Frieiresa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frieiresa
Vaca Frieiresa.png
Descrición da vaca frieiresa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bos
Especie: B. taurus

A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 673 exemplares (2014) distribuídos en 30 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara adiante e cara abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella loira característica.

Boi Frieirés

Evolución da poboación[editar | editar a fonte]

Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 536 119 655 29
2010 616 156 772 32
2011 689 166 855 33
2012 706 139 845 34
2013 634 120 754 31
2014[1] 594 79 673 30

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (ed.). "Aplicación ARCA". Consultado o 22 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]