Podengo galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Podengo galego
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Orixe da raza
Orixe da raza

Orixe da raza

O Podengo galego é unha raza de cans de orixe galega. É un can de caza de coello principalmente, aínda que tamén de lebre e raposo.

Orixe[editar | editar a fonte]

Comparte unha orixe común con tódolos podengos ibéricos (eivisenco, andaluz e portugués) e pertence ó mesmo tronco dos podengos da área mediterránea como o pharaoh hound maltés, o cirneco do Etna siciliano, o podengo da illa Lampedusa tunesino, o podengo Charnigue ou Charnègre do Rosellón e a Provenza (Francia), e mailo podengo canario.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Comprende toda a zona noroccidental da Península Ibérica, emparentado co podengo portugués mediano (orixinario da zona norte), con montañas de 600 m a 800 m sobre o nivel do mar, con zonas de serra e monte arborado con abundante vexetación arbustiva, onde se atopan os coellos, lebres, raposos e a caza de pluma.

Atópase espallado por toda Galicia, pero principalmente polas provincias de Pontevedra e Ourense, aínda que tamén se localizan exemplares nas outras dúas provincias galegas.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

É un animal de tipo primitivo, de tamaño mediano e lixeiro. É moi áxil, con gran capacidade olfactiva, auditiva e visual. Son animais moi uniformes, de tamaño mediano e lixeiro, de capa canela en todos os seus gradientes, dende a cor area aos vermellos. Teñen o ventre recollido, aínda que sen a finura de liñas do corpo, así como da cabeza, de moitos galgos. As femias son lixeiramente máis liviás e esveltas cós machos.

Pesan arredor de 10-15 quilos. Os machos miden entre 46–52 cm e as femias entre 46–52 cm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.