Sancha I de Galicia
Sancha I de Galicia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1018 |
Falecemento | 7 de novembro de 1067 |
Lugar de falecemento | León |
Soterrada | Basílica de Santo Isidoro de León |
Nacionalidade | Reino de León |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | raíña rexente |
Pai | Afonso V o Nobre |
Nai | Elvira Méndez |
Cónxuxe | Fernando I de León |
Fillos | Urraca de Zamora, Sancho III, Elvira de Toro, Afonso VI de León e García II de Galicia |
Irmáns | Vermudo III e Ximena de León e de Galiza |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Sancha I de Galicia, nada en 1018 e finada en León o 7 de novembro de 1067, foi unha nobre medieval galega, raíña de Galicia desde o ano 1037.
Filla do rei de Galicia Afonso V[2] e da súa esposa, a raíña Elvira Méndez, foi infanta e raíña de toda a Galicia altomedieval,[3] converténdose o seu marido, o conde de Castela Fernando I,[4] en rei consorte pero con poder efectivo á morte de Vermudo III,[5] irmán da raíña Sancha, que perdeu a vida na batalla de Tamarón.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sancha era filla de Afonso V e da súa esposa Elvira Méndez, e irmá de Vermudo III. Criouse no mosteiro de Piadela[6][7] e foi a herdeira final dos dereitos ao trono do Reino de Galicia como filla do rei Afonso V e irmá de Vermudo III, dereitos que lles transmitiu aos seus fillos. O que sería o seu marido, Fernando I adquiriu o título de rei, tras casar con Sancha, se ben paradoxalmente Fernando fora un dos cabaleiros navarros que acabara coa vida do seu irmán, e rei, Vermudo III. Antes de casar co navarro Fernando I, estivo prometida con García Sánchez, conde de Castela. Cando ía coñecer a infanta, este foi asasinado pola familia Vea nas rúas de León o 13 de maio de 1028.
A Igrexa católica venéraa como beata. Xunto ao seu esposo ordenou a construción da Colexiata de Santo Isidoro, na cidade de León, onde se depositaron as reliquias do santo, que foran traídas desde Sevilla.
Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]
Casou con Fernando I, fillo do rei navarro Sancho Garcés III de Pamplona e Muniadona. Desta unión naceron:
- Infanta Urraca de Zamora (c. 1033–1101), señora de Zamora. Foi sepultada en Santo Isidoro de León.
- Infante Sancho (1038–1072), rei de Castela como Sancho I, e de León como Sancho II (1065–1072). Foi sepultado no Mosteiro de San Salvador de Oña.
- Infanta Elvira, (¿?–1101), señora de Toro. Foi sepultada en Santo Isidoro de León.
- Infante Afonso (1040–1109), rei de León (1065–1072) e de León, Castela e Galiza (1072–1109), como Afonso VI. Os seus restos mortais descansan, na compaña da maioría das súas esposas, no Mosteiro de Beneditinas de Sahagún.
- Infante García (1042–1090), rei de Galiza (1066–1071 e 1072–1073). Foi sepultado en Santo Isidoro de León.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Menéndez Pidal, Gonzalo (2003). Varia medievalia (en castelán) 2. Real Academia de la Historia. p. 150. ISBN 84-95983-15-X.
- ↑ Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 65.
Sanciam filiam Adefonsi Galleciensis regis
- ↑ Blanco Lozano, Pilar. Colección diplomática de Fernando I. Nº 25.
Ipse confirmat omnia facta patris, ut benedictionibus est cum filiis et eggregia imperatrice uxori Santia erigatur, et semper in regno Gallicie eorum sobolis dominetur.
- ↑ Blanco Lozano, Pilar. Colección diplomática de Fernando I. Nº 25.
Hoc priuilegium est actum temporem regnante imperatori Fredelando in imperio Gallicie
- ↑ Alfonso VI: Imperator totius orbis Hispanie. Sanz y Torres. 2011. p. 25.
imperator domnus Veremudius in Gallecia
- ↑ Del Castillo, Ángel (1918). "Reseña histórica dos monumentos y-obras d'arte qu'esistiron y-eisisten en Betanzos" (PDF). En Vales Villamarín, Francisco. 1918. Xogos froraes de Betanzos (en castelán). Betanzos: Imp. de Manuel Villuendas. pp. 27–48, en 32.
- ↑ Carrillo Lista, María del Pilar (2005). Arte románico en el Golfo Ártabro y el oriente coruñés (PDF) (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 32.
Sancha I de Galicia Ordóñez Nacemento: 1013 Falecemento: 7 de novembro 1067
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Vermudo III | ||
Raíña de Galicia 1037–1065 |
Sucedido por Afonso VI | |
Sucedido por García II | ||
Sucedido por Sancho III |