Campanuláceas
| Campanuláceas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Campanulaceae Antoine-Laurent de Jussieu 1789 | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
A familia Campanulaceae (as campanuláceas), da orde Asterales, contén uns 90 xéneros e 2200 especies. Na súa maioría son sobre todo herbas, arbustos, e algunhas árbores pequenas, que teñen xeralmente un (zume) leitoso tóxico.
Localización
[editar | editar a fonte]Esta familia é de distribución case cosmopolita mais concentrada no hemisferio norte. Con todo no hemisferio sur, África do Sur é especialmente rica en membros desta familia. Estas especies atópanse ausentes do Sáhara, Antártida e o norte de Groenlandia.
A maioría das clasificacións actuais inclúen a familia antes separada Lobeliaceae en Campanulaceae.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]As follas destas especies son a miúdo alternas, máis raramente opostas. Son tamén simples e sen estípulas.
As flores son bisexuais, campaniformes, consistindo nun estreito tubo como corola con pequenos lóbulos que sobresaen. As flores son a miúdo azuis.
Os froitos xeralmente son bagas, pero tamén poden ser cápsulas.
Ten as seguinte subfamilias: Campanuloideae - Cyphioideae - Lobelioideae
Xéneros de Campanulaceae
[editar | editar a fonte]Galería de fotos
[editar | editar a fonte]- Azorina vidalii
- Isotoma axillaris
- Lobelia tupa
- Symphyandra pendula
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campanuláceas |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Campanuláceas |