Raimundo de Borgoña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Raimundo de Borgoña
Conde de Galicia
RaymondofBurgundy.jpg

Nacemento 1070
Besançon,
Condado de Borgoña
Falecemento 24 de maio de 1107
Grajal de Campos
Predecesor Guillerme I de Borgoña
Sucesor Afonso VII o Emperador
Consorte Urraca I de León
Descendencia Afonso VII o Emperador
Sancha Raimúndez
Proxenitores Guillerme I de Borgoña
Estefanía de Borgoña

Raimundo de Borgoña, nado en Besançon cara a 1070 e finado en Grajal de Campos o 24 de maio de 1107, foi un nobre borgoñón que introduciu a dinastía de Borgoña nos reinos de Galicia e León, debido ao seu matrimonio coa infanta Urraca de León, filla de Afonso VI o Bravo.

Contra 1096 recibiu do seu sogro, por doazón feudal, a gobernación, como conde, do antigo reino de Galicia.

Non chegou a ser rei consorte de León, xa que faleceu prematuramente antes do nomeamento de Urraca como herdeira do reino de León.

Foi o pai de Afonso Raimúndez, o futuro rei Afonso VII de León, e da infanta-raíña Sancha Raimúndez.

Era fillo de Guillerme I de Borgoña e, por tanto, irmán do papa Calisto II, e parente de Henrique de Borgoña que, ademais, foi o seu cuñado (de quen derivaría a casa de Borgoña portuguesa).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e traslado ao Reino de León[editar | editar a fonte]

Fragmentación do reino de Galicia-León-Castela despois do ano 1065:      Dominios de García (reino de Galicia).      Dominios de Afonso VI (reino de León).      Dominios de Sancho II (reino de Castela).

Raimundo de Borgoña naceu na cidade de Besançon, capital do condado de Borgoña, sendo o terceiro fillo do conde palatino Guillerme I de Borgoña e de Estefanía de Borgoña.

A invasión almorábide do sur da península Ibérica e a nova dramática da derrota de Afonso VI en Zalaca, levaron aos reinos cristiáns peninsulares a reclamaren axuda para a defensa dos seus reinos, no ano 1086, dentro do espírito da Cruzadas.

Tropas francas e borgoñoas, e continxentes poboacionais de alén os Pireneos, baixo o seu mando, reforzaron as fronteiras entre a España cristiá e a musulmá, nun momento no que en Europa se vivía con entusiasmo o espírito das Cruzadas.

Neste contexto, Raimundo, e o seu parente Henrique de Borgoña (quen introduciría a casa de Borgoña en Portugal), chegaron ao reino de León contra o ano 1087, tras a batalla de Zalaca, para ofreceren os seus servizos, na loita contra os almorábides, ao rei Afonso VI, que fora esposo da tía de ambos os nobres borgoñóns, Constanza de Borgoña.

Goberno do Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

No ano 1091, Raimundo casou coa princesa Urraca, totia gallecie Imperatrix (emperatriz de toda a Galicia).

Selo de Raimundo de Borgoña.

O rei Afonso VI tiña enormes dificultades en Galicia tras o despoxo e encarceramento do seu irmán, o rei García.

Tivo que destituír ao bispo compostelán Diego Páez e sufocar a sangue e lume unha rebelión do magnate Rodrigo Ovéquiz. Para poñer remedio a esta situación cedeu ao Raimundo o goberno destas terras, como conde.

Raimundo de Borgoña puxo orde á situación confiando os asuntos composteláns a Diego Xelmírez e liderando con man firme á inqueda nobreza galaico-portuguesa (daquela, o reino de Galicia estendíase ata o condado de Coimbra, alén do río Mondego). Impartiu xustiza, recadou impostos, outorgou foros, privilexios e organizou exércitos. Garantiulle ao rei leonés a súa lealdade estabilizándolle a retagarda noroccidental dos seus reinos. Da autoridade que acadou son testemuño as fontes que o denominan totius Galletie imperator e in urbe Gallecia regante[1]. Aparecía, tamén, como o máis claro sucesor ao trono leonés.

Fiel a Afonso VI[editar | editar a fonte]

O monarca galaico confioulle importantes tarefas militares e de goberno alén da Galicia actual. En 1094 Raimundo exerce o seu dominio sobre a cidade de Zamora e máis tarde aparece conquistando ou repoboando núcleos tan salientables como Ávila, Segovia e Salamanca.

Os seus éxitos guerreiros víronse embazados pola derrota en Malagón fronte aos almorábides, porén conseguiu consolidar as fronteiras.

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Raimundo casou en 1095 coa infanta Urraca —filla natural do rei Alfonso VI o Bravo— que, tras a morte en 1108 do seu irmán Sancho Afónsez, foi nomeada herdeira dos reinos de León e de Castela.

Froito do seu matrimonio coa infanta, naceron dous fillos:

Nacemento dunha dinastía real[editar | editar a fonte]

A súa morte prematura non impediu que con el nacese a estirpe real borgoñoa. Diego Xelmírez e o conde Pedro Froilaz de Traba, os novos señores de Galicia, defenderán os dereitos do seu fillo Afonso Raimúndez. Proclamárono rei de Galicia en 1111 e puxeron as bases para o seu ascenso á dignidade imperial leonesa como Afonso VII. Ata os Trastámara, os reis de Castela e León son de directa descendencia borgoñoa.

Sepultura de Raimundo de Borgoña[editar | editar a fonte]

Porte des comtes na basílica de Sainte Sernin de Toulouse. Apreciase a esquerda o arcosolio baixo o que se gardan os sartegos dos condes de Toulouse
Sepulcro do infante Fernando Afonsez. Tradicionalmente atribuido a Raimundo de Borgoña.[3]
(Catedral de Santiago de Compostela).

Despois da súa defunción na localidade leonesa de Grajal de Campos, dous anos antes de que a súa esposa Urraca herdase o reino de León tras a morte do seu pai,[4] o cadáver do conde Raimundo de Borgoña foi trasladado a Galicia, onde recibiu sepultura na Catedral de Santiago de Compostela.[4]

A sepultura do conde dispúxose nun sartego colocado baixo un arcosolio na fachada norte da Catedral, do lado dereito da por aquel entón chamada Porta Francíxena [5], derruída no ano 1757 e cuxo lugar ocupa hoxe a porta de acibecharía[6]. Esta arcada baixo a que se colocou o sartego do conde esta actualmente integrada na capela de Santa Catarina e aínda pode ser apreciada facendo de bóveda na mesma[7]. Tratábase dunha disposición de grande honra, feita conforme os costumes funerarios da época, nun lugar ben visíbel polo que transitaban os peregrinos antes de acceder á catedral, e ao que se achegaba periodicamente o cabido compostelán en procesión solemne[8]

Co gallo do ano xacobeo organizouse unha exposición denominada “Compostela e Europa. A historia de Diego Xelmírez” para a que foi reconstruída virtualmente a Porta Francíxena e na que é posíbel apreciar a colocación do sartego do conde Raimundo[9]

Este tipo de enterramento segue un paralelismo coas sepulturas da Porte des Comtes da basílica de Saint-Sernin de Toulouse onde desde o 1090 repousan os restos dos condes tolosanos[10]

O sartego no que descansou inicialmente o conde de Galiza, semella terse perdido nalgún momento, toda vez que o que se lle veu atribuíndo tradicionalmente, é datado polos estudosos a comezos do Século XIII[11] e representa a un home novo carente de barba, espada, anel ou calquera outro atributo institucional, en marcada diferenciación coa imaxe que do conde Raimundo se nos ofrece na miniatura do Tombo A de Compostela. Parece mais probábel a hipotese de que dito sartego pertenza ao infante Fernando Afonsez, fillo de Afonso VIII, do que existe constancia documental da súa inhumación na catedral compostelá.[3]

Na actualidade, este sepulcro atópase na Capela das Reliquias da Catedral de Santiago, que fai as veces de Panteón Real, por estar alí sepultados, entre outros:

Raimundo de Borgoña
Nacemento: c. 1070 Falecemento: 24 de maio 1107


Outros títulos Nobiliarios
Precedido por
Novo título


Conde de Galicia
1096–1107
(con Urraca)
Sucedido  por
Urraca
Títulos Honoríficos
Precedido por
Novo título


Emperador de toda Galicia
1096–1107
(con Urraca)
Sucedido  por
Urraca

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barón Faraldo, Andrés (2011). "Magnates y nobiles en la curia del conde Raimundo de Borgoña. Totius Gallecie Princeps (c. 1091-1107)" (PDF). Estudios Mindonienses 27: 531–574. Consultado o 4 de novembro de 2012. 
  2. Viñayo González, Antonio (1998). Real Colegiata de San Isidoro: historia, arte y vida. León: Edilesa. p. 23. ISBN 84-8012-201-3. 
  3. 3,0 3,1 Moralejo, Serafin (1990). ¿Raimundo de Borgoña († 1107) o Fernando Alfonso († 1214)?. Un episodio olvidado en la historia del panteón compostelano, (PDF). Galicia en la Edad Media. Actas del Coloquio de Santiago de Compostela 1987. pp. 161–178. 
  4. 4,0 4,1 Del Arco y Garay, Ricardo (1954). "XIII". En Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid. p. 200. 
  5. Castiñeiras, Manuel (2011). "La "Porta Francigena"una encrucijada en el nacimiento del gran portal románico". Anales de historia del arte (en Castelán) (2): 93.122. ISSN 0214-6452. 
  6. Castiñeiras, Manuel (2013). "Jaca, Toulouse, Conques y Roma: las huellas de los viajes de Diego Gelmírez en el arte románico compostelano" (PDF). Publicacións dixitais - Consello da Cultura Galega: 256. 
  7. Puente Míguez, Jose Antonio (2002). El sepulcro del conde Raimundo de Borgoña en la catedral de Santiago. Estudios sobre patrimonio artístico Homenaje del departamento de Historia del Arte y de la facultad de geografía e historia de la Universidad de santiago de Compostela a la Prof. Dra. Mª del Socorro Ortega Romero (Xunta de Galicia). pp. 83–95. ISBN 9788445333402. 
  8. Leirós Fernández, Eladio (1970). "Los tres libros de aniversarios de la Catedral de Santiago de Compostela". Compostellanum 15: 43–44. 
  9. MagnetoStudio (2010). Porta Francigena de la Catedral de Santiago de Compostela. 
  10. "L'enfeu des Comtes". Lieux Sacrés. Consultado o 20/04/2018. 
  11. Chamoso Lamas, Manuel (1979). Escultura funeraria en Galicia. Instituto de estudios orensanos Padre Feijoo. p. 503. 
  12. Vila Jato, Dolores; Jaime Díaz (2000). Catedral de Santiago de Compostela. León: Editorial Everest S.A. p. 56. ISBN 84-241-3622-5. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arco y Garay, Ricardo del (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
  • Bayó, Marina (1999): Catedral de Santiago de Compostela. 1ª ed. Barcelona: Editorial Escudo de Oro S. A. ISBN 84-378-2095-2.
  • Elorza, Juan C., Lourdes Vaquero, Belén Castillo e Marta Negro (1990): 'El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla. 2ª ed. Xunta de Castela e León. Consellería de Cultura e Benestar Social. ISBN 84-241-9999-5.
  • Pallares, M.ª del Carmen e Portela, Ermelindo (2006): La reina Urraca. San Sebastián: Editorial Nerea, S. A. ISBN 84-96431-18-5. Ampla crítica en HISPANIA. Revista Española de Historia.
  • Vila Jato, Dolores e Jaime Díaz (2000): Catedral de Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. ISBN 84-241-3622-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]