Saltar ao contido

Escarapote

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escarapote
Scorpaena scrofa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Escorpeniformes
Familia: Escorpénidos
Xénero: Scorpaena
Especie: S. scrofa
Nome binomial
Scorpaena scrofa
Linnaeus, 1758[1]
Sinonimia
  • Scorpaena barbata (non Bonnaterre, 1788)
  • Scorpaena barbata (non Gronow, 1854)
  • Scorpaena lutea Risso, 1810
  • Scorpaena natalensis Regan, 1906
  • Scorpaenopsis natalensis (Regan, 1906)
  • Sebastapistes scorfa (Linnaeus, 1758)

O escarapote, aínda que tamén reciben este nome outras especies do mesmo xénero, ou bispo,[2], Scorpaena scrofa é un peixe da familia dos escorpénidos de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case os 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5–2 kg. Normalmente atópase a profundidades desde os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.

Características

[editar | editar a fonte]

Durante o día permanecen aletargados en fendas rochosas, e pola noite saen dos seus agochos para buscar comida, quedan inmóbiles e grazas á súa camuflaxe conseguen capturar pequenos peixes e crustáceos. A súa pel cóbrese de algas e aproximadamente cada dúas semanas realizan unha muda da mesma.

Nome común

[editar | editar a fonte]

Coñecido normalmente por escarapote, en castelán denomínase escorpena ou rascacio (hai varias especies do xénero Scorpaena). En Cataluña chámase escórpora e no Cantábrico como cabracho, sendo tamén coñecido en Asturias como tiñosu. En Baleares chámase cap roig e en Murcia como gallina. No País Vasco coñécese como itsaskabra (cabra de mar en éuscaro). Nas Canarias coñécese como cantarero.

En culinaria é un peixe moi valorado, de altísima calidade. En Cataluña prepárase cocido con patacas, nun famoso prato que se coñece co nome de suquet de peix.

É común facer un pastel deste peixe, coñecido como pastel de escarapote.

  1. Nicolas Bailly (2011). Nicolas Bailly, ed. "Scorpaena scrofa Linnaeus, 1758". FishBase. World Register of Marine Species. Consultado o 5 de outubro de 2011. 
  2. bispo, 3ª acep. no Dicionario da RAG

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]