Hiperoartios
Hiperoartios (Hyperoartia) Rango fósil: Devoaniano ao presente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lampreas na Sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes), na Coruña, Galicia, España. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
Os hiperoartios (Hyperoartia) son unha clase de ágnatos ou peixes sen mandíbulas, coñecidos vulgarmente co nome de lampreas.
Son moi primitivos, semellantes externamente ás anguías, aínda que moi afastados filoxeneticamente con elas, con corpo, cilíndrico, sen escamas e moi esvaradío.
A pesar de compartiren moitas características cos peixes, taxonomicamente non se inclúen neste grupo, senón que forman un grupo independente. Xunto aos mixinos forman o grupo parafilético dos ciclóstomos.
Características
[editar | editar a fonte]As lampreas teñen unha boca circular, formando unha ventosa para fixarse ás presas das que se alimentan, con varios círculos concéntricos de dentes córneos, ademais dunha lingua, tamén córnea, usada para raspar os tecidos.
Estas características permítenlles raspar a carne e absorber o sangue de animais tan diversos como os tiburóns, salmóns, bacallaus e mamíferos mariños.
A lingua funciona como un émbolo: despois de facer o baleiro sobre o ventre dunha presa, dentro da súa boca, succiona o sangue ao recuar.
Hábitat
[editar | editar a fonte]A lamprea común nace nos ríos, onde permanece durante 4 ou 5 anos en estado larvario, até chegar a medir 20 cm de lonxitude, momento no que se converte en adulto e descende cara ao mar onde vivirá, entre os 200 e os 500 m de profundidade, até chegar á madurez sexual.
É entón cando, cunha lonxitude de entre 80 e 100 cm e un peso de até 1 kg, en viaxe migratorio, remonta o río onde nacera para desovar. A desova ten lugar en primavera e verán, en lugares pouco profundos, onde constrúe un niño de pedras que transporta coa súa boca de ventosa. O número de ovos varía entre 50 000 e 200 000. Durante a posta o macho fíxase á femia coa súa boca e permanece enroscado a ela; a femia, do mesmo modo, fíxase a unha pedra do fondo.
Despois da desova, as lampreas morren.
En 2008 descubriuse que nun encoro de Galicia a lamprea adaptouse a vivir nun medio unicamente fluvial. Este proceso de adaptación aínda está en proceso de estudo pero, segundo parece, a lamprea conseguiu reproducirse sen problemas, e os novos exemplares adaptáronse ás condicións do río, polo que quedaría interrompido o ciclo mixto de auga doce e auga salgada.[1] (en castelán)
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Dentro dos hiperoartios inclúense as lampreas modernas e os seus máis inmediatos antepasados; todas as especies actuais, unhas 40, pertencen á orde dos petromizontiformes (Petromyzontiformes) e á familia dos petromizóntidos (Petromyzontidae):[2]
- Xéneros basais
- ? Haikouichthys †
- ? Legendrelepis †
- Orde Petromyzontiformes
-
- Familia Petromyzontidae
- Subfamilia Geotriinae
- Xénero Geotria
- Geotria australis (J. E. Gray,1851)
- Subfamilia Mordaciinae
- Xénero Mordacia
- Mordacia lapicida (J. E. Gray, 1851) (Lamprea chilena)
- Mordacia mordax (J. Richardson, 1846) (Lamprea australiana)
- Mordacia praecox (Potter, 1968)
- Subfamilia Petromyzontinae
- Xénero Petromyzon
- Petromyzon marinus Linnaeus, 1758 (Lamprea común, lamprea mariña)
- Xénero Ichthyomyzon
- Ichthyomyzon bdellium (D. S. Jordan, 1885) (Lamprea de Ohío)
- Ichthyomyzon castaneus Girard, 1858
- Ichthyomyzon fossor Reighard & Cummins, 1916 (Lamprea de río boreal)
- Ichthyomyzon gagei Hubbs & Trautman, 1937 (Lamprea de río austral)
- Ichthyomyzon greeleyi Hubbs & Trautman, 1937 (Lamprea de río de montaña)
- Ichthyomyzon unicuspis Hubbs & Trautman, 1937 (Lamprea de prata)
- Xénero Caspiomyzon
- Caspiomyzon graecus (Renaud & Economidis, 2010)
- Caspiomyzon hellenicus (Vladykov, Renaud, Kott & Economidis, 1982)
- Caspiomyzon wagneri (Kessler, 1870) (Lamprea do Caspio)
- Xénero Tetrapleurodon
- Tetrapleurodon geminis Álvarez, 1964 (Laprea mexicana dos regatos)
- Tetrapleurodon spadiceus (T. H. Bean, 1887) (Lamprea mexicana)
- Xénero Entosphenus
- Entosphenus folletti Vladykov & Kott, 1976
- Entosphenus hubbsi Vladykov & Kott, 1976
- Entosphenus macrostomus (Beamish, 1982) ) (Lamprea de Vancouver)
- Entosphenus minimus (C. E. Bond & T. T. Kan, 1973) (Lamprea do lago Miller)
- Entosphenus similis Vladykov & Kott, 1979 (Lamprea do río Klamath)
- Xénero Lethenteron
- Lethenteron camtschaticum (Tilesius, 1811) (Lamprea do Ártico)
- Lethenteron kessleri (Anikin, 1905) (Lamprea de río siberiana)
- Lethenteron matsubarai (Vladykov & Kott, 1978)
- Lethenteron ninae Naseka, Tuniyev & Renaud, 2009
- Lethenteron reissneri (Dybowski, 1869)
- Xénero Eudontomyzon
- Eudontomyzon danfordi Regan, 1911 (Lamprea dos Cárpatos)
- Eudontomyzon lanceolata (Kux & Steiner, 1972) (Lamprea de río turca)
- Eudontomyzon mariae (Berg, 1931) (Lamprea de río ucraína)
- Eudontomyzon stankokaramani M. Karaman, 1974
- Eudontomyzon vladykovi Oliva & Zanandrea, 1959 (Lamprea de río do Danubio)
- Xénero Lampetra
- Lampetra aepyptera (Abbott, 1860)
- Lampetra alaskensis (Vladykov & Kott, 1978) (Lamprea de río de Alasca)
- Lampetra appendix (DeKay, 1842) (Lamprea de río americana)
- Lampetra ayresii (Günther, 1870)
- Lampetra fluviatilis (Linnaeus, 1758) (Lamprea de río común)
- Lampetra folletti (Vladykov & Kott, 1976)
- Lampetra hubbsi (Vladykov & Kott, 1976)
- Lampetra lamottei (Lesueur, 1827)
- Lampetra lethophaga (Hubbs, 1971)
- Lampetra morii Berg, 1931 (Lamprea coreana)
- Lampetra planeri (Bloch, 1784) (Lamprea de río europea)
- Lampetra richardsoni (Vladykov & Follett, 1965)
- Lampetra tridentata (J. Richardson , 1836) (Lamprea do Pacífico)
- Lampetra zanandreai (Vladykov, 1955) (Lamprea do Po)
Pesca
[editar | editar a fonte]As lampreas péscanse nos ríos, con arpón ou "fisga" ou, mellor, para evitar a súa morte e a conseguinte perda de sangue en lugares acondicionados como as pesqueiras utilizadas no Baixo Miño, situadas a ambos os lados do río Miño, que son construcións paralelepipédicas de pedra que penetran no curso fluvial desde as dúas ribeiras e cuxa función é a de capturar distintas especies piscícolas, entre elas a lamprea. O conxunto construtivo componse de varios corpos, chamados poios, que deixan entre eles unhas canles estreitas nas que se colocan unhas redes cónicas tipo nasa ou butróns. Das pesqueiras ou pescos fálase xa en documentos do século XII, aínda que, probabelmente, moitas delas se remontan á época romana.
Usos
[editar | editar a fonte]A carne da lamprea, aínda que dura, é moi prezada en Galicia (os romanos xa a consideraban verdadeiramente exquisita). Con ela fanse empanadas (famosas as de Padrón e Pontecesures), ou degústase guisada no seu propio sangue como prato típico da cociña de Galicia, denominado lamprea á bordalesa, e tamén se pode cociñar despois de ser curada unha vez aberta, afumada e seca para a súa conservación fóra da temporada de pesca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lampreas no encoro de Portodemouros". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 25 de agosto de 2012.
- ↑ Mikko's Phylogeny Archive - Hyperoartia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hiperoartios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fisher (1994): Fishes of the World. Terceira edición. John Wiley and Sons. ISBN 0-471-54713-1
- Lehman, H. Eugène (1983): Chordate Development. Winston-Salem, North Carolina: Hunter.
- Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7
- Prados, Juan, e Jaume Rodón (2009): Biografía de la lamprea. Ediciones Trea. ISBN 978-84-9704-455-4
- Taverny, Catherine e Pierre Élie (2010): Les lamproies en Europe de l'Ouest: écophases, espèces et habitats. Versailles: Quae. ISBN 978-2-7592-0378-9