Casa de Bragança

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán IV de Portugal
Xoán IV de Portugal
Xoán IV de Portugal, fundador da dinastía de Bragança.
Serie
Historia de Portugal
Portugal na prehistoria
Portugal prerromano
Romanización: Lusitania e Gallaecia
Visigodos e Suevos
Dominio árabe e a Reconquista
Condado Portucalense
Independencia de Portugal
Dinastía de Borgoña
Crise de 1383-1385
Dinastía de Avis
Descubrimentos e Expansión Portuguesa
Imperio portugués
Crise sucesoria de 1580
Dinastía Filipina
Restauración da Independencia
Dinastía de Braganza
Terremoto de Lisboa de 1755
Guerra Peninsular
Revolución Liberal (24/08/1820)
Vilafrancada e Abrilada
Guerras liberais
Convención de Évora-Monte
Revolución de Setembro,
Revolta dos Marechais e Patulea
Rexeneración e Fontismo
O mapa cor-de-rosa e o ultimato británico
Revolución do 5 de outubro de 1910 e Proclamación da República
Goberno Provisorio
I República
Ditadura militar e o Estado Novo
Guerra de Ultramar
Revolución dos Caraveis
III República
Por tópico
Historia militar
Historia diplomática
Historia cultural
Categoría: Historia de Portugal

A dinastía de Bragança ou dinastía de Braganza foi unha das dinastías reinantes en Portugal desde o ano 1640 ata o ano 1910.

Historia[editar | editar a fonte]

Ten os seus inicios con Afonso de Portugal, Conde de Barcelos (nado en 1370 e finado en 1461), que era fillo natural de Xoán I o de Boa Memoria e de Inés Pires. No ano 1442, Afonso V o Africano outorga o nobre título de 1º Duque de Bragança ao seu medio-tío Afonso. Entre os descendentes de Afonso I de Bragança atopábase Henrique I, que reina desde 1578 ata 1580. Á súa morte, houbo varios pretendentes e aspirantes ao trono portugués, pero tiveron de desistir ante a invasión e conquista de Portugal por parte do Rei Filipe II de España (1580). O Reino de Portugal quedou deste xeito incorporado e anexado á monarquía dos Habsburgo ata 1640, ano en que o 8º duque, Xoán II de Bragança, e a súa esposa dona Luísa de Guzmán, encabezan toda unha serie de ataques e conspiracións que culminan na revolución en contra de Filipe IV de España no ano 1640.

Xoán II de Bragança, que toma o nome de Xoán IV e é o primeiro rei Bragança (que reina desde 1640 ata 1656), ségueo o seu fillo Afonso VI (que reina desde 1656 ata 1683). Á morte de Afonso VI, sucédeo o seu irmán Pedro II (que reina desde 1683 ata 1706). Á morte de Pedro II, sucédeo o seu fillo Xoán V (que reina desde 1706 ata 1750).

No ano 1750 ascende ao trono Xosé I (que reina desde 1750 ata 1777), cuxa filla María de Bragança (herdeira ao trono) casou co seu tío Pedro de Bragança (irmán de Xosé I), e ambos reinan conxuntamente como María I e Pedro III. Cando a invasión napoleónica de Portugal, Xoán VI (fillo de María I e Pedro III) retirouse para Brasil, regresando en 1821. Á morte de Xoán VI en 1826, foi sucedido polo seu fillo Pedro IV, quen optou polo Imperio do Brasil e abdica ao trono de Portugal a favor da súa filla María II casada co nobre alemán Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha e Koháry (Fernando II), á que segue o seu fillo Pedro V (que reinou desde 1853 ata 1861). A pesar de seguir co apelido Bragança, a dinastía é unha rama da gran dinastía alemá de Wettin (Casa de Bragança-Saxonia-Coburgo e Gotha). Á morte de Pedro V no ano 1861, é sucedido por seu irmán Lois I (quen reinou entre 1861 e 1889). Seguen a liña, Carlos I (que reinou desde 1889 ata que morreu asasinado 1908). A este seguiulle Lois Filipe de Braganza (rei por un día). A Lois Filipe I, seguiuno o seu irmán Manuel II, o último dos Bragança, destronado pola revolución republicana de 1910. Tamén está a filla bastarda de Carlos I, María Pía de Saxonia-Coburgo-Gotha e Bragança.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]