Saltar ao contido

Lista de reis de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rei de Portugal»)

Esta é unha lista de reis de Portugal, desde a independencia do Reino de Galicia en 1139 até a implantación da República o 5 de outubro de 1910. A título previo, móstranse tamén os condes de Portugal que antecederon directamente o primeiro rei portugués.

Anterior á independencia - Condes Portucalenses

[editar | editar a fonte]

Reis de Galiza que se consideraron tamén reis de Portucale

[editar | editar a fonte]

Condado Portucalense

[editar | editar a fonte]
Henrique de Borgoña e de Afonso Henriques
Henrique de Borgoña e de Afonso Henriques
Artigo principal: Condado Portucalense.
Casa reinante: Borgoña

Primeira Dinastía – de Borgoña ou Afonsina

[editar | editar a fonte]
Estandarte dos reis da I Dinastía
Estandarte dos reis da I Dinastía
Artigo principal: Dinastía de Borgoña.
Casa reinante: Borgoña
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
1Afonso I 27 de xullo de 11396 de decembro de 1185O Conquistador
O Fundador
O Grande
Tamén chamado Afonso Henriques (Afonso, fillo de Henrique; aquí radica a designación que os musulmáns lle atribuíran, ‘‘Ibn-Arrik’‘ - «fillo de Henrique»).
2Sancho I 6 de decembro de 118527 de marzo de 1211O Poboador
3Afonso II 27 de marzo de 121125 de marzo de 1223O Gordo
O Craso
O Gafo
O Lexislador
4Sancho II 25 de marzo de 12231247O Capelo
O Pio
O Piedoso
Deposto polo papaInocencio IV no I Concilio de Lión, en 1245, so a acusación de «rex innutilis», viría a abdicar en 1247, exiliándose en Toledo, e indo a falecer pouco tempo despois, a inicios de 1248.
5Afonso III 3 de xaneiro de 124816 de febreiro de 1279O BoloñésRexente de Portugal, so o título de Procurador e Defensor do Reino, desde 21 de setembro de 1245, até á data da morte do irmán, cando asume plenamente a realeza.
6Dinis I 16 de febreiro de 12797 de xaneiro de 1325O Labrador
O Rei-Agricultor
O Rei-Poeta
O Rei Trobador
7Afonso IV 7 de xaneiro de 132528 de maio de 1357O Bravo
8Pedro I 28 de maio de 135718 de xaneiro de 1367O Xusticeiro
O Cruel
O Cru
O Vingativo
O Até-á-Fin-do-Mundo Apaixonado
9Fernando I 18 de xaneiro de 136722 de outubro de 1383O Fermoso
O Belo
O Inconstante
O Inconsciente
10Beatriz I 22 de outubro de 13836 de abril de 1385(ver nota [1])

Designación dada pola historiografía oficial ao período que media a morte de Fernando e a ascensión ao trono do seu medio-irmán, o Mestre de Avis Xoán, e que comprende as rexencias de Lionor Teles de Meneses e do propio Mestre de Avis.

#NomeInicio do gobernoFin do gobernoNotas
Lionor Teles de Meneses 22 de outubro de 138316 de decembro de 1383Exerce a rexencia en nome da súa filla Beatriz
Xoán, Mestre de Avis 16 de decembro de 13836 de abril de 1385

Segunda Dinastía – de Avis ou Xoanina

[editar | editar a fonte]
Estandarte de D.João I
Estandarte de D.João I
Artigo principal: Dinastía de Avis.
Casa reinante: Avis
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
11Xoán I 6 de abril de 138514 de agosto de 1433O De Boa Memoria
O Bo
O Grande
12Duarte I 14 de agosto de 14339 de setembro de 1438O Elocuente
O Rei-Filósofo
13Afonso V 9 de setembro de 143811 de novembro de 1477O AfricanoAbdica en favor do fillo, que asumía xa as funcións de rexente do Reino.
14Xoán II 11 de novembro de 147715 de novembro de 1477O Príncipe Perfecto
O Tirano
É aclamado rei nas Cortes de Santarén de 1477; abdica ao regresar ao Reino o seu pai.
13Afonso V 15 de novembro de 147728 de agosto de 1481O AfricanoReasume a realeza.
14Xoán II 28 de agosto de 148125 de outubro de 1495O Príncipe Perfecto
O Tirano
Casa reinante: Avis-Bexa
Estandarte de Manuel I
Estandarte de Manuel I
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
15Manuel I 25 de outubro de 149513 de decembro de 1521O Venturoso
O Benaventurado
O Afortunado
(ver nota[2])
16Xoán III 13 de decembro de 152111 de xuño de 1557O Piadoso
O Pío
17Sebastián I 11 de xuño de 155727 de agosto de 1578O Desexado
O Encuberto
O Adormecido
18Henrique I 27 de agosto de 157831 de xaneiro de 1580O Casto
O Cardeal-Rei
O Evorense/O de Évora
#Consello de
Gobernadores
do Reino de
Portugal
31 de xaneiro de 158024 de xullo de 1580
19Antonio I 24 de xullo de 158025 de agosto de 1580
(en Portugal Continental)
1583 (na illa Terceira)
O Prior do Crato
O Determinado
O Loitador
O Independentista
(ver nota[3])

Terceira Dinastía – Filipina, de Habsburgo ou dos Austrias

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Dinastía Filipina.
Casa reinante: Habsburgo (ou Casa dos Austria)

Os soberanos desta dinastía foron tamén reis de Castela, Países Baixos, Nápoles, Sicilia, León, Aragón, Valencia, Galicia, Navarra, Granada, duques da Borgoña etc., títulos xenericamente reunidos baixo a designación de Reis de España.

#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
20Filipe I 158113 de setembro de 1598O Prudentetamén Filipe II en España (1556-1598) (ver nota[4])
21Filipe II 13 de setembro de 159831 de marzo de 1621O Pío
O Piadoso
Filipe III en España (1598-1621)
22Filipe III 31 de marzo de 16211 de decembro de 1640O GrandeFilipe IV en España (1621-1665)

Durante este período de sesenta anos, os reis fixéronse representar en Portugal por un vicerrei ou un corpo de gobernadores - véxase a lista de vicerreis durante a dinastía filipina.

Á revolta do 1 de decembro de 1640 seguiuse a Guerra da Aclamación, despois chamada, pola historiografía romántica do século XIX, como Guerra da Restauración.

Cuarta Dinastía – de Braganza ou Brigantina

[editar | editar a fonte]
Bandeira da Restauración (1640)
Bandeira da Restauración (1640)
Artigo principal: Dinastía de Braganza.
Casa reinante: Braganza
#NomeInicio do gobernoFin do gobernoCognome(s)Notas
23Xoán IV 15 de decembro de 16406 de novembro de 1656O Restaurador
O Afortunado
24Afonso VI 6 de novembro de 165612 de setembro de 1683O VitoriosoRexencias de Luísa de Gusmán (6 de novembro de 165623 de xuño de 1662) e do Infante Pedro (23 de novembro de 166812 de setembro de 1683)
25Pedro II 12 de setembro de 16839 de decembro de 1706O PacíficoRexente durante a incapacidade do irmán
26Xoán V 6 de decembro de 170631 de xullo de 1750O Magnánimo
O Magnífico
O Rei-Sol Portugués
O Freirático
27Xosé I 31 de xullo de 175024 de febreiro de 1777O Reformador
28María I 24 de febreiro de 177720 de marzo de 1816A Piadosa (en Portugal)
A Louca (no Brasil)
Rexencia do Príncipe Xoán (despacho gobernativo: 17921799; rexente: 15 de xullo de 179920 de marzo de 1816)
#Pedro III 24 de febreiro de 17775 de marzo de 1786O Capacidonio
O Sacristán
O Edificador
Rei-consorte de María I
29Xoán VI 20 de marzo de 181610 de marzo de 1826O ClementeRexente de Portugal 1792-1799; Príncípe rexente de Portugal e Algarves 1799-1808; Príncípe rexente de Portugal, Brasil e Algarves (1808-1816; Rei do Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarves (1816-1825); Rei de Portugal e dos Algarves e Imperador Titular do Brasil (1825-1826)
30Pedro IV 26 de abril de 18262 de maio de 1826O Rei-Soldado
O Rei-Imperador
O Libertador
Tamén Emperador do Brasil (1 de decembro de 18227 de abril de 1831); rexente de Portugal (18311834)
31María II 2 de maio de 182611 de xullo de 1828A Educadora
A Boa-Mai
32Miguel I 11 de xullo de 182826 de maio de 1834O Rei Absoluto
O Absolutista
O Tradicionalista
O Usurpador
Rexente en nome de María II (2 de maio de 182611 de xullo de 1828)
31María II 20 de setembro de 183415 de novembro de 1853A Educadora
A Boa-Mai
Rexencia do pai Pedro (18311834)
#Fernando II 16 de setembro de 183715 de novembro de 1853O Rei-ArtistaRei-consorte de María II; oriúndo da familia de Saxe-CobúrgoGotha
(ver nota[5])
33Pedro V 15 de novembro de 185311 de novembro de 1861O Esperanzado
O Ben-Amado
O Moi Amado
Rexencia do pai Fernando (15 de novembro de 1853 - 16 de setembro de 1855)
34Lois I 11 de novembro de 186119 de outubro de 1889O Popular
O Bon
35Carlos I 19 de outubro de 18891 de febreiro de 1908O Diplomático
O Martirizado
O Mártir
O Oceanógrafo
O Rei-Pintor
36Lois II 1 de febreiro de 19081 de febreiro de 1908O Príncipe Real(ver nota[6])
37Manuel II 1 de febreiro de 19085 de outubro de 1910O Patriota
O Desventurado
O Estudoso
O Rei-Saudade
Implantación da República

(*) Todos estes reis foron tamén soberanos do reino do Algarve, a partir de Afonso III; antes del, Sancho I usou ese título (ou o alternativo rei de Silves) entre 1189 e 1191.

Titulatura rexia

[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, o título oficial dos Reis de Portugal foi alterándose. Os Reis de Portugal tiveron os seguintes títulos:

PeríodoTítuloUsado porMotivo
11401189Pola Graza de Deus, Rei dos Portugueses
(Dei Gratiae, Rex Portugalensium)
Afonso Henriques, Sancho I
11891191Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e de SilvesSancho ITomada de Silves (1189)
11911249Pola Graza de Deus, Rei de Portugal
(Dei Gratiae, Rex Portugaliae)
Sancho I, Afonso II, Sancho II, Afonso IIIPerda de Silves, retomada polos Almóadas (1191)
12491369Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve
(Dei Gratiae, Rex Portugaliae & Algarbii)
Afonso III, Dinis, Afonso IV, Pedro I, Fernando IConquista definitiva do Algarve (1249)
13691371Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señor de MolinaFernando IPretensión de Fernando á Coroa de Castela
13711383Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do AlgarveFernando IRenuncia aos títulos castellanos despois da Paz de Alcoutín (1371)
13831385Pola Graza de Deus, Raíña de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén, do Algarve, de Alxeciras e Señora da BiscaiaBeatriz I e Xoán I de CastelaPretensión de Beatriz á Coroa de Portugal
13851415Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do AlgarveXoán IRenuncia aos títulos castellanos despois da derrota de Xoán I de Castela na Batalla de Alxubarrota (1385)
14151458Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de CeutaXoán I, Duarte, Afonso VConquista de Ceuta (1415)
14581471Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e do Algarve, e Señor de Ceuta e de Alcácer en ÁfricaAfonso VConquista de Alcácer Ceguer (1458)
14711475Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en ÁfricaAfonso VConquista de Arcila e Tánxer (1471) e elevación do señorío do Norte de África á condición de Reino d'Alén-Mar
14751479Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Portugal, de Toledo, de Galiza, de Sevilla, de Córdoba, de Xaén, de Murcia, dos Algarves d'Aquén e d'Alén Mar en África, de Xibraltar, de Alxeciras, e Señor da Biscaia e de MolinaAfonso VPretensión de Afonso V á Coroa de Castela, polo seu casamento con Xoana de Castela
14791485Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en ÁfricaAfonso V, Xoán IIRenuncia aos títulos castellanos despois da Paz das Alcáçovas-Toledo
14851499Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, e Señor da GuinéXoán II, Manuel ICreación do señorío da Guiné abranguendo as posesións portuguesas que se estendían polo Golfo da Guiné
14991580Pola Graza de Deus, Rei de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc.Manuel I, Xoán III, Sebastián, Henrique, AntonioDespois do regreso de Vasco da Gama da India, en 1499, o título rexio reformúlase e atinxe a súa plenitude
15801640Pola Graza de Deus, Rei de Castela, de León, de Aragón, das Dúas Sicilias, de Xerusalén, de Portugal, de Navarra, de Granada, de Toledo, de Valencia, de Galiza, de Mallorca, de Sevilla, da Sardeña, de Córdoba, da Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Alxeciras, de Xibraltar, das Illas de Canaria, das indias Orientais e Occidentais, Illas e Terra Firme do Mar-Océano, Conde de Barcelona, Señor da Biscaia e de Molina, Duque de Atenas e de Neopatria, Conde de Rosellón e da Sardeña, Marqués de Oristano e de Gociano, Arquiduque de Austria, Duque da Borgoña, do Brabante e de Milón, Conde de Habsburgo, da Flandres e do Tirol etc.Filipe I, Filipe II, Filipe IIICo dominio filipino, xúntanse os demais títulos dos Austrias á titulatura portuguesa
16401815Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc.Xoán IV, Afonso VI, Pedro II, Xoán V, Xosé I, María I (con Pedro III)Coa Restauración da Independencia (1640), regresase ao vello estilo adoptado por Manuel I
18151825Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) do Reino Unido de Portugal, Brasil e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc.María I, Xoán VIO Brasil elévase a Reino dentro do Imperio Portugués (1815)
18251910Pola Graza de Deus, Rei (ou Raíña) de Portugal e dos Algarves, d'Aquén e d'Alén-Mar en África, Señor(a) da Guiné e da Conquista, Navegación e Comercio da Etiopía, Arabia, Persia e India etc.Xoán VI, Pedro IV, Miguel I, María II (con Fernando II), Pedro V, Lois I, Carlos I, Manuel IIDespois do recoñecemento da independencia do Imperio do Brasil por Xoán VI (1825), retórnase á fórmula anterior, que existirá até á fin da Monarquía
  1. Raíña de iure e de facto (era a única herdeira lexítima do trono deixado pola morte de Fernando I), Beatriz, casada con Xoán I de Castela, aclamouse raíña do Reino, exercendo a rexencia no seu nome, durante case dous anos, a raíña-viúva, a súa mai Lionor Teles de Meneses; o seu marido Xoán de Castela acrecentou mesmo o señorío dos Reinos de Portugal e Algarve aos seus títulos, e mandou acuñar moedas coas armas de León e Castela partidas coas de Portugal. Con todo, desde o inicio do reinado, varias vilas e cidades do reino comezaron a se sublevar, temendo a perda da independencia, vindo paulatinamente a engrosar o partido que se foi constituíndo á roda do Mestre de Avis. Coa subida ao trono do Mestre de Avis, despois das Cortes de Coimbra de 1385, a historiografía oficial pasou a negar a realeza de Beatriz e até, nalgúns casos extremos, a negar ser filla biolóxica de Fernando, por forma a refutar o feito de ter sido raíña de Portugal.
  2. Por mor da morte de Xoán II sen fillos lexítimos (o príncipe Afonso falecera en condicións tráxicas nunca completamente esclarecidas en 1491), nin irmáns sobreviventes (a infanta Santa Xoana, a súa irmá, falecera en 1490), non obstante tentou lexitimar o seu bastardo, o infante Xurxo de Lencastre, futuro Duque de Coimbra, a Coroa Portuguesa acabou por pasar para o seu curmán e cuñado Manuel, Duque de Bexa, o cal era fillo de Fernando, Duque de Viseu (irmán do rei Afonso V), e de Beatriz (filla do infante Xoán, o penúltimo dos membros da Ínclita Xeración). Así, aínda que polo lado do pai fose neto do rei Duarte, e polo lado da mai, bisneto de Xoán I, o feito de non ser herdeiro directo, mais si colateral, leva a que xurdisen, á súa vez, referencias a unha quebra na dinastía de Avis ao nivel da casa reinante, considerándose inaugurada así a Casa de Avis-Bexa (en homenaxe ao ducado no cal fora investido por Xoán II, e que marca a data da súa aclamación, en 1495), a cal se mantería no poder até a fin da dinastía, en 1580.
  3. Antonio I foi rei de Portugal desde 19 de xuño de 1580, data da súa formal aclamación ao trono en Santarém, até á derrota na batalla de Alcántara, a 25 de agosto seguinte. Continuou a reinar no entanto "de iure" a partir do estranxeiro, e reinou "de facto" até 1583 no territorio azoriano, onde proseguiu a guerra ao invasor. A historiografía oficial negoulle a condición de rei (por ser tido como fillo bastardo e cristián novo, o que non é verdade, pois era real a Lexitimidade de Antonio), tanto so os Filipes, como tamén so os Braganzas. Débese a unha obra do profesor Joaquim Veríssimo Serrão a rehabilitación da súa figura, que debe así figurar no número dos reis de Portugal, posto malia a brevidade do seu reinado.
  4. Filipe II comezou logo a exercer o seu poder aínda en 1580, malia que apenas parcialmente, pois aínda non dominaba todo o territorio; só en 1581, coas Cortes de Tomar, tornouse Rei de Portugal de iure, e apenas en 1583 conseguiu abafar todos os puntos que aínda eran afectos ao Prior do Crato.
  5. Esta alegada mudanza de nome na Dinastía de Braganza, reinante en Portugal, por morte de María II, para Bragança-Saxe-Cobúrgo-Gotha (ou máis correctamente, Bragança-Wettin), non é de todo recoñecida pola historiografía portuguesa, sendo antes unha creación das historiografías estranxeiras (sobre todo a francesa, que non recoñece a sucesión por vía feminina, logrando así aplicar á dinastía reinante en Portugal o nome dinástico do rei consorte). Porén, aínda que a liña de sucesión proseguiu en liña recta, polo casamento da raíña María II cun príncipe estranxeiro (Fernando II de Saxe-Cobúrgo-Gotha), tería cesado na Casa Real portuguesa a varonía de Afonso Henriques, mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, María I, casara co tío Pedro III, polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Wettin nas veas dos Braganza. Con todo, en Portugal sempre as mulleres puideron transmitir o nome, ben como o patrimonio, na falta de herdeiro home na familia. Isto leva a encontrarse por veces escrito, entre historiadores estranxeiros, a existencia dunha quinta dinastía en Portugal - unha división aparentemente artificial dentro da última dinastía real portuguesa, gobernada pola suposta casa de Bragança-Wettin, a cal comprendería os reis entre Pedro V e Manuel II. Para todos os efectos, considérase máis válida a división tradicional en catro dinastías, dado a legalidade da designación de dinastía de Braganza, única utilizada, e determinada pola Casa Real e pola xeneralidade das persoas, até 1910 e despois desa data.
  6. Lois Filipe, Príncipe Real de Portugal, aínda que sobrevivise escasos minutos ao seu pai, foi chamado, por algúns estranxeiros, de Lois II); geralmente non é nunca considerado como rei de Portugal, pois en Portugal só eran considerados reis "de iure" os príncipes após xuraren os foros, liberdades e garantías no acto da súa aclamación ao trono (até 1834), ou de xuraren a Constitución (despois daquela data), en sesión solemne e plenaria das Cortes. Desta forma, o trono recaeu de inmediato no seu irmán máis novo, Manuel II, logo de ser xuramentado.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca