Urraca Henriques
Urraca Henriques | |
---|---|
![]() | |
Urraca representada no Tumbo de Toxos Outos (figura feminina da dereita). | |
Nacemento | 1095 Guimarães |
Falecemento | 1173 Nogueirosa, Pontedeume |
Cónxuxe/s | Vermudo Peres de Trava [1] |
Casa real | Casa de Borgoña |
Proxenitores | Henrique de Borgoña Tareixa, condesa de Portugal |
Na rede | |
![]() | |
Urraca Henriques nada en Guimarães[2] no ano 1095 e finada en Nogueirosa, Pontedeume en 1173, foi unha nobre galega filla dos primeiros condes do condado portucalense, Henrique de Borgoña e Tareixa de León e irmá do primeiro rei de Portugal, Afonso I.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Casou con Vermudo Pérez de Traba, magnate galego, membro da casa de Traba —a máis poderosa da Galicia altomedieval— fillo de Pedro Froilaz de Traba, conde de Traba e de Urraca Fróilaz e irmán do amante da súa nai,[2] en 1122. [3][4]
En 1148, o seu esposo encargoulle ao abade do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos a construción dun convento en Nogueirosa, preto de Pontedeume. Este lugar formaba parte do dote que lle dera á infanta Urraca o 25 de xullo de 1122. Máis tarde, en 1150, Urraca dooulle ao abade e ao mosteiro varios bens coa condición de que ela e catro damas da súa familia fosen admitidas como relixiosas no convento de Santa María de Nogueirosa.[5]
Preto de 1160, Vermudo ingresou como monxe no mosterio de Santa María de Sobrado, que fora fundado polos seus antepasados, onde morreu en 1168 aos 80 anos.[5][6]
Urraca retirouse tamén probablemente o mesmo ano que o seu esposo ao mosteiro de Nogueirosa onde morreu en 1173 e foi enterrada na igrexa do seu convento.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López Sangil 2002, p. 89.
- ↑ 2,0 2,1 "Urraca (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico (en portugués). p. 246. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de febreiro de 2014.
- ↑ López Sangil 2002, p. 55.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 322.
- ↑ 5,0 5,1 López Sangil 2002, p. 62.
- ↑ Torres Sevilla-Quiñones de León 1999, p. 326.
- ↑ López Sangil 2002, p. 62–64.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Sangil, José Luis (2002). La nobleza altomedieval gallega, la familia Froílaz-Traba. Noia, A Coruña: Editorial Toxosoutos, S. L. ISBN 8495622688.
- Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Salamanca: Junta de Castilla y León, Consejería de Educación y Cultura. ISBN 84-7846-781-5.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urraca Henriques ![]() |