Fernando I de León
Fernando I de León | |
---|---|
![]() Fernando I, segundo unha miniatura do Tombo A da catedral de Santiago de Compostela. | |
Nacemento | c. 1016 |
Lugar de nacemento | Navarra |
Falecemento | 27 de decembro de 1065 |
Lugar de falecemento | León |
Soterrado | Basílica de Santo Isidoro de León |
Nacionalidade | Reino de Pamplona |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | político, rei e gobernante |
Pai | Sancho III O Maior |
Nai | Munia Sánchez de Castela |
Cónxuxe | Sancha I de Galicia |
Fillos | Urraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León e García II de Galicia |
Irmáns | García III de Navarra, Ramiro I de Aragão, Gonzalo of Sobrarbe and Ribagorza e Jimena Sánchez |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de Galiza[1] ou de León[a] dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.
Era fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza[2] polo seu matrimonio con Sancha, irmá do seu rei e señor, Vermudo III, contra o que se levantou en armas e que faleceu sen deixar descendencia loitando contra Fernando na batalla de Tamarón.
Os primeiros dezaseis anos de reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o seu reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas leonesas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
Levou a cabo unha enerxética actividade de Reconquista, tomando as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064). Amais, someteu varios dos reinos de taifas ao pago de parias ao reino leonés. Antes de morrer dividiu os seus dominios entre os fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, o favorito, correspondeulle o Reino de León mailo título imperial, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu o Reino de Galiza mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real, e unhas rendas adecuadas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Casou con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Meendiz, no 1032. No 1035 herdou o condado de Castela do seu pai Sancho III o Maior, rei de Navarra.
No 1037 a súa esposa Sancha herdou o reino de Galiza do seu irmán Vermudo III. O conde lugués Munio Rodríguez e súa nai Ocrocia Gosteez erguéronse contra o rei en 1038.
Á súa morte no 1065 repartiu as súas posesións entre os seus cinco fillos: entregou o condado de Castela a Sancho, o reino de León a Afonso e o reino de Galiza a García. Ás fillas Urraca e Elvira doou as cidades de Zamora e Toro, respectivamente.
Fernando I de León Dinastía Ximena Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067
| ||
Outros títulos Nobiliarios | ||
---|---|---|
Precedido por Vermudo III | ||
Rei consorte de Galicia 1037–1065 |
Sucedido por Afonso VI | |
Sucedido por García II | ||
Sucedido por Sancho III | ||
Precedido por García Sánchez de Castela
|
Conde de Castela 1028–1065 |
Sucedido por Remata o título condal |
Notas[editar | editar a fonte]
- Referencias
- ↑ Interim Fernandus Sanciam, filiam Adefonsi Galiciensis regis: Fernando en calidade de consorte de Sancha, filla de Afonso [V], rei de Galiza" (López Carreira (2005), p. 328)
- ↑ Documento n. 534 do Tombo de Celanova. 1060.
domus Fernandus princeps super omnem Galletiam
.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fernando I de León ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- López Carreira, Anselmo (2005). O reino medieval de Galicia. Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96403-54-8.