Fernando Rodríguez Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Rodríguez Méndez
Escritor Fernando Méndez.JPG
Nacemento 1964
Nacionalidade España
Ocupación xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

Fernando Rodríguez Méndez, coñecido tamén como Fernando Méndez, nado en 1964, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou nos ámbitos da comunicación xudicial, sanitaria e empresarial. Ten un mestrado en Drogodependencias e SIDA, e está especializado en comunicación de organizacións, xestión e estratexias da comunicación. Como xornalista exerceu nos periódicos Faro de Vigo e La Región amais de na Televisión de Galicia.[1] Colaborou así mesmo con outros medios de comunicación como El Observador, Cambio 16, Interviú, Radio Minuto, a revista Tiempo e RNE.[2]

Foi xefe de prensa da Consellaría de Agricultura da Xunta de Galicia e director de Comunicación do Parque Tecnolóxico de Galicia. Desde 2012 é asesor de Comunicación na Deputación de Ourense.[Cómpre referencia]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Metílico, 50 años envenenados (2013, Sotelo Blanco).[3] ISBN 978-84-782-4629-8.
  • Mil muertos de un trago: el caso de bebidas envenenadas con alcohol metílico (1998, Península).[3] ISBN 978-84-830-7096-3.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La noche y los guerreros de fuego. Obra colectiva. Premio Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011).

Galardóns e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional Raíña Sofía de Xornalismo sobre Drogas (1992 e 1993).
  • Premio Xunta de Galicia de Xornalismo en Drogodependencias (1990, 1991 e 1995).
  • Premio Nacional de Xornalismo Julio Camba de reportaxes (1991).
  • Finalista do Premio de investigación xornalística "Rodolfo Walsh" (1999).
  • Segundo premio Hebe Plumier de relatos (2010).
  • Premio Vicente Risco de Creación Literaria (2010) coa súa primeira novela Deus xogando aos dados.[4]
  • Premio Literario Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011).
  • Finalista do IV Premio de Novela Qué Leer - Volkswagen (2011).
  • Finalista do XX Premio Edebé de Literatura Xuvenil (2012).
  • Finalista do Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela, pola súa obra “Deus xogando aos dados” (2012).
  • Finalista do XXXII Premio Felipe Trigo de Novela (2012).
  • Premio internacional de xornalismo de investigación Ana María Agüero Melnyczuk pola súa obra "El Caso Metílico" (Arxentina, 2013).
  • VI Premio de Novela "Ciudad de Almería" (2014) pola súa obra Nunca guardes las cosas rotas.
  • Premio “Ramón Puga”, Radio Ourense Cadena Ser, á mellor novela pola obra Cuatro esquinitas tiene mi cama (2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Currículo do escritor nunha nova aparecida en Faro de Vigo (en castelán).
  2. Ficha en Galaxia
  3. 3,0 3,1 3,2 O Caso do metílico foi un abrocho de intoxicación alimentaria acaecida en Galicia e nas illas Canarias en 1963, por consumo de bebidas alcohólicas elaboradas a partir de alcohol metílico, co resultado de 51 falecidos e 9 persoas cegas, aínda que se estima que a cifra real de mortos puido contarse por milleiros.
  4. Fernando Rodríguez Méndez obtén o premio Risco de narrativa con «Deus xogando aos dados», nova en La Voz de Galicia o 21 de novembro de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]