Pedro V de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro V de Portugal

Pedro V de Portugal, alcumado o Esperanzado, (nado en Lisboa o 16 de setembro de 1837 e falecido o 11 de novembro de 1861), foi rei de Portugal entre 1853 e 1861.

Era o fillo maior da raíña María II e do rei consorte Fernando II. Pedro V foi un rei traballador que, guiado polo seu pai, realizou unha modernización radical no Estado portugués e nas súas infraestruturas. Durante o seu reinado, construíronse estradas, telégrafos e vías férreas; tamén se realizaron melloras na saúde pública.

Estas melloras, con todo, non serviron para salvar a vida do novo rei que morreu de cólera en 1861. Estaba casado coa princesa Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen pero non tiveron fillos, así que o trono pasou ao seu irmán Luís.


Predecesor:
María II e Fernando II
Rei de Portugal
1853-1861
Sucesor:
D. Luís I
Predecesor:
-
Príncipe Real de Portugal
1837-1853
Sucesor:
Carlos I de Bragança
(I de Portugal)
Predecesor:
María II de Bragança
(II de Portugal)
Duque de Bragança
1837-1853
Sucesor:
Carlos I de Bragança
(I de Portugal)


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pedro V de Portugal