Tratado de Tui (1137)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O tratado de Tui foi un acordo celebrado en Tui en 1137 entre Afonso VII, o emperador, e o seu curmán, o infante D. Afonso Henriques, como fin das hostilidades.

Segundo parece, D. Afonso Henriques, sabendo que o emperador se atopaba en mala posición no conflito co rei de Navarra, aproveitou a oportunidade favorable para, de acordo con este, entrar co seu exército no reino de Galiza, recuperando o Condado de Toronho e o Condado da Limia, derrotando ao Conde de Traba e Rodrigo Vélaz na batalla de Cerneja, onde o último foi feito cativo. Afonso VII recuperou Tui por medio deste acordo que será vixente até 1140. O acordo foi asinado polos dous reis e atopou o equilibrio nun recoñecemento lixeiro e vago de vasalaxe do rei Afonso Henriques ao rei de León, que estaba en posesión de título de emperador.

Algúns autores consideran que Afonso Henriques, na continuación da política de independencia de seus pais, evitou calquera acto que o levase á submisión do curmán. Don Afonso Henriques nunca recoñeceu ao curmán como emperador, e este tampouco non invocou tal feito nas relacións con Portugal, pero que o rei de León e Castela non renunciaba á súa supremacía móstrao a protesta que dirixiu ao papa Uxío III co gallo do Concilio de Reims (1148) sen falar da intransixencia con que loitou até a fin da vida pola primacía eclesiástica de Toledo.