Río Mondego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| País da cunca | Portugal | |||
| División administrativa | Distrito de Coimbra, Portugal | |||
| Localización | Mondeguinho | |||
| Final | ||||
| División administrativa | mar a fóra | |||
| Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 234 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 6.644 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 108,3 m³/s | |||
O río Mondego é un curso fluvial portugués, que desemboca no océano Atlántico en Figueira da Foz, logo de atravesar Coímbra.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Nace na Serra da Estrela, concello de Gouveia a 1.425 m de altitude; no curso máis alto é chamado Mondeguinho, porque apenas é máis do que un pequeno fío de auga.
É o maior dos cursos fluviais que nacen en Portugal, grazas ás augas dos seus afluentes, especialmente na marxe dereita o Dão e na esquerda o Alva, o Ceira, o Arunca e a ribeira do Botão.
O Mondego percorre cerca de 220 km. As súas marxes, entre Coímbra e Figueira da Foz, son os terreos máis fértiles de Portugal. Nestas terras acádase a maior produción de arroz por hectárea de toda Europa.
Étimo e historia
[editar | editar a fonte]Os romanos chamaban Munda ("transparencia, claridade, pureza") ao Mondego, denominación que perdurou ao longo da Idade Media.
Antigamente, o río Mondego era navegábel. Os barcos que viñan do océano Atlántico ían até Coímbra, e os máis pequenos chegaban mesmo até Penacova.
No Parque Verde do Mondego e en Lisboa, no Museu de Mariña, encostado ao Planetario de Lisboa próximo do Mosteiro dos Xerónimos, está exposto un barco bastante comprido que navegaba entre Coímbra e Penacova. Este barco servía para que as mulleres de Penacova fosen a Coímbra buscar roupa sucia e despois volvela lavada e pasada a ferro.
