Outeiros de Ediacara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os outeiros de Ediacara (en inglés Ediacara Hills ou Ediacara Range, pronunciado /iːdiˈækərə/) son unha serie pequenos outeiros situados na parte setentrional da cadea montañosa Flinders, en Australia Meridional, a uns 650 km ao norte de Adelaida.

Na zona hai antigas minas de cobre e prata, que foron explotadas na segunda metade do século XIX, pero a rexión hoxe é coñecida sobre todo polos es de organismos moi antigos (de hai uns 600 millóns de anos),[1][2] o que fixo que o lugar do territorio onde se acharon se coñeza como xacemento de Ediacara ou sitio paleontolóxico de Ediacara; o período xeolóxico no que viviron, como período ediacárico e o conxunto dos organismos como fauna de Ediacara.

A etimoloxía do topónimo Ediacara non está clara, pero parece provir dalgunha lingua dos aborixes australianos.[3][4] As fontes máis antigas parece que indican que o nome provén de Idiyakra, que sería a designación dun lugar no que hai auga.[5] Pero tamén podería tratarse de Yata Takarra, que significa terreo pedregoso.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Features, Briefing, Name change". The Times (London). 27 May 2004. p. 9. 
  2. Hickey, Georgina; Michael Lee (2005). "A New Age Begins.". Nature Australia 28 (5): 9–10. ISSN 1324-2598. 
  3. Butcher, Andy (26 May 2004). "Re: Ediacaran". LISTSERV 16.0 - AUSTRALIAN-LINGUISTICS-L Archives. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2007. 
  4. "Place Details: Ediacara Fossil Site - Nilpena, Parachilna, SA , Australia". Australian Heritage Database. Commonwealth of Australia. Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities. 
  5. Ediacara Fossil Site - Nilpena, Parachilna citado en Knoll, A., Walter, M., Narbonne, G., & Christie-Blick, N (2004) The Ediacaran Period: A New Addition to the Geological Time Scale. Submitted on behalf of the Terminal Proterozoic Subcommission of the International Commission on Stratigraphy.
  6. Australian Heritage Database, Place name: Ediacara Fossil Site - Nilpena, Parachilna, SA , Australia citado en 2006 en comunicación persoal por John McEntee.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 29°47′51.10″S 138°45′22.08″L / -29.7975278, -138.7561333