Avicultura
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |

A avicultura é a práctica de coidar e criar paxaros como animais domésticos, xeralmente papagaios de compañía, e a cultura que existe ao redor desta actividade. A avicultura céntrase xeralmente non só na crianza de paxaros, senón tamén en preservar o hábitat aviar e nas campañas de concienciación pública.
O significado máis concreto da avicultura fíxoo Jean Delacour.
Hai varias razóns polas que as persoas se involucran na avicultura. Algúns criadores crían aves para preservar especies e outros fano como negocio.
Avicultura: "A afección mundial de manter e criar a especie máis numerosa de paxaros salvaxes en cativerio para manter o seu estado numérico en natureza co propósito de previr a súa extinción".
Dentro da avicultura inclúese a cativa de aves de adorno:
- Canaricultura: arte de criar canarios (Serinus canarius).
- Canaricultura de Canto
- Roller
- Malinois
- Timbrado español
- Canaricultura de Cor
- Canaricultura de Postura
- Canaricultura de Canto
- Silvestrismo: captura ou cativa de aves silvestres en catividade (xílgaros, lugáns, etc...).
- Cativa de exóticos: cativa de aves que son alleas ao país ou rexión en cuestión (por exemplo en Europa son exóticas: Erythrura gouldiae, cardenaliño de Venezuela, diamantes mandarín, isabeliña do Xapón, tórtolas diamante, paddas, etc...).
Sociedades avícolas[editar | editar a fonte]
Hai sociedades avícolas en todo o mundo, pero xeralmente máis en Europa e Estados Unidos de América.