Leiria
Coordenadas: 39°46′N 8°53′O / 39.767, -8.883
Leiria | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Leiria e o seu castelo | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Centro | ||
Subrexión | Rexión de Leiria | ||
Distrito | Leiria | ||
Xeografía | |||
Superficie | 565 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 128.640 hab. (2021) | ||
Densidade | 228 hab/km² | ||
Xentilicio | Leiriense/coliponense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 2400 Leiria | ||
Alcalde | Gonçalo Gordalina Lopes (PS) | ||
Páxina oficial |
Leiria é unha cidade portuguesa, situada na rexión Centro e subrexión do Rexión de Leiria, con aproximadamente 65 000 habitantes,[1] capital do concello e do distrito de Leiria.
Foi fundada como vila en 1135, recibindo o primeiro foro de Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, en 1142, baixo o nome de Leirena.
É sede dun municipio con 565,1 km² de superficie e 128.640 habitantes (INE, 2021), subdividido en 18 freguesías.
Ten un clima temperado marítimo, chuvioso, con temperaturas suaves. Experimentou un notábel crecemento demográfico, do 271,2 % con respecto a 1960, así como tamén un acusado envellecemento da súa poboación, aínda que inferior ao da poboación do distrito. Nas últimas décadas, Leiria coñeceu un importante desenvolvemento industrial e cultural, coa creación de escolas e institutos de ensinanza superior que atraen a un gran número de estudantes, incluso doutros distritos.
A poboación activa da cidade traballa maioritariamente en actividades do sector terciario (70,4 %) e secundario (18,6 %). En 2021 tiña 65.000 residentes, repartidos en sete freguesías: Marrazes, Leiria, Pousos, Parceiros, Barreira, Barrosa e cortes.
A cidade está bañada polos ríos Lis e Lena, sendo o castelo de Leiria o seu monumento máis notábel.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nuno Pires Soares (2021): Uma população que se urbaniza. Uma avaliacção recente. Cidades, 2004. Instituto Geográfico Português Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine..
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en portugués)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |