Afonso I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Afonso Henriques»)
Afonso I de Portugal
Conde de Portugal
Rei de Portugal
Retrato de Afonso I (data descoñecida)
Conde de Portugal
1112 - 1139
PredecesorHenrique de Borgoña
Sucesorasume o título de rei de Portugal
Rei de Portugal
1139 - 1185
Predecesorel mesmo, como conde de Portugal

Nome completoAfonso Henriques
Nacementoca. 1109
Guimarães ?, Viseu ?, Coímbra ?
Falecemento6 de decembro de 1185
Coímbra
SepulturaMosteiro de Santa Cruz, Coímbra
ConsorteMafalda de Savoia
DescendenciaHenrique de Portugal
Mafalda de Portugal
Urraca de Portugal
Sancho
Teresa de Portugal
Xoán de Portugal
Sancha de Portugal
Casa realBorgoña
ProxenitoresHenrique de Borgoña
Teresa de León

Escudo de Afonso I de Portugal
Escudo de Afonso I
Na rede
WikiTree: Portugal-79 Find a Grave: 11797223 Editar o valor em Wikidata

Afonso I de Portugal ou Afonso Henriques, alcumado O Conquistador, O Fundador ou O Grande, e chamado polos árabes Ibn-Arrik (fillo de Henrique) ou El-Bortukali (o Portugués), nado en Guimarães, Viseu ou Coímbra contra 1109 e finado en Coímbra o 6 de decembro de 1185, foi o primeiro rei de Portugal.

Era fillo de Henrique de Borgoña e de Teresa de Portugal, señores do Condado portucalense, condado dependente do Reino de Galicia.[1]

Despois da morte do seu pai, Afonso tomou unha posición política oposta á da nai, que contaba co apoio do seu conxugue Fernando Pérez de Trava e da súa poderosa familia. Pretendendo asegurar o dominio do condado armouse cabaleiro en Tui e, tras vencer á súa nai e aos Trava na batalla de San Mamede en 1128, asumiu o pleno goberno do condado, concentrando entón os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.[1]

En 1139, despois da vitoria na batalla de Ourique contra un continxente mouro, Afonso Henriques proclamouse rei de Portugal co apoio das súas tropas. A independencia de Portugal foi recoñecida polo seu curmán Afonso VII en 1143, no tratado de Zamora, debido ao desexo deste en tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar de reis como vasalos. En 1179, o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñeceuno como rex (rei).[1]

Co apoio de cruzados do norte de Europa conquistou Lisboa en 1147. Pacificado o país, proseguiu as conquistas aos mouros, empurrando a fronteira para o sur, desde Leiria até o Alentejo, máis que duplicando o territorio que herdara.

O nacemento de Portugal: antecedentes[editar | editar a fonte]

Vermudo III, fillo do rei Afonso V o Nobre e da aristócrata galega Elvira Meendiz, herdou o goberno de toda Galicia con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como Imperator in Gallecia, é dicir, "emperador en Galicia", desde a cidade de León —daquela capital do reino— tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela. Para iso propiciou o matrimonio entre a súa irmá, Sancha, co conde castelán García Sánchez. Pero ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior, que o cede ao seu fillo Fernando quen remata por casar con Sancha. O feito de que o mozo Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalaría e morrera dunha lanzada, permitiu a navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón.

Mapa do reino durante o goberno de Sancha e Fernando I antes do ano 1065.
Mapa que amosa a fragmentación do reino despois do ano 1065, dividíndose da seguinte maneira:      Dominios de García II (Galicia).      Dominios de Afonso VI (León).      Dominios de Sancho II (Castela).
A partir do ano 1028, Afonso Henriques gobernou independentemente o Condado Portucalense (Portugal) separado definitivamente do resto do reino de Galicia.
Mapa co reino de Portugal contra o ano 1157:      Dominios de Afonso Henriques.

Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha (Sancha), que sería coroada como raíña (Sancha I). Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de toda Galicia (domus Fernandus princeps super omnem Galletiam)[2], gobernando desde a cidade de León. Ambos conseguiron non só manter o territorio herdado senón tamén amplialo, recuperando algunhas cidades perdidas como a importante Coímbra, que volvía render vasalaxe aos reis galegos, pese a que o seu gobernador fose musulmán.

Pero a morte do rei Fernando I en 1065 supuxo un novo conflito interno, pois no canto de recaer a coroa nun único herdeiro, o goberno foi disputado polos seus tres fillos maiores, que pasaron a gobernar autonomamente os territorios nos que conseguiran establecer relacións familiares. Se ben é verdade que parte da historiografía considera tal feito como un repartimento xa predisposto por Fernando I antes da súa morte, a titulación de Sancha como raíña aínda, e a ausencia de calquera documento de repartición feito por Fernando I ou Sancha induce a pensar que non existiu tal repartición. Anos máis tarde, cada un dos tres fillos aparecía gobernando diferentes territorios en calidade de reis, así o maior, Sancho II dominou as terras orientais, o condado de Castela grosso modo, Afonso VI a capital, León, e as súas terras próximas así como Asturias, o terceiro García I herdou as terras galegas entre Coímbra e o Cabo Ortegal. Aínda que esta situación tivo por consecuencia a fragmentación política do reino de Galicia, "Galicia" (po Galiza) seguiu sendo o termo que se empregaba para denominar o conxunto destas terras.

García I restaurou as sés de Tui e Braga (a antiga metrópole sueva), e venceu varios conatos de anexión, pero finalmente foi derrotado polos exércitos dos seus irmáns Sancho II de Castela e Afonso VI en 1071[3], que o encarceraron no Castelo de Luna (León)[4] sendo prisioneiro até a súa morte no ano 1090. Os irmáns de García asinarían xa no ano 1071 co título de reis de Galicia na documentación galega do momento. García morreu en marzo de 1090 na prisión do castelo, e sempre se lle recoñeceu a dignidade real.

Esta nova situación non se acadou sen resistencias, pois García contaba con nobres leais que se opuxeron á usurpación de Afonso VI, tales como o conde Rodrigo Ovéquiz que encabezou unha rebelión no ano 1080 abertamente respaldada polo bispo de Santiago Diego Páez. Este foi finalmente deposto no Concilio de Husillos (1088), e entre os motivos de tal deposición cítase un presunto intento de concertar un acordo con Guillerme o Conquistador[5].

A princesa Urraca gobernou Galicia xunto co seu marido Raimundo até que en 1093 Afonso VI decide separar o condado de Portugal de Galicia e concederllo a Henrique e Teresa.
Tombo A da catedral de Santiago.

Tras a morte de García en prisión, en 1096 Afonso VI dividiu o territorio galego en dous condados. En 1091 a súa filla, a princesa Urraca casara co nobre borgoñón Raimundo de Borgoña, que asistira a Afonso na loita cos almorábides. As vitorias militares de Raimundo e a altura das súas relacións familiares en Europa propiciaran a conveniencia do enlace matrimonial, matrimonio ao que Afonso VI outorgou un importante dote: o goberno das terras galegas, desde o Ortegal até Coímbra, co título de condes.

Dous anos máis tarde, en 1093, outro cruzado francés, Henrique de Borgoña, neto do duque Roberto I, tomaba a man da filla máis nova de Afonso VI, Tareixa de León recibindo o goberno do Condado de Portugal, así como o de Coímbra, fundado o ano 868 polo nobre galego Vimara Pérez, e que comprendía as terras situadas entre os ríos Limia e Douro.

Artellábase deste xeito, unha complexa rede de relacións feudais; por unha parte, o rei Afonso VI, que gobernaba toda a Galicia e Toledo, recibía vasalaxe feudal de Raimundo e Urraca, que gobernaban s terras galegas desde Ortegal até Coímbra, e estes, á súa vez recibíana, de Tareixa e Henrique de Borgoña.

As constantes derrotas sufridas ante os almorábides e o crecente descontento do rei coa política administrativa do seu xenro Raimundo, levaron a Afonso VI a retirar os dereitos feudais que este e Urraca tiñan sobre o Condado Portucalense, equiparando o dominio destes ao de Henrique e Tareixa.

Mapa do Condado Portucalense contra 1070.

Así pois, aínda que o Condado Portucalense seguía a formar parte de Galicia, na práctica os seus condes deixaban de prestárenlle vasalaxe a Raimundo de Borgoña e Urraca, pasando a prestallo directamente ao rei de toda Galicia, Afonso VI, o que provocou certo descontento entre a nobreza galega ao norte do río Miño.

Á morte de Henrique no ano 1112 sucedeulle a viúva deste, Tareixa, no goberno dos dous condados durante a menoridade do seu fillo Afonso Henriques. Formáronse dúas tendencias, a de achegamento á política común galega, co novo rei, o ambicioso Afonso Raimúndez, ou o mantemento dun forte poder condal con aspiracións á proclamación real do herdeiro condal, do non menos ambicioso, seu primo Afonso Henriques. O ascenso de Compostela á condición de metropolitana en detrimento da histórica Braga e a tendencia de achegamento de Tareixa á política ao norte do Miño, materializado na súa estreita relación con Fernando Pérez de Traba precipitaron os acontecementos no condado de Portugal. O arcebispo de Braga —arrebatado das reliquias de San Froitoso polo mesmo Xelmírez en 1102,[6]— e os grandes aristócratas portugueses —interesados nun maior poder territorial— foron os principais valedores das pretensión reais de Afonso Henriques. Ante tal situación o rei galego Afonso VII viaxou a Portugal sitiando a Afonso Henriques en Guimarães, até conseguir a súa promesa de fidelidade, que finalmente lle comunicou seu aio Egas Muñiz.

Os primeiros anos de goberno de Afonso: nace Portugal[editar | editar a fonte]

Bandeira do condado Portucalense de Henrique de Borgoña, a primeira bandeira do reino de Portugal.

Pouco despois das promesas de fidelidade, apenas uns meses, en 1128, ante o incumprimento de Afonso Henriques, o pérfido galego, señor de Coimbra[7] —como o denomina o cronista Ibn Sahib al-Salah—, as tropas de Tareixa e Fernando Pérez de Traba libran a batalla de San Mamede (1128), onde as tropas portucalenses saen vitoriosas, asumindo Afonso o pleno goberno do condado e concentrando entón todos os seus esforzos en obter o recoñecemento deste como reino.

Despois da morte de Tareixa, tras a batalla de Ourique contra os musulmáns, en 1139, Afonso consolida finalmente o condado, autoproclamándose rei, sendo aclamado polos seus soldados.

Véxase tamén: Batalla de Ourique.

A independencia de Portugal pronto foi recoñecida por Afonso VII de León e Castela, o curmán de Afonso Henriques, pese as tensións pasadas, como a invasión de Tui por Afonso Henriques en 1137, finalizada tras a sinatura do tratado de Tui. A independencia de Portugal foi recoñecida por Castela no tratado de Zamora en 1143, debido ao desexo de Afonso VII de tomar o título de emperador de toda a Hispania e, como tal, necesitar ter reis como vasalos. Finalmente, o recoñecemento formal do Reino de Portugal foi en 1179, cando o papa Alexandre III, a través da bula Manifestis Probatum, recoñece a Afonso como rex (rei).[8].

Nacía entón un reino que, formando o seu territorio parte da Gallaecia dende o Imperio Romano, e tendo albergado incluso a capital do reino (Braga) durante moito tempo, adquiría a partir de agora a súa propia personalidade precisamente na medida en que se diferenciaba da monarquía galego-leonesa, cuxos líderes radicaban en León e Compostela[9].

Expansión do reino[editar | editar a fonte]

Estatua de Afonso Henriques en Guimarães

Desde entón, Afonso I procurou consolidar a independencia. Fixo importantes doazóns á Igrexa e fundou diversos conventos. E dedicouse con grande empeño ao emgrandecemento do territorio cara ao sur, conquistando terras aos musulmáns: Leiria (1145), Santarém (1147), Lisboa (coa axudo dos cruzados), Almada e Palmela (1147), Alcácer do Sal (1160) e despois case todo o Alentejo, que posteriormente sería recuperado polos mouros, pouco antes de que Afonso falecera en 1185. Esta actividade mereceulle o alcume de O Conquistador.

Artigos principais: Batalla de Sacavém e Toma de Lisboa.

Tal como fixeron despois os seus sucesores, aproveitou os servizos das ordes monástico-militares, para combater os sarracenos e para desenvolver a riqueza do país, que se baseaba na agricultura. As máis famosas foron a Orde do Temple (despois de Cristo), con sé en Tomar, a Orde de Santiago, con sé en Palmela, a Orde de Calatrava, con sé en Avis, e a Orde do Hospital (ou de Malta), con sé no Crato.

Protexeu a fundación de diversos mosteiros, a maior parte deles na rexión entre os ríos Miño e Mondego, en particular beneditinos e do ramo cisterciense; o seu pai dera preferencia á rama cluniacense. No seu tempo construíuse o importante mosteiro de Alcobaça, un dos máis célebres monumentos relixiosos de Portugal (a súa igrexa é a maior do país).

Casou cunha princesa italiana, Mafalda de Savoia e Piemonte.

Gobernou de 1128 até 1185.

Boa relación con xudeus[editar | editar a fonte]

O reinado de Afonso Henriques ficou marcado pola tolerancia cos xudeus. Estes estaban organizados nun sistema propio, representados politicamente polo gran rabino nomeado polo rei. O gran rabino Yahia Ben Yahia foi mesmo escollido para ministro das Finanzas de Afonso Henriques, responsábel da recolecta de impostos no reino. Con esta escolla iniciouse unha tradición de escoller xudeus para a área financeira e de manter un bo entendemento coas comunidades xudaicas, que foi seguida polos seus sucesores.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Túmulo de Afonso Henriques no Mosteiro de Santa Cruz en Coímbra

Xenealoxía[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Roberto II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Roberto I de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Constanza de Arlés
 
 
 
 
 
 
 
4. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Hélie de Semur
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Sibila de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Afonso I de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Sancho Garcés III de Pamplona
 
 
 
 
 
 
 
12. Fernando I de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Maior de Castela
 
 
 
 
 
 
 
6. Afonso VI de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Afonso V de León
 
 
 
 
 
 
 
13. Sancha de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Elvira Menéndez
 
 
 
 
 
 
 
3. Teresa de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Ximena Muñoz
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Afonso I de Portugal
Nacemento: 25 de xullo 1109 Falecemento: 6 de decembro 1185


Títulos Reais
Precedido por
Novo título


Rei de Portugal
1139 – 1185
Sucedido  por
Sancho I de Portugal
Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Henrique de Borgoña


Conde de Portugal
1112 – 1139
xunto con Teresa de León (1112 – 1126)
Sucedido  por
Desaparición do título

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "D. Afonso Henriques". Infopédia (en portugués). Porto Editora. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  2. Documento n. 534 do Tombo de Celanova, ano 1060.
  3. Esta historia chegou a inspirar a Victor Hugo a creación da epopea Le Petit Roi de Galice (traducida como O reiciño de Galicia), incluída na primeira serie da obra La Légende des siècles.
  4. Alonso-Cortés, Carolina-Dafne. Sota de copas, reina de espadas (en castelán). KNOSSOS. p. 49. ISBN 9788492224647. 
  5. Rivero González, I. Compendio de historia medieval española. ISTMO. ISBN 978-84-7090-125-6. (en castelán)
  6. Lieber Gerson, Paula; Stones, Alison e Krochalis, Jeanne (1998). The pilgrim's guide to Santiago de Compostela: the pilgrim's guide : a critical edition (en inglés). Harvey Miller Publishers. ISBN 0-905203-52-6. 
  7. De Almeida, Fortunato. (1922). História de Portugal (en portugués) 1. Oxford University. 
  8. Associaçom Galega da Língua, ed. (1986). Actas: I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza : Ourense, 20-24 Setembro 1984 (en portugués). ISBN 9788439854906. 
  9. López Carreira, A. (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A. ISBN 84-96403-54-8. [1]. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ventura, Maria Helena (2007): Afonso o Conquistador. Parede, Portugal: Edições Saída de Emergência. 2ª ed. ISBN 978-972-8839-85-7. (Biografía-novela histórica, ben documentada).

Outros artigos[editar | editar a fonte]