María I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María I de Portugal
Anônimo - Retrato de Dona Maria I - século XVIII.jpg
María I de Portugal
Rei de Portugal
Período 24 de marzo de 1777 - 20 de marzo de 1816
Antecesor Xosé I de Portugal
Sucesor Xoán VI de Portugal
Datos persoais
Nacemento 17 de decembro de 1734
Lugar Lisboa
Falecemento 20 de marzo de 1816
Lugar Río de Xaneiro
Cónxuxe Pedro, Duque de Bexa

D. María I de Portugal (nome completo: Maria Francisca Isabel Josefa Antónia Gertrudes Rita Joana, Lisboa, 17 de decembro de 1734 - Río de Xaneiro, 20 de marzo de 1816) foi raíña de Portugal de 24 de marzo de 1777 ata a súa morte. Sucedeu ao seu pai, o rei Xosé I. D. María foi aínda Princesa do Brasil, Princesa da Beira e Duquesa de Bragança. Foi a primeira raíña reinante en Portugal.

Foi coñecida polos nomes de A Piadosa ou a A Pía, debido á súa extrema devoción relixiosa (algo que foi demostrado, por exemplo, cando mandou construír a Basílica da Estrela en Lisboa, onde foi enterrada) e finalmente, como María, a Louca (así chamada no Brasil), debido á enfermidade mental manifestada con vehemencia nos últimos 24 anos de vida, despois da morte do seu fillo primoxénito, que rexeitara a vacina contra a varíola, por motivos relixiosos[1].

A familia real fuxiu para o Brasil a 13 de novembro de 1807 deixando Portugal a mercé das tropas de Napoleón. Segundo consta, a raíña tivo que embarcar á forza. Moi relixiosa, pensaba que estaba indo para o inferno. Foi proclamada Raíña do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarbes o 16 de decembro de 1815. Cando Napoleón foi derrotado en 1815, María e a familia real atopábanse aínda en Brasil. Morreu aínda no Río de Xaneiro, entón capital do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarves.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en portugués) Le monde. Crônica: "Muito obrigado, Napoleão"
Rei de Portugal

Segue a:
Xosé I de Portugal
María I de Portugal
Precede a:
Xoán VI de Portugal
Dinastía de Braganza

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.