Conversa:Assembleia da Mocidade Independentista

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Eliminei a frase "e son considerados polo independentismo como presos políticos" porque non se pode xeneralizar de tal maneira. A non todos os independentistas lles gusta pór bombas... nin sequera creo que sexa unha parte importante. AlberteSi, digame? 18:25, 10 xullo 2007 (UTC)

a respeito das mudanças de 4 de Abril[editar a fonte]

Xabier, evidentemente o artigo é melhorável, e podes considerar que falta à neutralidade devida. Mas a alternativa que propos nem me parece a mim que ganhe em neutralidade e, sobretodo, nom ganha em informaçom. Por exemplo, AMI obviamente pretende potenciar o independentismo entre a mocidade, mas como? Quer dizer, umha cousa é um fim político e outro como implementar as medidas e actividades necessárias para isto. Assim AMI aposta no fortalecimento de um Movimento Juvenil Galego (MJG). Ou seja, umha rede de grupos e pessoas que compartilham uns objectivos amplos (no ideológico) e umhas sinergias comuns concretas (no prático). O que tu dizes é certo, mas incompleto. Se pretendemos melhorar o artigo nom creio que seja a maneira eliminar informaçom pertinente para quem quiger saber algo da AMI. É falso que AMI organize centros sociais, etc, etc, no sentido de que a participaçom de AMI é umha mais dentro do MJG. Quer dizer, nom é AMI que organiza, mas um movimento mais amplo (muito mais), dentro do que se encontra AMI, o que organiza. Outra cousa que me parecia importante (polo relevante e diferente que é nesta sociedade) era dizer que a AMI em particular nom só organiza actividades de lazer, mas sobretodo que pretende criar um lazer alternativo, fora do circuito consumista e espanhol(izante). E nom falemos de neutralidade quando se nos escapara (hei-de reconhecer que por umha leitura rápida demais a mim também) esta barbaridade: ""dous membros de AMI colocaron un artefacto explosivo"" Isto está demonstrado? Se nem sequer tivo lugar o juízo!! A judicatura espanhola e a fiscalia acusam de, mas nem se provou nem nada polo estilo. Ou é a wikipédia agora um julgado? Creio que a redacçom é melhorável, e entre todos mehoraremo-la, mas nom tiremos informaçom.

Vou retirar a información relativa ao MJG, posto que non parece ser unha entidade real. Vou tamén retirar a información relativa ao carácter "alternativo" porque iso é unha opinión, e non precisamente neutral. tentarei incorporar os trocos que ti sinalas, e que parecen sensatos. Un saúdo. --Xabier Cid 00:13, 5 abril 2008 (UTC)

Opinións e non informacións[editar a fonte]

No artigo hai unha frase que debería ser borrada, xa que é unha opinión do editor non verificable (realmente, imposible de verificar e tan "certa" como a contraria): "A militancia da AMI sufriu historicamente, e debido á súa actividade, a represión do estado español. Multas, sancións, presións ás familias ou no traballo, tentativas de infiltración policial, seguimentos...".

Por outra banda, utilízase a palabra "antidesenvolvementismo" non xa só inexistente senón impronunciable. O editor -que sabe o que quere dicir con esa palabra- debería cambiala por unha redacción máis válida e máis comprensible.

Pedro --Lameiro (conversa) 21:34, 4 abril 2008 (UTC)

  • Concordo. Outra cousa: algunha etiqueta de "cómpre referencias" tampouco estaría nada mal. ----

Acertando...[editar a fonte]

A verdade é que ainda nom sei pôr as referências, mea culpa, hei-de fazê-lo neste domingo. Porei polo menos na parte da repressom. Achei acertadas, polo menos em parte, as vossas intervençons. Deixei entom só as actividades repressivas assumidas polas "duas partes", e tentarei acertá-lo mais quando puder. --Travessas 22:08, 4 abril 2008 (UTC)

A web oficial non furrula, podería ser un fallo temporal.--Cheluco 14:13, 12 de outubro de 2010 (UTC)
A min si me vai[1] --Atobar (conversa comigo) 14:18, 12 de outubro de 2010 (UTC)
A min tampouco me vai. Creo lembrar que foi intervida pola Guardia Civil hai algún tempo, se non me engano. Quizáis iso determine que só se pode acceder a ela fóra do estado español, e como Atobar está en Dinamarca por iso lle vai.--Paradanta (Cóntame) 14:21, 12 de outubro de 2010 (UTC)
  • Nese caso se cadra o mellor é mantela pero explicando nunha nota isto que apunta Paradanta. --Atobar (conversa comigo) 14:54, 12 de outubro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Assembleia da Mocidade Independentista. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 09:02 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Assembleia da Mocidade Independentista. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 11 de setembro de 2018 ás 21:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Assembleia da Mocidade Independentista. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 17 de outubro de 2019 ás 00:17 (UTC)[responder]