José García Liñares
José García Liñares | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1950 |
Lugar de nacemento | Tordoia |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José García Liñares, nado en Tordoia o 3 de xaneiro de 1950, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Arquitecto técnico. Concelleiro do PSdeG-PSOE en Cerceda, en febreiro de 1995 foi elixido alcalde trala dimisión de Fernando Martínez González. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerceda e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. En marzo de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Fútbol.[1] Foi deputado provincial entre 1995 e 2011, e novamente de 2015 a 2019.
En 2019 foi condenado a un ano e medio de prisión e 16 anos de inhabilitación por prevaricación e fraude á Administración pola licitación e adxudicación dunha obra en 2015 de 325.000 euros.[2]
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.[3] En xaneiro de 2020 presentou a súa dimisión e foi substituído polo tamén socialista Juan Manuel Rodríguez García.
Predecesor: Fernando Martínez González |
![]() Alcalde de Cerceda 1995 - 2020 [4] |
Sucesor: Juan Manuel Rodríguez García
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "José García Liñares es el nuevo presidente de la Federación Gallega". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2011.
- ↑ Longueira, Toni (27-02-2019). "El alcalde de Cerceda, inhabilitado 16 años, en el pleno: «O alcalde son eu»". lavozdegalicia.es. Consultado o 28-02-2019.
- ↑ Concello de Cerceda na FEGAMP
- ↑ Dos alcaldes para un concello
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "García Liñares, José". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.