Xoán III de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Xoán III de Portugal, alcumado O Piadoso ou O Pío dada a súa devoción relixiosa, nado o 7 de xuño de 1502 e finado o 11 de xuño de 1557, foi Rei de Portugal. Sucedeu en 1521 ó seu pai, D. Manuel I, morto no auxe do seu poder aos 52 anos de idade, que reinou durante 26 anos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ascendeu ao trono cando Portugal posuía cidades fortificadas no Norte de África e os seus mariñeiros tiñan navegado nos océanos Atlántico, Índico e Pacífico, espallándose polas illas atlánticas, polas costa occidental e oriental de África, India, Malaisia, Illas do Pacífico e posiblemente Australia, a China e o Brasil. Destacada entre as potencias europeas desde o punto de vista económico e diplomático, mais o país non chegaba a un millón e medio de habitantes. Durante o seu reinado Portugal adquiriu novas colonias en Asia - Chalé, Diu, Mumbai, Baçaim e Macau.
Antonio Mota, Francisco Zeimoto e Antonio Peixoto chegaron ao Xapón sendo os primeiros europeos a visitar este arquipélago. Comezou a colonización do Brasil. Ao mesmo tempo deuse o abandono dalgunhas cidades fortificadas en Marrocos, como Safim, Azamor, Arzila, Aguz e Alcácer-Ceguer, debido ao custo da súa defensa contra os ataques dos xerife musulmáns. Coa Inglaterra intensificou as relacións comerciais, o mesmo acontecendo cos países do Báltico e Flandres.
Xoán preocupouse efectivamente co pleno dominio do Brasil, que dividiu en Capitanías-donativos, as coñecidas Capitanías hereditarias, establecendo un goberno nacional en 1548.
Houbo sen dúbida un aire de renovación cultural no seu reinado, preponderante na afirmación do renacemento portugués. Na literatura aparece o poeta máis coñecido mundialmente Luís de Camões, así como Garcia de Resende, Sá de Miranda, Bernardim Ribeiro e João de Barros. Na náutica xurdiu Pedro Nunes, na botánica Garcia de Orta, na arquitectura Francisco de Holanda, Miguel de Arruda e Xoán de Castillo. Outros nomes foron Luís Vives, André de Resende, Damião de Góis, Xoán de Rouen e Nicolás Chanterrene. Erasmo dedicoulle unha das súas obras e o rei tería pensado desde o contratar a profesor da nova universidade de Coímbra, creada en 1537. Foi no seu reinado que se crearon bolsas de estudo no estranxeiro e o Colexio das Artes.
Xoán III era, con todo, moi relixioso, o que o tornou dócil diante do poder da igrexa e permeable á introdución da Inquisición en 1536, pois o movemento luterano era xa unha realidade europea. As consecuencias sociais foron desastrosas, pois provocou inseguridade nos cristiáns novos, obrigando ao exilio a moitos comerciantes xudeus, facendo que os recursos fosen financiados con empréstitos estranxeiros.
Sucedeulle o seu neto, D. Sebastián, xa que ningún dos seus fillos sobreviviu á súa morte.
Rei de Portugal | ||
---|---|---|
Segue a: Manuel I de Portugal |
Xoán III de Portugal | Precede a: Sebastián I de Portugal |
Dinastía de Avis-Bexa |