 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Grazas polo teu consello. E certo que todo foi motivo dun calentón, e para nada trataba de acosar a Prvert ou como carallo se escriba.

En fin grazas de novo. --83.58.21.28 19:14, 6 de abril de 2012 (UTC)

Bloqueo de IP[editar a fonte]

Ola Lameiro. Creo que te trabúcaches na interpretación do bloqueo, non é pola foto dos templarios. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:21, 6 de abril de 2012 (UTC)

Na miña opnión agora que sabes que o bloqueo do IP non foi pola foto dos templarios tes que aclarar se segues discordando co xeito no que se fixo o bloqueo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:03, 6 de abril de 2012 (UTC)
Grazas. --Prevertgl 21:13, 6 de abril de 2012 (UTC)

Verificabilidade[editar a fonte]

Síntoo, debe ser xa tarde que me perdo. Non entendo que é concretamente o que me queres dicir. Que é o que fixen mal?

Falando doutra cousa... conseguín resucitar tódalas ligazóns mortas de Castelao!!!--. HombreDHojalata.conversa 21:08, 6 de abril de 2012 (UTC)

Re: Recoñecemento de Orixe[editar a fonte]

Grazas polo aviso. Os erros gramaticais intento evitalos, máis é problable que me olvide dalgún. --50.117.56.142 15:32, 7 de abril de 2012 (UTC)

Se podes botalle unha ollada ao artigo Camiño para ver se xa está solucionado. Eu tratei de corrixir todos os erros que atopei, e non sei se eu son quen de quitar o marcador. Grazas--50.117.56.142 15:41, 7 de abril de 2012 (UTC)
Grazas pola túa axuda. Con respecto ás referencias, o libro trata do que trata, non por que as fontes sexan do Opus Dei son menos válidas, penso eu. --50.117.56.142 16:06, 7 de abril de 2012 (UTC)
Pero o que non entendo é ¿que queres que ratifique?. É certo que ten 999 pasaxes, que está baseado nos Evanxeos é bastante obvio o ser un libro de temática relixiosa, só tes que ler un pouco del (aínda que sei que non o farás). En canto o número de libros vendidos non sei que gaña a páxina do Opus Dei dicindo que sexan máis ou menos, a xente non vai entrar na Obra por que en opusdei.com diga que venderon máis ou menos libros deste home. Co da edición en galego, é certo que é a única fonte que atopei, posto que a maior parte dos membros (que non digo que eu o sexa) len esta obra en castelán e resulta dificil atopar información en galego. ¿Poderías concretar un pouco máis en que parte desexas que busque unha fonte diferente?, por favor. Un saúdo --50.117.56.142 16:17, 7 de abril de 2012 (UTC)
Editorial Rialp web --50.117.56.142 16:53, 7 de abril de 2012 (UTC)

Sobre as imaxes[editar a fonte]

Non fai falta que o xustifiques, comprendoo perfectamente. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 12:44, 8 de abril de 2012 (UTC)

Oral-Aboral[editar a fonte]

Feito.--Miguelferig (conversa) 09:53, 11 de abril de 2012 (UTC)

Categorías[editar a fonte]

Si, é certo que se solapan un pouco as categorías Sistema endócrino e Sistema glandular, e ademais Sistema endócrino e Endocrinoloxía tamén son moi similares. Pero eu creo que o mellor é pasar todas as páxinas de sistema endócrino, que son moi poucas, a endocrinoloxía (xa o fixen eu e xa non queda ningunha) e quizais despois eliminar a categoría sistema endócrino. En sistema glandular pódense meter todas as glándulas (xa incluín eu algunha máis, pero non sei se estarán todas), aínda que non todas as glándulas son endócrinas, porque poden ser endócrinas, exócrinas e mixtas. Se acaso, tamén se poderían facer subcategorías dentro de Sistema glandular, pero quizais non merece a pena polo momento. En canto a Medicina e Anatomía, o lóxico é que Anatomía estea dentro de Medicina.

Outra categoría sobrecargada é Histoloxía. Ten moitas páxinas. Hai algunhas subcategorías, pero posiblemente habería que facer máis, porque se poderían separar en subcategorías as páxinas de Tecidos animais, Histoloxía vexetal, e outra para as células, que se podería chamar Tipos de células ou Células Humanas (hai tamén unha categoría Células xa feita, pero aí non só se meteron tipos de células, senón tamén partes de células e procesos). Tipos de células parece que xa existe e case non ten páxinas, e igual habería que cambiala de sitio e facela unha subcategoría de Histoloxía. Ademais Histoloxía está incluída en Medicina e as células e tecidos de plantas non quedan ben aí.

Coas categorías ás veces pasa (a min polo menos) que non se sabe moi ben onde é mellor poñer unha páxina e non se saben cales están xa feitas e cales hai que crear novas, polo que podes crear categorías solapadas facilmente. Hai tamén unha categoría Compostos químicos e outra Substancias químicas e non sabes onde meter as páxinas deste tipo.

En resume, agora a categoría Sistema endócrino está baleira.--Miguelferig (conversa) 23:08, 14 de abril de 2012 (UTC)

graciñas[editar a fonte]

Boas Lameiro ! Agradezoche o comentario, e cavilando sei que non dudas do meu respeto. Pero no momento de salirme algo que non intentaba facer resultoume mui desagradable o resultado. Unha aperta--Elvira (Conversa comigo) 22:32, 22 de abril de 2012 (UTC)

Grazas Pedro. Xa miro de corrixilo logo e facer unha páxina de homónimos. Saúdos. --Xas (conversa) 19:32, 26 de abril de 2012 (UTC)

Seres vivos[editar a fonte]

Pois si Lameiro, copiei onte Caryophyllaceae, pero haiche máis casos así... Tampouco é un tema que domine eu moito, pero non sempre hai nome común, non? Por exemplo Cyprinella. E a teor de todo isto, tamén habería que redirixir os singulares? Por exemplo, Ciprínido? --Calq (conversa) 19:42, 26 de abril de 2012 (UTC)

  • Na Categoría:Plantas vin algúns casos máis. Tecophilaeaceae (tecofileáceas?), Campanulaceae (campanuláceas?), Rosaceae (rosáceas) ... Hai moitos... de fai anos xa...--Calq (conversa) 19:51, 26 de abril de 2012 (UTC)
  • Pois, con respecto ao plural/singular, o "correcto" sería Cánidos e non Cánido como está? Pois, así o farei daquí para adiante cando me dea polos seres vivos. E moitas grazas por todo Lameiro. Graciñas.--Calq (conversa) 19:59, 26 de abril de 2012 (UTC)

Félidos e felinos[editar a fonte]

Pois, grazas. A cuestión é que Felino interligaba coas outras wikipedias a Felidae, incluso se di que o león é un felino, cousa da que me acabo de decatar que non é así, é un félido... non? (Bótalle un ollo a páxina de conversa de león) Se non me equivoco Subfamilia Felinae son os felinos? Certamente non sei nada de bechos eu eh, pero errando vaise aprendendo...--Calq (conversa) 20:19, 28 de abril de 2012 (UTC)

  • Ben, eu entendino, por certo, o Dicionario de Ir Indo é máis preciso e fala dos felinos como subfamilia dos félidos. O caso é que en español e portugués, por exemplo, ligan felino cara Felidae,(deixeilles a estes últimos un apuntamento na súa páxina de conversa, a ver que fan...) e en inglés, é unha páxina de homónimos w:en:Feline que di que se refire tanto a gato, como a Felidae, como a Felinae. Ti mesmo en Conversa:Panthera leo dicíaslle felino a león...
    • Ao final, xa están feitas as dúas páxinas (Felidae e Felinae), agora a meterlle contido aí para que quede todo clariño... Moitos Saúdos e Moita Saúde!--Calq (conversa) 23:21, 28 de abril de 2012 (UTC)

San Lourenzo[editar a fonte]

Pois tamén tes razón. Mañá haberá que ir de visita. --Atobar (conversa comigo) 20:15, 29 de abril de 2012 (UTC)

Cuns meses de demora, pero pasei polo sitio[1]. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:14, 25 de xullo de 2012 (UTC)

Meu rei, temos o mesmo problema! Pois na miña páxina de conversa pon que me deixaches a mensaxe ás 18:14 :) Non é cuestión da preferencia de hora (Madrid, GTM +1), senón a do servidor.

"Reloj, detén tu camino!!"

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:28, 30 de abril de 2012 (UTC)

Ola, Pedro! En "Cambios recentes" tamén me aparece a hora real, máis cando deixo unha sinatura aparéceme dúas horas antes, como a ti; non sei se é posíbel mudalo.

Saúdos, e bo maio! --Estevo(aei)pa o que queiras... 05:09, 1 de maio de 2012 (UTC)

Foto en Praza Pública[editar a fonte]

Unha das fotos que fixeches saíu en Praza Pública, mira :). Parabéns!, --Elisardojm (conversa) 22:43, 1 de maio de 2012 (UTC)

Códice Calixtino[editar a fonte]

Boas Lameiro, vin a túa mensaxe e o teu comentario e o certo é que eu considero que o contido sobre o texto en si do Códice é insuficiente. Sobre a importancia ou non da parte musical discrepo contigo polo feito de que entre os anexos musicais do Códice Calixtino se atopa, xunto con varias obras a dúas voces de indudable calidade, a primeira composición a tres voces da historia da música (Congaudeant Catholici), un feito que lle dá ao libro un valor incalculable na historia da música e un motivo para facernos sentir orgullosos a tódol@s galeg@s. É certo que a sección musical é tremendamente extensa e que seguramente a discografía podería (debería) ir nun anexo, mais non considero que o problema sexa que a sección sobre a música sexa moi extensa, senon que o resto é moi escaso, de feito publiquei unha mensaxa na Taberna (en axuda se non lembro mal) pedindo a axuda de algún usuario experto en literatura medieval ou que coñeza ben o tema porque eu son músico e podo aportar os meus coñecementos sobre o Códice neste sentido (ou tirar doutra wiki se considero que son axeitados), mais sobre o resto tentei ampliar algo con textos que puiden ler, mais non son experto na materia. O dito, para o que queras aquí estou, sinto non poder ser de máis axuda na ampliación da parte literaria. Un saúdo Piquito (conversa) 17:08, 5 de maio de 2012 (UTC)

Boas Lameiro. Descoñezo a parte literaria do Códice, mais que pensas de incluir información dos cadros que aparecen na wiki en castelán na sección de estrutura, pode que para eso haxa que reestruturar o artigo. Non sei cómo o ves ti ou se eses cadros son fiables. Sobre o de Liber Sancti Iacobi, non son un gran entendido, mais todo parece indicar a que esa é a denominación dos textos, que aparecen tamén noutros manuscritos como o de Ripoll de xeito total ou parcial, polo que se esto é así coido que deberiamos retirar o que di: "O códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou máis comunmente como Códice Calixtino". Sobre se o artigo pode chegar a calidade, non teño dúbida de que se se amplía a parte que trata do texto en si pode chegar a ser de calidade (e coido que pola importancia que ten estaría moi ben que así fora), mais polo momento hai moito choio por diante. Non teño moita información ou bibliografía nin sei se en google books por exemplo pode haber material interesante, se atopas algo podemos ir ampliando esa sección entre os dous se che parece ben. Un saúdo, Piquito (conversa) 12:32, 9 de maio de 2012 (UTC)

ala/aleta[editar a fonte]

Ola de novo. Xa contestei na conversa da Taberna do Galizionario. Un saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 16:23, 14 de maio de 2012 (UTC)

Casa concello Ribadumia[editar a fonte]

Boas rapás!. Mira, xa que fixeches esta foto, Ficheiro:Ribadumia, Barrantes, A Escusa 01-03.JPG, ¿non farías tamén a foto da casa do concello?. É que é unha das poucas que faltan na galería na provincia de Pontevedra :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:20, 21 de maio de 2012 (UTC)

Xusto!, xa sabía eu que había caer algo... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:47, 21 de maio de 2012 (UTC)

Muuuuuu!![editar a fonte]

Boa tarde, Pedro!

Fixen unha edición na sección do Aparello reprodutor do artigo da vaca, e quería facerche un par de consultas.

  • a) modifiquei o formato, para poder comparar os dous textos e mais as dúas imaxes; pero:
  • b) as dúas imaxes que aparecen son a mesma, a do macho; saberías localizar a da femia? (addenda: xa atopada)
  • c)mudei ombligo por embigo e pabellón por pavillón. É correcto?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:02, 22 de maio de 2012 (UTC)

Noutra orde de cousas: retomaremos a discusión e votación de hai cinco anos sobre os nomes científicos como entrada? --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:23, 22 de maio de 2012 (UTC)

Santa Xulián[editar a fonte]

DDD Canta razón tes! --. HombreDHojalata.conversa 14:21, 26 de maio de 2012 (UTC)

Mover en Commons[editar a fonte]

Contesteiche alí, en Commons. --. HombreDHojalata.conversa 16:38, 29 de maio de 2012 (UTC)

Ás veces os comentarios tampouco caen en saco roto, mira... ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:14, 1 de xuño de 2012 (UTC)

ei, carballeira![editar a fonte]

Ola, Pedro;

Vin que retiraches a categoría "Imaxes da carballeira de San Xusto" de varias fotos, e creo que fixeches mal, pois a capela está na carballeira, e capela e mais carballeira son dous elementos intrínsecos. Se acaso podería crearse a categoría de seu "imaxes da capela de Santos Xusto e Pastor de San Xurxo de Sacos", pero á súa vez esta debería pertencer á "imaxes da carballeira de San Xusto".

Ademais, aínda que retirases esa categoría, deberías deixar "imaxes de San Xurxo de Sacos, Cotobade".

Por certo, sería ideal se aumentases o apartado "a carballeira na cultura popular", que seguro que tes moitas achegas interesantes. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 04:07, 3 de xuño de 2012 (UTC)

Pedro, un encarguiño. Podes meterlle a desbrozadora ao apartado Cultura, engadido recentemente por un usuario anónimo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 06:42, 5 de xuño de 2012 (UTC)

Oliveira[editar a fonte]

Pedro, o artigo Oliveira da GEG ten un apartado "Na cultura popular galega". Anímaste a meterlle algo ao noso? ;-) --. HombreDHojalata.conversa 17:00, 7 de xuño de 2012 (UTC)

Ciprianillo[editar a fonte]

Ola, meu! Cando poidas, bótalle un ollo a en:The Great Book of Saint Cyprian e pt:Livro de São Cipriano; non sei até que punto se poden pór como interwikis do Ciprianillo. Por certo, penso que ao artigo ben lle acaía unha imaxe dun cono de violación, por exemplo.

E se podes, revisa unha mensaxe que che deixei o día 3 sobre a categorización dunhas imaxes, si?

Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 04:19, 11 de xuño de 2012 (UTC)

Nomes científicos[editar a fonte]

Non sabía que se tiñan que poñer nomes comúns nos taxons das clasificacións de seres vivos nos títulos, pero xa irei cambiando (dádeme un pouco de tempo) os nomes das páxinas que ultimamente estou facendo sobre os protistas, que é un grupo moi cambiante na súa clasificación con moitos termos de recente creación. Non sei ata que punto se debe estender isto, quero dicir, hai termos moi coñecidos como por exemplo dinoflaxelado, foraminífero ou ciliado (Dinoflagellata, Foraminifera, Cilliata), pero hai outros termos que apenas se coñecen fóra das persoas con certa formación en zooloxía ou botánica ou que son de recente creación, como Excavata, Alveolata, Chromista, Apicomplexa, etc. Ademais moitos termos, neste campo dos protistas, que ten unha taxonomía polémica e moi cambiante nos últimos anos, son redifinicións ou variacións de termos antigos para "reclasificalos" doutro modo, e non significan o mesmo. Por exemplo, non é exactamente o mesmo Ciliophora ca Ciliata, ou Rhizaria ca Rhizopoda. Pasar á lingua común termos moi raros de nomes de clases, subclases, ordes sempre é posible, pero vai dar lugar a palabras moi pouco usadas como labirintulomicetes (ou labirintulomicetos?), heterocontófitas (ou heterokontófitas?), faringúlidos, perkinsozoos (supoño que se manterá o k aquí en honor a Mr. Perkins), etc. Nos nomes raros, tampouco se trata de facer unha tradución etimolóxica, senón simplemente de "pasalos" á lingua común, xeralmente quitando simplemente os ph, rh, y, k e certas terminacións das declinacións. Aínda que nalgúns casos vai haber que saber bastante latín e grego para non cometer pequenos erros. As ordes en taxonomía acaban normativamente en -ales nalgúns casos, pero en galego serían en -ais (Syndiniales / Sindiniais), ou non hai que cambiar ese caso? Hai moitas incógnitas e posibles problemas, que se evitan deixando as formas grecolatinas científicas.

Por último, o nome dos xéneros e especies é obrigatorio en latín en certos contextos, e unha vez máis as máis coñecidas teñen un nome común, pero as raras non. Por exemplo, fixen o artigo sobre o xénero Trypanosoma e aínda a ese se lle pode chamar tripanosoma (protozoo relativamente coñecido), pero hai tamén outros xéneros moi raros como Oxytricha, por exemplo, e tantísimos outros de protozoos, bacterias, insectos e invertebrados. Traduzo Escherichia (a bacteria) ou Coelophysis (o dinosauro)? Non creo. Por iso pregunto se isto se estende tamén aos xéneros. De todos modos, xa sei que só afecta ao título da páxina e non ao texto do artigo.

Outra cousa, como os poño, en singular ou en plural? Por exemplo, Dinoflagellata é un plural, polo que sería Dinoflaxelados. Póñoo así no título en plural? Ou poño Dinoflaxelado en singular? Isto do singular é importante que o saiba antes de modificar o título. Xeralmente as páxinas póñense en singular, por exemplo, aldehido mellor que aldehidos, pero nos taxons é máis opinable. Que é mellor Mamíferos ou Mamífero?

En resume, xa irei retitulando estas últimas páxinas que teño feito sobre os grandes taxons.--Miguelferig (conversa) 17:47, 15 de xuño de 2012 (UTC)

Pedido/suxestión[editar a fonte]

Ola Pedro.

Aí vai outro pedido/suxestión. Algunha das variedades de vaca (caldelá, frieiresa ou limiá). --. HombreDHojalata.conversa 12:12, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Eurocopa[editar a fonte]

É certo! :) grazas por avisar. De tódolos xeitos xa sabedes que calquera corrección ou engadido seguro que mellora o artigo e agradéces. Un saúdo!--Adorian (fálame) 22:16, 1 de xullo de 2012 (UTC)

Dseta/zeta/theta[editar a fonte]

Deixei unha resposta na páxina do alfabeto grego, e tamén unha proposta de actuación: cambiar zeta por theta e deixar dseta. Non sei se será o máis acertado, pero se non hai oposición, eu mesmo podo facer o cambio dentro duns días. Grazas pola molestia tomada.--Miguelferig (conversa) 18:39, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Metín a pata cun modelo[editar a fonte]

Fixen o modelo Cita pmid (Modelo:Cita pmid), pero non funciona. Algo debín de facer mal, porque seguramente non é tan sinxelo como eu pensei que sería. Tamén intentei facer un documento Modelo:cita pmid/uso, pero tampouco funciona. Non sei se se poderá arranxar ou hai que borrar a páxina. Síntoo.--Miguelferig (conversa) 23:18, 2 de xullo de 2012 (UTC)

Máis do Códice[editar a fonte]

Boas Lameiro!! Para rematar co tema do Liber Sancti Iacobi poderías engadir as achegas que fas na páxina de conversa do Códice Calixtino nunha nova sección? Pensei tamén en eliminar as referencias ás edicións do Códice do cabezado para poñelas nunha sección independente cara ao final do artigo. Que che parece? Vendo que hai moita xente que está a votar a favor para que vaia para a portada estaría ben tentar convertilo en artigo de calidade, unha vez se aclare o do Liber e se acabe de ampliar o contido literario (entre onte e esta mañán estiven a traer as táboas da wiki en castelán que están moi ben) penso que ben podería ir para a portada, mais eu non vou ser quen o propoña para calidade por ter editado moito nel, así que se ti consideras que pode ir para calidade propono para ver se pode ir á portada coa estrela. Un saúdo, Piquito (conversa) 15:25, 5 de xullo de 2012 (UTC)

Gallæcia Petrea[editar a fonte]

Ola, Pedro! Que tal todo?

Andei hoxe polo Gaiás, e tirei unhas cantas fotos; quería preguntarche se tes máis fotos ademais das que xa subiches, e quería consultarche se ves oportuno crear unha categoría de seu ("Imaxes de Gallaecia Petrea"); eu penso que estaría ben.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:06, 11 de xullo de 2012 (UTC)

Quedoume pendente ver a sección contemporánea (mal asunto ir con présas...), así que xa teño escusa para volver.
Se sobes o resto de imaxes caralludo, porque se poden incluír noutros artigos amais do propio da exposición; por exemplo, había un colar atopado na Chousa Nova, unha lauda de Tomeza, unha réplica do crismón de Quiroga, unha réplica do sartego de Martiño de Dumio...
Sube as que che parezan oportunas, e se vexo que teño algunha que non subises achego eu algunha máis. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:25, 11 de xullo de 2012 (UTC)

sansimonismo ?[editar a fonte]

Boas Lameiro ! Xa fai unha semana que ando cavilando para saber como se chama en galego a doutrina de Saint-Simon. Boteime a chamala sansimonismo e decir cos adeptos da doutrina son sansimonistas. Pero non estou a gusto. Podesme aclararme ? --Elvira (Conversa comigo) 21:17, 21 de xullo de 2012 (UTC)

Miña beizon --Elvira (Conversa comigo) 19:57, 27 de xullo de 2012 (UTC)
Supoño que tes un espírito curioso por iso douche o razoamento de Sobreira que me convenceu de renunciar ao sansimonismo e porme a favor do saint-simonismo. Unha aperta --Elvira (Conversa comigo) 11:47, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Pois eu penso que paga a pena discutilo porque é o titulo posible dun artigo. A ver si che convenzo co xeito que eu entendo o razoamento de Sobreira que me convenceu. Primeiro para rexeitar o cotexo que fas con San Petersburgo : San Petersburgo é un topónimo e non vén do francés, pero do ruso. A doutrina de Saint-Simon é un concepto e o nome dise concepto ten base na lingua francesa. Segundo Sobreira a palabra non ten moita tradición no galego, entón propón de apoiarse no uso do galego en conservar a ortografía da lingua de orixe doutros conceptos similares e axeitando o final da palabra ao galego. Sobreira da, entroutros, os exemplos seguintes: chauvinismo (atopeino no DRAG en liña), que vén da palabra francesa chauvin co mesmo sentido nas dúas linguas; darwinismo que vén do inglés de Darwin (atopeino no DRAG en liña); prerrafael- do italiano : antes de Rafael, o prerrafaelismo (atopeino no DRAG en liña) é un movemento da pintura do século XIX que pretende voltear as técnicas dos pintores anteriores a Rafael; o fauvismo (atopeino no DRAG en liña) do francés fauvisme co mesmo sentido. Sobreira na súa proposta vai por respectar as ortografías orixinais salvo adaptacións xa asentadas, cousa que comparto e que penso é conforme o xeito xeral de razoar. Que che parece ? si ti non estas convencido seria bo que no día que queira eu crear o artigo pida a opinión da comunidade ? --Elvira (Conversa comigo) 14:15, 12 de agosto de 2012 (UTC)

O caso do metílico[editar a fonte]

Ola, Pedro! Hoxe merquei o libro Historia dun crime. O caso do metílico, de Fernando Rodríguez Méndez; busquei na wiki información sobre o asunto pero non atopei nada; a única relación atopeina no artigo enfermidade de orixe alimentaria, que creaches hai cinco aniños. Anímaste a facer un artigo propio do caso? Quizais estaría ben facelo cun formato similar ao do artigo síndrome do aceite tóxico.

Prometo colaborar unha vez lea o libro, pero non me vexo forte como para comezalo de cero, porque non teño moita idea no asunto agás este breve resumo. Quizais por motivos laborais saibas algo do asunto, e sen ánimo de chamarte vello, por idade tes máis idea ca min do contexto histórico :)

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:45, 23 de xullo de 2012 (UTC)

Caramba, meu! Está a quedar un artigo caralludo, a verdade. Parabéns polo tratamento do tema. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:48, 15 de agosto de 2012 (UTC)
Parabéns, Pedro. Moi bo, coma sempre!
Cando cho propuxo Adrián busquei fontes, que seleccionei. Despois púxenme a outra cousa e esqueceume pasarchas. Algunhas delas as empregaches no artigo. Por si che resultan de interese ou utilidade, aí van as seis que non:
--. HombreDHojalata.conversa 15:50, 16 de agosto de 2012 (UTC)

Caricatura de Ramón Piñeiro[editar a fonte]

Boas, xa nos cacharon meu! :). Resulta que pasei a Commons a caricatura de Ramón Piñeiro e ó pouco rato viñéronme dicindo que falta a información dos permisos. Seica hai un correo dicindo que o autor, Siro, deu permiso para usala, e en Commons teñen que gardar ese correo para que poda estar alí. Para este tipo de cousas en Commons teñen un sistema que se chama OTRS que serve para manter a confidencialidade das direccións de correo e ó mesmo tempo para poñer un aviso nos ficheiros que teñen permisos deste tipo, mira esta imaxe por exemplo. ¿Sería posible enviar ese correo alí?. Se precisas axuda con isto xa sabes onde estou. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:02, 30 de xullo de 2012 (UTC)

Vale, voume poñer con isto a ver se o dou feito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:10, 31 de xullo de 2012 (UTC)

saint-simonismo (da conversa de Elvire)[editar a fonte]

Ouh, vexo debate, vello debate! Mala sorte. A miña intervención é só unha opinión. Non podo dar datos de fontes directas, e os meus criterios son evidentemente opinables e subxectivos. Con todo, dáme que calquera postura nestes temas de adaptación, de terminoloxía, de estranxeirismos, de neoloxismos, é cuestionable, tanto se coincide comigo como se non. Non temos fontes primarias (salvo os atlas para toponimia estranxeira). Simplemente ofrezo argumentos e exemplos para a reflexión; os mesmos que para rebater os datos de Lameiro:

  • Como dixen, noutras linguas non transliteradoras mantense, como no inglés en:saint-simonianism (o que se mantén é o guión, saint é igual); se queres adaptalo ó galego, por purismo, non habería que adaptalo separando San de Simón.
  • O tema é estranxeiro. Manteñámolo estranxeiro. Cando se fale do lazareto, do festival, do espírito de recuperación histórica da illa da ría viguesa, xa será sansimonismo
  • Que pasaría se o apelido é dun santo que non coincide co galego: Île du Mont(-)Saint-Michel >> mareas vivas sanmiguelinas?? cidadán santodomingueño/-eiro(ES)/sandomingueño/-eiro(GL)? O principiño saint-exupériano ou san(-)¿¿? vacacións saint-maloenses vs. ¿¿? bombardeos saint-nazairenses vs. sannazarianos/-enses/-eses? Saint-Pierre-et-Miquelon vs. San Pedro e Miguelón (v. no propio artigo a coherencia no uso Miguelón/Miquelón, por outra banda, de orixe euskera)?
  • San P. é un topónimo, internacional e asentado. Creo firmemente que o territorio dos topónimos está inmaduro no galego (son partidario de conservar ou integrar o orixinal na medida do posible, como en realidade fai a Galipedia pero doutro xeito), que vai bastante por libre (como o dos apelidos, terceiro tema en discordia) e que hai moito que facer e concordiar a este respecto na RAG-exComisTopo-Universidades-TV etc.
  • San de Sankt P. é un título, non parte dun apelido do que se deriva unha corrente (cos exemplos de antes, non dicimos xovinismo, fovismo, gansterismo, froidismo, neocantismo, ....
  • Un exemplo desmitificador é outro topónimo no que se usa un santo: traducirías Donostia por San-Ostia, por que iso é o que significa, San Sebastianus.

Sobreira (parlez) 23:54, 12 de agosto de 2012 (UTC)

Información sobre OTRS[editar a fonte]

Boas, recopilei un pouco de información sobre o tema e penso que con estas dúas páxinas, primeira e segunda, e o modelo de correo electrónico que hai en Commons, o tema de ceder permisos pode simplificarse un pouco. Se precisas algunha aclaración máis, avísame e o reviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:47, 19 de agosto de 2012 (UTC)

Fosa/foxa en anatomía[editar a fonte]

Hai moitas páxinas na Galipedia de anatomía sobre distintas foxas do corpo humano. Por exemplo foxa olecraniana e moitas máis. Pero eu creo que ese termo en anatomía debería ser fosa. No Diccionario galego de termos médicos (no que colaborou a DRAE) buscas no f e o único que aparece é fosa (buscas en todas as palabras do texto do dicionario e aparece moitas veces fosa, pero curiosamente hai 4 exemplos de foxa, polo que se ve que quizais deberon corrixir de foxa a fosa e pasóuselles foxa en 4 lugares, que quedaron seu corrixir). Ese dicionario é de 2002. No Vocabulario de Medicina (gelego-español-inglés-portugués) do Servicio de Normalización da Universidade de Santiago, que é máis recente, de 2008, só aparece fosa. Nos dicionarios comúns aparece fosa e foxa, pero xeralmente danlle preferencia a fosa para os exemplos anatómicos. Habería que ver se non é conveniente cambiarlles o nome a esas páxinas, que son moitas.--Miguelferig (conversa) 11:20, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Grazas pola molestia, pero ao cambiar o nome da páxina, o lóxico é cambiar a mención dese termo tamén no texto. Se non o podes facer desde aí xa o irei facendo eu cando poida ou non sei se falar con Silverfox a ver que pensa (creo que fixo el esas páxinas). Antes quixen dicir Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, non da DRAE.--Miguelferig (conversa) 12:18, 20 de agosto de 2012 (UTC)

Re:Cova de Eirós[editar a fonte]

Pois si, efectivamente esa é a cuestión. Como iso do "Noroeste" éche un pouco relativo, quizais sexa mellor deixalo como o puxeras ti e dicir que son as primeiras de Galiza, que é algo perfectamente definible. Vou reverter a miña edición. Saúdos, Pedro. --Paradanta (Cóntame) 08:31, 21 de agosto de 2012 (UTC)

Petromizóntidos[editar a fonte]

Ola Padro, boas noites. Tes, coma (case) sempre, toda a razón. No caso de Hiperoartios creo, se non recordo mal, que xa o fixen así, co nome galeguizado. Nos casos de petromizontiformes e petromizóntidos o problema que tiven foi ese: non saber cambiar as redireccións (e tampouco non saber se pode cambialas calquera). Un cordial saúdo.--XoioÉche o que hai 20:06, 25 de agosto de 2012 (UTC)

Moitas grazas. As interwikis, fixen as que puiden. Petromizontiformes (creo que é esa), non ten.--XoioÉche o que hai 21:10, 25 de agosto de 2012 (UTC)
Xa atopei unha interwiki para Petromizontiformes: en italiano (Petromyzontiformes). Tiven que cambiar, alí, a redirección á galega Lamprea (non sei se fixen ben).--XoioÉche o que hai 22:51, 25 de agosto de 2012 (UTC)

aprendo e quedame moito a aprender ....[editar a fonte]

Boas Lameiro ! Veño pedirche un servizo porque estou case segura que tes a solución ao meu problema, pero quero que sexa claro que si non te apetece, que non tes ganas, que xa andas con un montón doutras cousas disme que non e non pasa nada.

Primeiro : eu sempre pensei cas filloas eran unicamente con sangue de porco as que se facían nos días da matanza, recordo moi ben esas filloas, pero non teño idea de como se fan nin nada de nada. Esta noite veño de darme conta que estaba, hasta agora mesmo moi errada. Veñen de pedirme na wiki en francés que lles faga o favor para axudar o portal da gastronomía e da alimentación o artigo sobre as filloas de sangue de porco. Boteime de seguida na Galipedia ao artigo filloa coa firme intención de traducilo ... e zas ... tombeime do burro. Xa non tiña nin idea de colaborar en artigos de cociña e agora aínda menos ao ver o noso artigo. Ti poderías nos vindeiros días facer un pequeno artigo na Galipedia para que logo eu o traduza a wiki en francés ? Agardo a túa contesta e se non no fas vou ollar os outros artigos que temos, típicos de Galicia e proporlles outro artigo, tamén pódesme ti aconsellar o prato galego que podo levar ala (sempre gústame facer o que podo cando se me pide algo). A lerte --Elvira (Conversa comigo) 21:45, 25 de agosto de 2012 (UTC)

Sen presa, agardo para o que poidas. Pode ser unha sección de filloas, nese caso traducirei este artigo que non esta na wikipedia en francés, e polo que estiven ollando é diferente de w:fr:Crêpe, fiándome na wiki en castelán : w:es:Filloa e w:es:Crepe. Pero paro de ollar o tema nas wikis nas que entendo algo, porque volto louquiña : para min era todo moi sinxelo : filloas na matanza e "chulas" cando eran con leite e ovos, cando cheguei a Francia comín "crêpes" que para min eran as chulas galegas e agora descubro todo un mundo tanto na gastronomía galega (festas das filloas a pedra etc etc) como na gastronomía francesa, sen meterme na gastronomía suíza etc etc. Agora o tema seméllame un galimatías, pero vou aprender. Agardo o que ti me digas e traducirei un artigo. Graciñas Lameiro --Elvira (Conversa comigo) 11:43, 26 de agosto de 2012 (UTC)

*Gnatostomi[editar a fonte]

Ola. Claro que é un erro mecanográfico por Gnathostomi. Xa fixen a correspondente redirección a Gnatóstomos, pero non sei como hai que facer para eliminar a entrada errada; se non o fixeches xa, agradeceríache moito que a eliminaras ti. --XoioÉche o que hai 13:59, 27 de agosto de 2012 (UTC)

*Tetrapoda[editar a fonte]

Xa vin que corrixiras o título, para Tetrápodos. Por non ter posto o modelo "en uso" houbo un "coflito de edición", que puiden amañar (consulta, por se non estás de acordo con algúns dos cambios). --XoioÉche o que hai 18:17, 27 de agosto de 2012 (UTC)

Tetrápodos[editar a fonte]

Joden, ghe, ghe, ghe... e aínda máis se, coma neste caso, son pola miña culpa, por non usar o preservativo en uso. Pero tamén cambiaches o título (que era necesaria). --XoioÉche o que hai 18:51, 27 de agosto de 2012 (UTC)

  • Perdile peras al olmo en galego sería...? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:54, 5 de setembro de 2012 (UTC)
Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 17:12, 6 de setembro de 2012 (UTC)

Hola Lameiro, perdón por escribir en castellano, pero non falo galego.

He traducido y ampliado tu estupendo artículo, pero creo que he descubierto un errorcillo. Está en la siguiente frase (Respecto a coñecer a identidade, competencias e deberes dos funcionarios encargados da inspección dos alcohois potables, isopropílico e metílico). Entiendo que son precisamente alcoholes no potables (si la palabra significa en gallego lo mismo que en castellano). No sé si me he perdido algún matiz (no hablo gallego). Si así fuera, perdón por la intromisión. Un saludo --Ecemaml (Fala comigo) 09:34, 6 de setembro de 2012 (UTC)

Re:As Burgas[editar a fonte]

Grazas Pedro, xa me poño con iso agora... Saúdos! --Xas (conversa) 19:56, 7 de setembro de 2012 (UTC)

Cadea alimentaria[editar a fonte]

Non, nunca falaramos disto antes. Puf! Non sei que contestarche. Ao concepto ao que se refiren as dúas palabras é case o mesmo e é unha cuestión de matiz. Alimenticio refírese á nutrición, e alimentario refírese aos alimentos, pero tamén á alimentación (que é o sector da alimentación pero tamén podería ser a nutrición), co cal se solapan un pouco. Para as cadeas de produción dos alimentos na industria alimentaria terá que ser alimentario. Para a alimentación dos seres vivos nos ecosistemas as cadeas tróficas (do grego trophe, alimentación) o máis apropiado paréceme dicir cadea alimenticia, que é o que normalmente se ve usado (cadea trófica é o máis usado), pero alimentaria tamén se ve ás veces por aí usada neste contexto, o cal non quere dicir que sexa correcto. Os portugueses dicen cadeia alimentar ou trófica, e para eles o adxectivo alimentar tanto significa alimentario como alimenticio, a pesar de que tamén teñen a palabra alimentício. En resumo, eu non o teño nada claro á hora de modificar ou borrar, polo que sinto non ser de moita axuda. Pero se teño que usar eu a palabra usaría cadea alimenticia ou trófica.--Miguelferig (conversa) 20:45, 8 de setembro de 2012 (UTC)

Moitas grazas pola traducción. Saludos desde Hungría. --El Mexicano (conversa) 20:48, 8 de setembro de 2012 (UTC)

Outra cousa do metílico[editar a fonte]

Mira, teño unha dúbida cunha frase do artigo, na sección da falta de control oficial pon: "O avogado de Aguiar e da súa dona chegou a pedir a absolución dos seus defendidos achacando a responsabilidade das mortes á sociedade e ó Estado, pola total falta de control no comercio do metílico e na elaboración de licores." (as negras son miñas)

Paréceme moi forte que a defensa achacara a responsabilidade á sociedade, non?, iso é coma dicir que a culpa é do mundo por facerme así...:), isto tamén é unha cita do libro?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:53, 9 de setembro de 2012 (UTC)

Tes razón que con tal de escapulirse os avogados poden vender á súa nai, pero choca velo nun caso de verdade e non nunha película. Penso que esa cita irá ben para que quede ben claro o texto e que o que lea o artigo poda achegarse un pouco ó ambente que houbo no xuízo. Mañá a ver se lla poño.
Outra cousa, ó ler o artigo vin que a empresa de Industrias Rosol era de Santiago do Burgo, en Culleredo. Non saberás a dirección por casualidade?, porque picoume o verme de ir facerlle unhas fotos ó que haxa por alí... (sexa vello ou novo, éme igual). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:37, 11 de setembro de 2012 (UTC)
Tentarei atopar máis información xa que esa carreteira, aínda que sexa un treito pequeno, ten moitas casas. Por certo, ¿no documento non terei que buscar o número 38?, é o número de Industrias Rosol.
Do tema do rosolio si que non tiña nin idea pero ó mellor si que ten relación, o apelido do dono non é así que... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:26, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Unha pergunta[editar a fonte]

Hola, Pedro. A propósito da traducción, gostaríame perguntarche se esa -e que aparece ó final dos infinitivos galegos en alguns dialectos, sirve algo ou só é eufónica pola rima? Moitas gracias. --El Mexicano (conversa) 07:32, 9 de setembro de 2012 (UTC)

Moitas gracias. Un saúdo. --El Mexicano (conversa) 12:24, 9 de setembro de 2012 (UTC)

Xacementos[editar a fonte]

No que me contas da consulta á RAG e a resposta de Antón Santamarina, non hai nada que se refira a xacemento paleontolóxico. Os xacementos arqueolóxicos non son da miña incumbencia, a non ser cando se cambia o título Xacemeno de Ediacara (famoso xacemento paleontolóxico) polo de Sitio arqueolóxico de Ediacara (sic).
Tendo en conta que a paleontoloxía é unha rama da xeoloxía quizais non fose demasiado grave considerar tamén xacementos (canda depósitos) os paleontolóxicos (aínda que estes non teñan nada que ver cos xeolóxicos, no único sentido que admite hoxe a RAG). Falarei co Atón do asunto.
Quizais unha forma provisional de amañar a controversia sexa modificar lixeiramente o texto do artigo Sitio paleontolóxico de Ediacara e cambiar o título por Fauna de Ediacara, facendo as ligazóns a outras wikis, que agora mesmo, no sitio, están mal.--XoioÉche o que hai 16:54, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Celentéreos[editar a fonte]

Non teño o DRAG. Son distintos nomes que se lle foron dando aos animais de simetría primitivamente radial cun oco central (celénteron ou cavidade gastrovascular). Coelenterata (que son os Celenterados ou Celentéreos, que son sinónimos) é un termo taxonómico antigo, que xa non se usa como nome taxonómico válido. Segue usándose informalmente cando nos referimos a ese grupo de animais, pero non como un taxon, o mesmo que pasa con protozoo, alga ou ultimamente protista e mesmo procariota, que xa non son taxons válidos ou que están sendo abandonados debido ás reclasificacións dos seres vivos, pero que se utilizan aínda como termos prácticos para falar de certa "tipoloxía" de organismos, pero non dun "taxon".

Actualmente os antigos Celenterados están clasificados en dous filos distintos: Cnidarios (augamares ou medusas e pólipos e anemones) e ctenóforos (parecidos a medusas pero cuns peites de peliños característicos), e mesmo se dubida que ambolos grupos estean emparentados e haxa que agrupalos nun taxon maior. Deste modo, todos os Cnidarios serían celenterados (ou celentéreos), pero non todos os celenterados serían cnidarios.

Todo isto se complica porque hai varias clasificacións distintas, feitas por diferentes autores, que se usan á vez. E mesmo nalgunhas clasificacións se usou celenterado como sinónio de cnidario, aínda que hoxe isto non é común.

Eu creo que hai que distinguir Celenterado (=Celentéreo) como un grupo máis amplo e antigo, de Cnidario como un grupo máis pequeno e concreto e válido taxonomicamente hoxe.--Miguelferig (conversa) 20:18, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Celentéreos e DRAG[editar a fonte]

Eu creo que ningunha das definicións do DRAG está errada, o que pasa que a definición número 1 é moi anticuada (e o exemplo que puxeron tamén), pero iso non quere dicir que estea mal nun dicionario, porque o dicionario ten que constatar os usos (aínda se son un pouco anticuados), que aínda van aparecer en moitos textos e se alguén quere buscalos no dicionario ten que atopar ese significado. Non hai que confundir un dicionario da lingua cun dicionario científico. Pero non estaría de máis que o DRAG incluíse que celenterados é un termo xa anticuado como denominación de taxon. O que pasa é o que che dixen antes, as clasificacións varían, e actualmente coa filoxenética baseada no ADN aínda máis, e varios autores fan distintas clasificacións. Non tes máis que ver o caos que hai na clasificación dos protistas, agora que queren eliminar o Reino Protistas, que o subdividen en varios reinos, pero os autores non se poñen de acordo. En sistemática non hai unha soa autoridade como, por exemplo, a Terminologia Anatomica en Anatomía ou a IUPAC en Química (e mesmo a IUPAC tamén cambia as cousas cada pouco).

En canto á redireción de celenterado a cnidario non debería facerse (aínda que nalgunhas clasificacións, como xa che dixen, si se tomaban como sinónimos, aínda que non sexa o uso máis moderno). Debería de existir unha páxina de celenterados coa redireción celentéreo. O que pasa é que eu normalmente non fago páxinas de animais nin de plantas (de case 2.000 páxinas que levo feito creo que non hai ningunha deses temas). Non é que non me gusten, pero sempre me gustou máis a bioloxía molecular, as células, bioquímica, os microorganismos (deses si que fixen moitas páxinas), a xenética, o metabolismo, o corpo humano (pero páxinas de enfermidades non, que eu non son médico), e cousas así. De todos modos un día destes igual fago a páxina de Celenterados (igual mañá mesmo), que é rápida de facer. Grazas pola dirección do DRAG. Non o sabía, eu sempre consultaba o VOLG.--Miguelferig (conversa) 21:51, 11 de setembro de 2012 (UTC)

Ediacara[editar a fonte]

Ola Pedro. Cando falei os cambios no sitio paleontolóxico de Ediacara, e na fauna de Ediacara, aínda sen facer, non foi coa intención de que os fixeras ti, xa pensaba en facelo eu. Así, de entrada, creo que o artigo sitio paleontolóxico pouco ten que cambiarse, deixando, como está agora, cunha única redirección ao español (as interwikis da páxina en castelán non se refiren ao significado paleontolóxico, senón máis ben aos outeiros de Ediacara, por iso os elimiei). O feito de que teña sona este sitio é, precisamente, debido a que nel se atoparon os fósiles que constitúen a fauna (ou biota) de Ediacara, que revolucionou os coñecementos sobre os organismos paleozoicos; é dicir, o importante é a fauna, o sitio é simplemente iso, o lugar onde se achou dita fauna. Póñome agora en marcha. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 13:14, 12 de setembro de 2012 (UTC)

Celenterados feita[editar a fonte]

Xa fixen a páxina Celenterados e cambiei algunhas redireccións. Non describín características porque iso é máis apropiado nas páxinas de Cnidarios e Ctenóforos, que xa as describen. Só me limitei a facer comentarios filoxenéticos e de como foi cambiando a clasificación. De todos modos, a maioría dos que procuren o termo celenterados irán buscando información sobre os cnidarios, polo que puxen ligazóns a esa páxina ben visibles nun parágrafo inicial e como artigos principais.--Miguelferig (conversa) 16:06, 12 de setembro de 2012 (UTC)

Celenterados e esponxas[editar a fonte]

Dicía que o exemplo da definición 1 do DRAE (as esponxas, cnidarios e ctenóforos son celenterados) me parecía anticuada porque nunca oín dicir que as esponxas eran celenterados. De todos modos, que nunca o oíse non quere dicir que non houbese algunha clasificación do reino animal onde as denominasen así; non o podo asegurar. As esponxas clasifícanse á parte como un grupo primitivo, é, aínda que teñen unha cavidade interna, esta non é un verdadeiro celénteron (enteron = intestino), xa que non é unha cavidade dixestiva, como si o é en cnidarios e ctenóforos, que inician a dixestión dos seus alimentos nesa cavidade e a acaban intracelularmente.--Miguelferig (conversa) 17:02, 12 de setembro de 2012 (UTC)

*Anémona de mar chapuceira[editar a fonte]

Ola Pedro, gustaríame que mirases isto Conversa:Anémona de mar. Grazas antecipadas. Daviña. --XoioÉche o que hai 19:32, 13 de setembro de 2012 (UTC)

Cubozoa et Hydrozoa[editar a fonte]

Ola Pedro. Cando teñas tempo gustaríame que mirases as páxinas de conversa de Cubozoa e Hydrozoa. Grazas.--XoioÉche o que hai 22:07, 14 de setembro de 2012 (UTC)

*Ectodermo, *Endodermo, *Mesodermo[editar a fonte]

Ola Pedro. Teño máis traballo para ti. Cando poidas, mira as páxinas de conversa de Ectodermo, Mesodermo e Endodermo. E descoida, que aínda teño máis traballiños pendentes. --XoioÉche o que hai 21:52, 15 de setembro de 2012 (UTC)

Vaia! vexo que vas rápido. Xa miraches. --XoioÉche o que hai 21:55, 15 de setembro de 2012 (UTC)

RE: Problema cuns modelos[editar a fonte]

Faltouche cambiar os nomes vellos dos modelos aos novos nomes. Isto cómpre especificalo nos parámetros |name= de cada modelo. Un exemplo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:38, 16 de setembro de 2012 (UTC)

Correccións ortográficas[editar a fonte]

Boas, cando vaias atopando máis palabriñas incorrectas para a túa sección de Correccións podías engadilas na lista do revisor porque aínda que amañemos as que haxa agora nos artigos é mellor que queden xa nesa lista para que as detecte por se volven a aparecer de novo, ¿non?. De feito moitas das que tes na túa táboa aínda non están no revisor, cando teña un momento xa as engado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:33, 17 de setembro de 2012 (UTC)

Boas, non vexo o erro en "comenzar, comenza, comenzou", comenzar é correcto, e comezar tamén, aparecen as dúas no RAG, así que comeza e comenzou tamén o son, non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:15, 19 de setembro de 2012 (UTC)
Ben!, así é algo menos de choio :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:22, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Mira, na túa táboa tes "terreno, terrenos > terreno", non será "terreno, terrenos > terreo"?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:36, 21 de setembro de 2012 (UTC)

Eu non quero baixarche fume ningún, en todo caso o que quero é subirchos, que moita falta fai poñerse con isto! :). Mira, acabo de atopar unha chispa de *kilómetros e uns centos de *bateristas así que, mira como andamos... (Por certo, na nota hai un *el que canta no medio e medio;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:04, 21 de setembro de 2012 (UTC)

Un detalle, non sei se é a propósito ou non, pero por se non te decataches na táboa de correccións tes dicer > *decir. Outra cousa, se queres ver a táboa coloreada podes activar o revisor ortográfico en tódalas páxinas do proxecto se pos "var RPonAllPages = true;" no teu ficheiro de aparencia (se queres facer isto e non sabes onde é avísame e douche máis detalles). Por defecto se non fas nada só se activa nas páxinas dos artigos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:30, 26 de setembro de 2012 (UTC)

Billóns de anos[editar a fonte]

Boas tarde. Podes pedirme todos os favores que queiras. Naturalmente que non eran billóns de anos. O problema estivo en que non fun coidadoso ao traducir parte do artigo que estaba en portugués (e que no orixinal desta lingua adaptarían o billion inglés). Teño que andar con máis coidado (e con menos présas), especialmentre en asuntos que tocan á miña vella profesión de profesor de Ciencias Naturais. Xa fixen as pertinentes correccións (e, de paso, outras: tes razón, tamén, en que cado se revisa un artigo sempre se achan erros antes inadvertidos).--XoioÉche o que hai 14:48, 23 de setembro de 2012 (UTC)

Por favor restaura Modelo:Calendario/MesInicioMar e borra Modelo:Calendario/MesInicioMartes. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17:01, 23 de setembro de 2012 (UTC)

E como marco con "lixo" a páxina"? Blanquéoa e escribo "lixo"?

Vale, grazas. E agora vou ligar o modelo da Galipedia na Wikipedia en español e inglesa para atopalo máis facilmente.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18:51, 23 de setembro de 2012 (UTC)

Grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 18:43, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Membranas e bicapas lipídicas[editar a fonte]

Déixoche aquí o comentario que puxen na páxina de conversa de membrana plasmática. Vou dar a miña opinión, aínda que tampouco son un experto na historia deste termo desde o século XIX. Eu penso que non é o mesmo bicapa lipídica ca membrana plasmática. Como o seu nome indica, a bicapa lipídica está feita só de dúas capas de lípidos. Estes son os compoñentes principais da membrana, polo que é moi importante estudar as súas propiedades físicas, químicas, composición, etc. Xeralmente fanse preparacións de bicapas lipídicas artificiais para facer estes estudos. Nas células non hai bicapas lipídicas puras. Polo contrario, a membrana plasmática ademais da bicapa lipídica ten proteínas, que lle dan á membrana da célula propiedades e capacidades moi distintas ca as dunha bicapa lipídica pura creada no laboratorio (que non ten proteínas). Membrana plasmática non é sinónimo de bicapa lipídica.As membranas da célula (membrana plasmática, membrana dos orgánulos, membrana nuclear) son moi similares en estrutura e composición, polo que se estableceu o concepto de membrana unitaria para referirse á estrutura de todas elas. Aínda que poden ter peculiaridades, por exemplo na composición de proteínas, que permiten que cada unha realice unha función específica. Membrana plasmática e citoplasmática é o mesmo.

Despois, as células das plantas teñen unha membrana plasmática e por riba dela unha parede de celulosa (tamén teñen parede fungos, algas e bacterias). Hoxe, co microscopio electrónico distínguense perfectamente as dúas, pero nos primeiros tempos, co microscopio óptico non se podían distinguir, de modo que se lle chamaba "membrana celular" ao conxunto das dúas (membrana plasmática + parede celular), pero este concepto é hoxe xa antigo, porque hoxe podemos distinguir entre as dúas. Na páxina membrana celular explícase isto. Despois pasou a usarse o termo membrana celular como sinónimo de membrana plasmática, xa que á outra capa xa se lle pasou a chamar sempre parede celular. A afirmación que se fai na páxina membrana celular de que este uso (membrana celular = plasmática), é "ilexítimo" creo que sobra; simplemente abondaría con explicar as vicisitudes históricas do termo. Ao meu ver, se aparece en moitas publicacións científicas actuais con esa sinonimia non ten por que ser ilexítimo ; outra cousa sería que confundisen a membrana coa parede, pero iso non ocorre.

Finalmente, o termo "membrana" (a secas) é máis amplo ca o de membrana plasmática ou membrana celular, porque hai estruturas que se lles chama membrana e que son en realidade tecidos, epitelios. Por exemplo, fálase da membrana de Reisner, membrana tectoria, membrana timpánica (nos oídos), membrana de Descemet, membrana nictitante (no ollo), membrana basal, membrana mucosa (nos tecidos epiteliais), membrana vitelina, dise ás veces que o hime é unha "membrana", etc. Ademais, hai outros usos do termo membrana fóra da bioloxía, por exemplo en física.--Miguelferig (conversa) 11:25, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Emendar un erro meu[editar a fonte]

Ola Pedro. Poderiasme facer o favor de emendar un erro que tiven? Trátase de que fixen a redirección de Rana temporaria cara a Ra patilonga cando realmente debe ligar con Ra vermella. Grazas antecipadas. --XoioÉche o que hai 12:42, 1 de outubro de 2012 (UTC)

Membrana[editar a fonte]

Boas tardes, Pedro. Xa fixen a páxina de homónimos Membrana. Como podes ver, se a miras, non son poucos os homónimos membranosos que hai. Mira a ver, se fas o favor, se na túa opinión sobra ou falta algún. --XoioÉche o que hai 16:22, 1 de outubro de 2012 (UTC)

Ligazóns[editar a fonte]

Explicar, explicácheste ben. Agora... non sei se eu serei capaz de facelo outra vez (debeches explicarmo, pero no facelo ti, senón deixarmo a min para ver se fora bo alumno. --XoioÉche o que hai 20:56, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Se o que queres dicir é que puxeches no teu Libro da vaca que o nome científico da estroza era Hyla arborea, iso non foi un erro. O cambio sistemático é de 2008. --XoioÉche o que hai 21:06, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Mitos, serpes e outros bichos[editar a fonte]

Xa está rematado, pola miña parte, Mitos e lendas sobre os anfibios e os réptiles galegos. O de galegos refírese, obviamente, aos mitos, non aos bichos. Tratei de reducir ao mínimo as referencias a outras culturas, para centralo só nas tradicións galegas (coas mencións, creo que oportunas, ao contexto da cultura occidental e, máis especificamente, á cristiá, á que pertencemos). O título qiuedaría máis claro se fose Mitos e lendas galegas sobre os anfibios e os réptiles. Espero as túas addendas para seguir aprendendo. Un saúdo, Luís. --XoioÉche o que hai 13:08, 6 de outubro de 2012 (UTC)

Errrrros[editar a fonte]

Ola, Lameiro. Pois precisamente estou seguindo a túa listaxe. Non teño ganas de ir `para a cama. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:23, 6 de outubro de 2012 (UTC)


Ferramentas[editar a fonte]

Ola Lameiro, non se sabes da existencia destas dúas útiles ferramentas Wikipedia:Revisor ortográfico e Wikipedia:Detector de homónimos.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 03:54, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Refíreste á lista de erros da túa páxina de usuario? E eu díxencho porque mirei que editaches una artigo e quedou cunha ligazón ligando a unha páxina de homónimos. Non sei se non che vai polo Explorer, pero pode ser, porque a miña profesora dime que as cousas de licenza libre están feitas para Firefox, porque tamén é de código aberto, pero ó mellor é pola versión que usas. Cal usas? A min tamén me pasa o da espiral de corrixir erros ortográficos e de homónimos, porque estou nunha páxina e ten ligazóns a homónimos, entón ábroas para ver cal é o artigo correcto e despois vexo que nese artigo hai máis erros, e así entro na espiral. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:00, 7 de outubro de 2012 (UTC)

Re:Prestige[editar a fonte]

Vale, mándame a información e tento facelos, creo que non será moi complicado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:03, 10 de outubro de 2012 (UTC)

Ton enciclopédico[editar a fonte]

Pedro, lembra gardar o ton enciclopédico. Na introdución do artigo Prestige no que estás a traballar puxeches o seguinte: "[...] onde provocou a maior catástrofe ecolóxica da nosa historia". Unha enciclopedia non pode dicir a nosa historia. Parabéns polo artigo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:58, 13 de outubro de 2012 (UTC)

Nova ferramenta[editar a fonte]

Podes levar a cabo a miña petición? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:30, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Vale. 1º creo que me expresei mal ou me entendiches mal (e os outros usuarios), sería para que só aparecera na última sección, vai á miña páxina de usuario da Wikipedia en español para comprobalo. 2º sería fácil, pero se non sabes pois mellor que non o fagas. Pero si que é fácil modificalo.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:45, 15 de outubro de 2012 (UTC)

Tartarugas, tartarugas mariñas, focas, fócidos e outros pinnípedes[editar a fonte]

Ola Pedro. Estes días ando de viaxe de aquí para alá e, nunha das miñas escalas na casa, vin a túa observación sobre as tartarugas e as focas. Cando volva (o día 21 estarei para votar), voume ocupoar destas cuestións: quelonios, testudínidos, foca, fócidos, otáridos (ou otaríidos), odobénidos, etc. E tamén dos cefalópodos, que é unha páxina que boto moito de menos. --XoioÉche o que hai 22:45, 16 de outubro de 2012 (UTC)

Ao saír cefalópodos en azul, vexo que xa me ocupara de eles (pero, aínda que foi o mes pasado, non me lembraba diso). --XoioÉche o que hai 22:49, 16 de outubro de 2012 (UTC)

Fotos manifa Nunca Máis[editar a fonte]

Puxen en Commons unhas fotos da manifestación de hoxe de Nunca Máis na entrada do xuízo, a ver se che gusta algunha. Teño uns vídeos pequenos tamén a ver se os dou pasado hoxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:29, 17 de outubro de 2012 (UTC)

Eu carguei estoutra que che poderá ser interesante. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:52, 18 de outubro de 2012 (UTC)

En carga[editar a fonte]

Fágome cargo... con calma... Saúdos. --Xas (conversa) 21:38, 18 de outubro de 2012 (UTC)

Re:mecanismo OTRS e fotos do Prestige[editar a fonte]

Non te preocupes, cóntocho coma se foses un neno de catro anos ;). O certo é que o proceso é farragoso pero a verdade é que non hai unha forma máis sinxela de subir esas fotos das que non somos autores.

Hai unha posibilidade de simplificar moito o traballo. Se esas persoas publican esas fotos en Flickr cunha licenza compatible coa da Galipedia xa non precisarías o OTRS. E por si eles non saben usar o Flickr vouche mandar un correo de como facelo que é moito máis sinxelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:35, 19 de outubro de 2012 (UTC)

O grande es ti que fixeches todo o choio, eu non fixen nada que a foto subeuna Ecemaml :). Estou rematando uns detalles e logo a ver se che mando o correo do OTRS. Ah, e xa me chegou o correo dos gráficos, a ver se vou tendo algún momento para ir facendo alguna, tes algunha especial pola que comezar?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:01, 20 de outubro de 2012 (UTC)
Unha pregunta sobre as fotos que che van pasar, foron publicadas nalgún sitio de internete como Flickr, Panoramio, etc?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:11, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Malas novas, a imaxe do barco ten dereitos de autor, era visto que non podía ser tan doado pero sigo mandando correos :). Tamén quitaron o collage dos implicados, os de Praza Pública non sempre poñen as licenzas correctamente pero esta imaxe podo facela eu a partires de imaxes de Commons de Álvarez Cascos, Mariano Rajoy e Arias Cañete. De Fernández de Mesa en Commons non hai foto, habería que tentar atopar unha na rede pero non sei se haberá. Ou se queres poñer a outro podo mirar se hai fotos libres del. ¿A quen poñemos ou tentamos por :)?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:40, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Xa, a min tamén me fastidiou o da foto, mandarei un par de correos máis pero non teño moitas esperanzas porque, xa o dixen, os que tiveron acceso ó barco foron profesionais e xente da administración (Salvamento Marítimo, a Armada, os Gardacostas...) que a pesares de traballar para nós aínda non nos dan acceso a ese traballo. A ver.

O do collage non ten problema, vou meter entón a Cascos, Cañete, Trillo e Fraga, son uns bos peixes... :) Xa che aviso cando a teña, saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:42, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Xa está o collage, se queres cambiarlle algo ou poñer outra xente avísame. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:07, 29 de outubro de 2012 (UTC)
Ah!, os mapas! Os mapas non van, veñen :). Que mapa/s será/n o/s máis interesante/s? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:11, 1 de novembro de 2012 (UTC)
Moi ben, voume poñer agora mesmo co primeiro. Sobre o mapa das mareas negras no mundo atopei isto, está en francés pero se vale podo traducilo nun pispás. Ó mellor habería que aumentarlle un pouco o tamaño de letra pero se as localizacións e os datos están ben pois é traballo adiantado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:10, 2 de novembro de 2012 (UTC)
Vale, xa lle daremos unha volta entón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 2 de novembro de 2012 (UTC)

Podes dar a túa opinión aquí é que fai falta cuórum. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 07:37, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Prestige[editar a fonte]

Boas Lameiro! Como estabas ás voltas co artigo do Prestige vin esta ligazón con declaracións de políticos que poden ilustrar o artigo ou proxectos irmáns. Mira se queres se te convencen e se hai algunha que non estea e vexas de interese (a de Mayou Oreja é devastadora, por exemplo) engádea. Un saúdo e bo traballo!! Piquito (conversa) 08:24, 19 de outubro de 2012 (UTC)

Plan Galicia[editar a fonte]

Boa tarde, Pedro. Abrín fío na páxina de conversa do Plan Galicia para ver onde se categoriza. Quizais estea relacionado con [[Categoría:Administracións públicas de Galicia]], pero non me acaba de convencer. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:48, 20 de outubro de 2012 (UTC)

Décimo aniversario[editar a fonte]

Boas, fai tempo fixen unha proposta na taberna para tratar de organizar algún evento para o décimo aniversario da Galipedia e gustaríame que deras alí a túa opinión. Só che pido que poñas as túas impresións sobre a proposta, as túas ideas, as cousas coas que estás dacordo ou desacordo para tentar levar adiante esa idea, se é posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:08, 21 de outubro de 2012 (UTC)

Ola!, aquí estamos facendo unha pequena votación para ver se poñemos un aviso na cabeceira da Galipedia, precisamos o teu voto para tomar unha decisión, poderías botarlle un ollo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:38, 25 de outubro de 2012 (UTC)
Como xa hai 9 propostas para facer e o tempo non para propuxen na taberna que se faga unha votación para escoller o que facer. Se tes un momento podes dar alí o teu voto, a favor ou en contra, para pasar á seguinte fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:31, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Precisamos algún concordo máis para poder facer a votación das propostas para o décimo aniversario, a ver se tes un momento e podes pasarte pola taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:30, 19 de novembro de 2012 (UTC)
Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 14:00 (UTC)[responder]

Boas, xa rematou a votación e as propostas con máis aceptación foron Wikipedia:Difusión nos medios e Wikipedia:Participación activa, fixen unhas páxinas separadas para ir organizando mellor eses eventos. Nos próximos días haberá que traballar nesas páxinas para darlles máis forma a esas propostas. :) Ó mesmo tempo na taberna fixen un comentario para tentar levar adiante a proposta das conferencias, podes comentar alí o que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de decembro de 2012 ás 02:41 (UTC)[responder]

Quelónidos[editar a fonte]

Ola Pedro. Agora que volvín a editar, e ampliar considerabelmente, o artigo Cheloniidae, creo que xa podes cambiarlle o título polo de Quelónidos (termo admitido polo dicionario da RAG). Un saúdo, Daviña.--XoioÉche o que hai 00:49, 25 de outubro de 2012 (UTC)

Matahomes[editar a fonte]

Non teño nin idea. A próxima semana farei unha pequena investigación, a ver se saco algo... --Agremon(contacto) 20:40, 2 de novembro de 2012 (UTC) Unha contestación que me deron: "o Matahomes é un cangrexo pequeniño de cor casi negro, anda por entras pedras de tódalas "praias" da Ría de Ribadeo. Antigamente era normal velo abundantemente entras pedras da praia dos Bloques, hoxe desaparecida. Este cangrexo ten a caparazón de 3-4 cm x 2 cm. de forma casi rectangular e bastante blanda todo o ano, non alza máis de un ou un e medio cm. e efectivamente, non se come, porque non ten nada de comida e parece que é bastante indixesto si se prepara para darlle simplemente gusto a algún prato de comida, como un arroz, de aí o nome de Matahomes."--Agremon(contacto) 22:20, 8 de novembro de 2012 (UTC)

HeLa e Hela[editar a fonte]

Estou a facer o artigo HeLa (unha liña de cultivo celular moi famosa), pero tiven que darlle o nome de "célula HeLa" (que tamén está ben), pero quería poñer como redirección tamén "HeLa" (común noutras wikipedias) e non podo porque hai outra páxina feita sobre a deusa nórdica Hela. Cando poño HeLa xa vai directamente a Hela. Non sei se será posible distinguir nos títulos de páxinas HeLa de Hela, xa que só se diferencian nunha maiúscula interna. Pregunto se é posible crear a redirección HeLa ou non se pode ou hai que facer unha páxina de homónimos.--Miguelferig (conversa) 12:56, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Respóndolle directamente na súa conversa. Miras alí a resposta, se queres. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:24, 3 de novembro de 2012 (UTC)
Grazas. Solucionado o de HeLa. Seguín a ligazón que deixou Toliño e funcionou. Non entendín moito a explicación, pero xa está feito.--Miguelferig (conversa) 17:08, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Re:Mapas[editar a fonte]

Vale, tomo nota de todo pero aínda me levarán un tempo porque a cousa vai lentamente, pero vai :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:05, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Boas, por fin rematei o mapa do percorrido, púxeno na conversa do artigo, hai que pulilo un pouco pero pouca cousa, dime alí as cousas que haxa que cambiar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:53, 19 de novembro de 2012 (UTC)

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia[editar a fonte]

Ola Pedro. Preciso de axuda.

En xullo estiven visitando o CRZG. Ás fotos que tirei queríalles poñer un nome descritivo antes de cargalas en Wikimedia Commons.

A cousa é que non distingo unha raza doutra.

Cando teñas tempo, crees que poderías ir a miña galería de Flickr (www.flickr.com/photos/hombredhojalata) e engadir comentarios descritivos ás fotos? En base a eles eu renomearía os ficheiros.

Graciñas. Un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 14:16, 5 de novembro de 2012 (UTC)

Modelo:Razas autóctonas galegas[editar a fonte]

Grazas polo traballo e grazas polo de preciosas.

Estiven ampliando o modelo que fixera Pepe en 2008 e transformeino nisto (bótalle un ollo, a ver se non fixen ningunha barbaridade): --. HombreDHojalata.conversa 22:20, 6 de novembro de 2012 (UTC)


O da frieiresa está, xa tes editado nel. Aparece en vermello na versión de 2008 porque daquela puña frieresa (cunha "i" menos) non sei se son as dúas palabras correctas ou que. Nun panfleto da Boaga, que teño, aparece frieresa (no índice) e frieiresa (en páxinas interiores)! --. HombreDHojalata.conversa 22:43, 6 de novembro de 2012 (UTC)
Mellor que xa o teñamos. En calquera caso o nome correcto é frieiresa (con i), nome que lle vén de ser unha raza natural da zona das Frieiras, ó sudoeste de Ourense, comarca oficiosa que agrupa os concellos da Gudiña e da Mezquita. De aí que un dos seus nomes dexa o de Gado da Mezquita (e tamén mirandesa, en alusión á continuidade desta raza na zona limítrofe de Portugal). Nisto non cabe dúbida ningunha. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:08, 6 de novembro de 2012 (UTC)

Pedro, mandeiche onte un correo ao enderezo que indicas aquí. Coméntocho por se non é o que miras habitualmente. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:27, 6 de novembro de 2012 (UTC)

Quenllas e tiburóns[editar a fonte]

Moitas grazas, Pedro. Iso era exactamente o que quería dicir. Tamén estou de acordo coa redirección quenllas (pl.) → Tiburóns (segundo a Academia —e segundo dicimos no artigo Tiburóns— son sinónimos). --XoioÉche o que hai 14:35, 11 de novembro de 2012 (UTC)

Aviso de proposta[editar a fonte]

Boas Lameiro! Puxen unha mensaxe na Conversa:Prestige, se podes léa a ver qué che parece. Se concordas e non podes encargarte ti (vexo que andas liado con outros naufraxios) penso que saberás mellor a quen pedirllo, eu non sei facer eso e estou coa ópera, Wozzeck e Johann Sebastian Bach, polo que non teño moito tempo. Penso que a proposta pode estar ben e pode ilustrar un artigo que xa agora é completísimo, parabéns. Saúdos!!! Piquito (conversa) 19:04, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Re:¿fotografía utilizable?[editar a fonte]

Pois vai ser que non. Na categoría de Commons xa di que as imaxes da ESA non son automáticamente no dominio público, di que a maioría das súas imaxes só son libres para uso educativo e non comercial, polo tanto non se poden usar. Isto básase na cláusula dos termmos da licenza da ESA que di: "If these images are to be used in advertising or any commercial promotion, layout and copy must be submitted to ESA beforehand for approval to:", é dicir, que se alguén quere facer un uso comercial desas imaxes ten que pedir permiso e iso non é compatible coas licenzas nin de Commons nin da Galipedia. O único que poderíamos tentar sería mandarlles un correo e preguntar se poderían liberar esa foto para o artigo. Se queres encárgome eu para tentar conseguir un permiso OTRS. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:24, 12 de novembro de 2012 (UTC)

Clavícula[editar a fonte]

A clavícula ten algo que ver coas setas? É que na imaxe do artigo pon debaixo: "Apuntada na seta á dereita" que non teño nin idea do que quere dicir. ¿Está ben ou é un cazapo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:26, 13 de novembro de 2012 (UTC)

Home, agora xa o pillo, é que antes non caía da burra. Non teño tanta vista, só estaba amañando as setas que eran cogomelos e ó chegar a ese artigo quedei descolocado moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:43, 13 de novembro de 2012 (UTC)

Artigos para borrar[editar a fonte]

Ola Lameiro. Cando teñas tempo, e podas, e queiras, gustaríame que lle botases unha ollada aos artigos ultimamente marcados como lixo, entre os que hai tres (ou catro) que editei ultimamente en que teñen erros no título, debido (as máis das veces, pero non todas), a que os redactei a altas horas da noite). Perdoa polo traballo extra que te provoco; procurarei andar con máis coidado. Grazas, Daviña. --XoioÉche o que hai 20:54, 15 de novembro de 2012 (UTC)

Tiburóns[editar a fonte]

Moitas grazas. E tamén por facer a páxina de homónimos (que agora irei visitar), xa que son varios nos tiburóns que xa temos, e aínda quedan máis, tanto de "bichos" como de "filmes" (eu neste momento ando co tiburón branco —doulle preferencia aos citados nas costas galegas— pero quedan, por exemplo, o tiburón peregrino, o tiburón balea...) --XoioÉche o que hai 26 de novembro de 2012 ás 18:20 (UTC)[responder]

Refraneiro[editar a fonte]

Algún refrán que coñezas para o castelán de casta le viene al galgo? Graciñas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 27 de novembro de 2012 ás 19:00 (UTC)[responder]

Certo. Graciñas. En Lugo, polo menos na miña variante, usamos esa mesa cunha variante: ou na cabeza ou nos pés, has de imitar a quen es --Atobar (conversa comigo) 27 de novembro de 2012 ás 23:42 (UTC)[responder]

A afirmación que (xustamente) me criticas tireina da wiki en castelán que, á súa vez, a obtivo da páxina Web da ZCO (citada como referencia), e da que saca case toda a información. E xa sabemos que as organizacións ecoloxistas son un algo exaxeradas (ecoloxista non é sinónimo de ecólogo —aínda que haxa ecólogos que son tamén ecoloxistas—):

Los tiburones llevan unos 400 millones de años viviendo en el planeta. Pero en las últimas décadas muchas especies están al borde de la extinción debido a la sobreexplotación pesquera no sostenible, y en particular por la práctica del finning, que es legal en todo el mundo. (ZCO-Zaragoza Club Odisea, 1999. Club aragonés de buceo deportivo y científico FEDAS/CMAS

Pero, por outra parte, na ampla páxina da wiki en francés sobre pódese ler que:

De nombreux pays développés interdisent le finning, cependant, de nombreuses eaux internationales ne sont pas réglementées. Les autorités de pêche internationales envisagent d'interdire la pêche au requin dans l'océan Atlantique et la mer Méditerranée. Mais la plupart des espèces de requins effectuent des migrations traversant les frontières des zones économiques exclusives et les eaux internationales, nécessitant une coopération internationale pour une protection efficace. De plus, l'application des accords existants exige des fonds considérables car la protection des aires marines souvent immenses, nécessitent d'importants moyens humains et matériels. (J.-M. Cousteau et Ph. Vallette, Atlas de l’océan mondial, Autrement, 2007).
En 2005, l'Inter-American Tropical Tuna Commission (IATTC) (Inter-American Tropical Tuna Commission'), qui regroupe la Colombie, la France, le Nicaragua, l'Espagne, le Costa Rica, le Guatemala, Panama, les États-Unis, l'Équateur, le Japon, le Pérou, les Vanuatu, le Salvador, le Mexique, la Corée du Sud et le Venezuela a interdit par résolution [IATTC] la pratique du finning dans l'océan Pacifique oriental, mais la pêche au requin et aux ailerons se poursuit sans relâche dans le reste de l'océan Pacifique et dans l'océan Indien.( [2])
Dans les années 2000, l'Afrique du Sud, les États-Unis, le Brésil, le Costa Rica, le Canada, la Namibie, l’Équateur, la plupart des États d'Australie, les Palaos, l'Union européenne, les Seychelles et la Polynésie française interdisent le découpage d'ailerons de requins. Mais ils n'interdisent pas tous le débarquement d'ailerons désolidarisés du corps. Dans tous ces pays, sauf exceptions locales, la vente et la consommation de la soupe aux ailerons de requins reste autorisée. Les restaurants chinois qui la servent n'affichent pas toujours la provenance des ailerons, entretenant ainsi le commerce illicite. ([3]

O que, traducido, quere dicir, máis ou menos, isto:

Moitos países desenvolvidos prohibiron o "finnig"; porén, moitas augas internacionais non están reguladas. As autoridades internacionais de pesca estudan prohibir a pesca de tiburóns no océano Atlántico e no mar Mediterráneo. Pero a maioría das especies de tiburóns migran a través dos límites das zonas económicas exclusivas, e as augas internacionais requiren a cooperación internacional para unha protección eficaz. Ademais, a aplicación dos acordos existentes require fondos considerábeis porque a protección de áreas mariñas a miúdo grandes, e require importantes recursos humanos e materiais.
En 2005, a Inter-American Tropical Tuna Commission (IATTC) (Comisión Interamericana do Atún Tropical), que inclúe a Colombia, Francia, Nicaragua, España, Costa Rica, Guatemala, Panamá, Estados Unidos, Ecuador, Xapón, Perú, Vanuatu, O Salvador, México, Corea do Sur e Venezuela, prohibiu por resolución [cita: IATTC] a práctica do "finning" no océano Pacífico, pero a pesca de tiburóns e das aletas continúa sen descanso no resto do océano Pacífico e no océano Índico.

Na década dos anos 2000, Sudáfica, os Estados Unidos, o Brasil, Costa Rica, o Canadá, Namibia, Ecuador, a maioría dos Estados de Australia, Palau, a Unión Europea, as Seychelles e a Polinesia francesa prohibiron o corte de aletas de tiburón. Pero non todos prohibiron o desembarco de aletas separadas do corpo. En todos estes países, salvo excepcións locais, segue sendo autorizada a venda e o consumo de sopa de aleta de tiburón. Os restaurantes chineses que a serven non declaran sempre a orixe das aletas, mantendo así o comercio ilícito.

Polo que quizais fora necesario cambiar tanto a expresión que eu empreguei de práctica legal en case todo o mundo (talvez un erro tipográfico da Web consultada, talvez non), como a que ti corrixiches. practica ilegal, por outra intrermedia na que xa pensarei. --XoioÉche o que hai 28 de novembro de 2012 ás 15:59 (UTC)[responder]

Peixes anxos[editar a fonte]

Moitas grazas polo rápido arranxo. Xa redactei o artigo Peixe anxo. Por certo, teño a dúbida de se gramaticalmente é correcto o nome de Peixes anxos, porque anxos non é unha característica, como no caso de peixes planos, peixes cartilaxinosos ou peixes óseos, senón que é plural do nome peixe anxo, comparábel, por exemplo, a peixes bruxa, tiburóns anguía ou tiburóns serra. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 7 de decembro de 2012 ás 17:53 (UTC)[responder]

Eu tampouco estou demasiado seguro (son de ciencias, coma ti), pero estou case seguro. Cando consultes cos de letras, actúa (se é o caso).
Grazas temén por arranxar o da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas. Realmente era bastante curioso (por non dicir outra cousa) o título orixinal. --XoioÉche o que hai 7 de decembro de 2012 ás 18:43 (UTC)[responder]

Comisión... sobre Estrarigrafía[editar a fonte]

Motas grazas tamén por arranxar o asunto da Comisión Internacional sobre Estratigrafía. Pero sigo insistindo no de International Union of Geological Sciences que, para maior inri nin sequera está en cursiva. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 7 de decembro de 2012 ás 18:19 (UTC)[responder]

escarapotes[editar a fonte]

Ola Lameiro. Cando teñes tempo gustaríame que lle botases unha ollada á páxina de conversa Escarapote e que me deses despois a túa opinión. Grazas. Daviña. --XoioÉche o que hai 16 de decembro de 2012 ás 22:16 (UTC)[responder]