Saltar ao contido

Caldelá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caldelá

Descrición da vaca caldelá
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bos
Especie: B. taurus

A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 1 636 exemplares (2022). A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén de Castro Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.

Morfoloxía e datos produtivos

[editar | editar a fonte]

Agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. O talle á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos.

Machos Femias
Altura á cruz (cm) 132 128
Peso adulto (kg) 650 450

[1]

Os animais de raza Caldelá teñen un temperamento tranquilo que conduce a unha grande docilidade, e polo tanto, a un bo manexo e a súa consecuente utilización para o traballo.[1] Trátase de animais rústicos, de grande aptitude maternal e temperamento tranquilo, características que conducen a unha grande docilidade e a un excelente manexo.[2]

As canais teñen boa conformación e son moi compactas, proporcionando uns rendementos arredor do 49%. Esta carne presenta uns niveis adecuados de proteína de alta calidade, con elevados contidos de aminoácidos esenciais como treonina, valina, lisina e fenilalanina. [2]

A carne non é excesivamente graxa, pero a súa distribución é adecuada, con valores de graxa intramuscular que superan o 2%. Proporcionándolle previamente unha maduración apropiada obtéñense unhas características organolépticas excelentes, dando lugar a unha carne saborosa, xugosa e tenra. [2]

Usos e sistemas de explotación

[editar | editar a fonte]

O uso principal é para produción de carne. Non se trata dunha raza produtora de carne cuantitativamente, senón cualitativamente. Os xatos teñen unha grande calidade natural e poden alcanzar ata os 150 kg/canal ao destete ou, se se comercializan máis tarde, pódense obter rendementos superiores ao 50%. [3]

Explótase habitualmente en sistemas mixtos de estabulación e pastoreo. A alimentación oscila en función da época do ano, que pode ser herba do prado, feo e algunhas raíces subministradas nos períodos de estabulación, así como pastos naturais cando o gando permanece continuamente en extensivo. [3]

Esta raza resulta idónea para explotacións en réxime extensivo, xa que son capaces de facer un bo aproveitamento dos recursos pastables de alta montaña na súa maioría. [2]

Evolución da poboación

[editar | editar a fonte]
Boi de raza caldelá
Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 1 076 298 1 374 59
2010 1 210 305 1 515 58
2011 1 315 272 1 587 55
2012 1 226 234 1 460 50
2013 1 110 209 1 319 51
2014 1 136 168 1 304 48
2015 1 269 209 1 478 50
2016 1 291 229 1 520 50
2017 1 286 166 1 452 45
2018 1 233 171 1 404 47
2019 1 288 176 1 464 46
2020 1 338 225 1 563 45
2021 1 331 186 1 517 43
2022 1 405 221 1 636 38
2023 1499 210 1709 42
Gráfica de evolución demográfica da vaca caldelá entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[4]
  1. 1,0 1,1 "Raza bovina CALDELÁ. Datos Morfológicos". Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Consultado o 04/06/2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "CALDEGA-Características productivas". BOAGA. Consultado o 04/06/2025. 
  3. 3,0 3,1 "Raza bovina CALDELÁ. Usos y sistema de explotación". Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Consultado o 04/06/2025. 
  4. "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 30 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]