Camiño (libro)
Camiño é un libro escrito por san Xosemaría Escrivá de Balaguer, fundador do Opus Dei. Foi publicado por primeira vez en Cuenca no 1934, baixo o título de Consideraciones Espirituales.
Na seguinte edición, publicada en Valencia en 1939, o libro foi ampliado e recibiu o título de Camiño. Leva vendidas preto de 5 000 000 copias en 471 edicións en 51 linguas, o que fai deste libro nunha das obras máis editadas do seu xénero.[1][2]
Temática[editar | editar a fonte]
Camiño consta de 999 puntos para a meditación persoal que abordan diferentes aspectos da vida cristiá: oración, traballo, virtudes, apostolado etc. Os textos, froito da propia oración do seu autor e da súa experiencia sacerdotal, están redactados nun ton coloquial e directo, con frases curtas e incisivas. É a obra máis popular de San Xosemaría Escrivá.
A principal fonte literaria de Camiño son os Evanxeos.
Ademais, o autor emprega textos dos Pais Antigos, os clásicos da espiritualidade (Santa Tareixa de Xesús, San Xoán da Cruz, Santa Catarina de Siena ou Santa Tareixa de Lisieux), e tamén dos grandes autores da literatura castelá, entre outros Miguel de Cervantes e Calderón de la Barca.[3]
En galego[editar | editar a fonte]
A versión galega do libro apareceu en 1968.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Camino. (Agenda, rústica)". www.rialp.com (en castelán). Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "Obras de San Josemaría Escrivá, fundador del Opus Dei". www.escrivaobras.org. Consultado o 2019-12-11.
- ↑ "La página web del Opus Dei en gallego". opusdei.org (en castelán). Consultado o 2019-12-11.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Escrivá de Balaguer, J., Camino.
- Josemaría Escrivá de Balaguer (2001). Camino (72 ed.). Ediciones Rialp. ISBN 9788432133565.[Ligazón morta]
- Josemaría Escrivá de Balaguer (2002). Camino - The Way. Gracewing Publishing. ISBN 9780852445662. (edición bilingüe e anotada)
- Rodríguez, Pedro (2004). Camino. Edición crítico-histórica (3 ed.). Ediciones Rialp. p. 1237. ISBN 9788432135033. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 07 de abril de 2012.
- Álvaro del Portillo (1988). José Morales, ed. Estudios sobre Camino. Ediciones Rialp. ISBN 9788432124532.[Ligazón morta]
- Constantino Ánchel (2003). En torno a la edición crítica de Camino: análisis y reflexiones. Ediciones Rialp. ISBN 9788432134531.[Ligazón morta]