A Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (en inglés:International Union of Geological Sciences ou IUGS) é unha organización privada internacional dedicada á cooperación no eido da xeoloxía. A IUGS fundouse en 1961 e é un membro do Consello Internacional para a Ciencia, órgano de coordinación para a organización internacional da ciencia. Actualmente, os xeólogos de 117 países están representados a través das organizacións nacionais e rexionais. A IUGS promove e alenta o estudo de problemas xeolóxicos, en especial aqueles de importancia global.
A Secretaría da Unión atópase actualmente no Servizo Xeolóxico de Noruega (UNG) en Trondheim, Noruega.