Saltar ao contido

Mosteiro de Alcobaça

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMosteiro de Alcobaça
Vista aérea
Imaxe
Tipomosteiro cistercense
patrimonio cultural Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlcobaça e Vestiaria, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAlcobaça (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°32′54″N 8°58′48″O / 39.5483, -8.98
Composto por
Características
Superficie0,98 ha
zona de protección: 85,78 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1989 (13ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iv) e (ii) Editar o valor en Wikidata
Identificador505
Monumento nacional de Portugal
Identificador70185
Historia
Data de creación ou fundación1187 Editar o valor en Wikidata
Data de disolución, retirada ou demolición1833 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais193.881 (2022) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmosteiroalcobaca.pt Editar o valor en Wikidata

O Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça, tamén coñecido como Real Abadía de Santa Maria de Alcobaça ou sinxelamente como Mosteiro de Alcobaça, é a primeira obra plenamente gótica erguida en chan portugués. Foi comezado en 1178 polos monxes do Císter, e continuado entre os séculos XIII e XVI. Está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e como Monumento Nacional, dende 1910, IPPAR.[1][2] O 7 de xullo de 2007, foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal. En 1834, os monxes foron forzados a abandonar o mosteiro, por mor do decreto de supresión de tódalas ordes relixiosas de Portugal, promulgado por Joaquim António de Aguiar, ministro dos negocios eclesiásticos e da xustiza do goberno da rexencia de Pedro, Duque de Bragança.

Sepulcro da rainha póstuma de Portugal

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Inés de Castro.
Túmulo de Inés de Castro, situado xunto ao túmulo de D. Pedro I.

Inés de Castro Cando Pedro I de Portugal ascendeu ao trono en 1357, após executar coas súas propias mans a dous dos asasinos de Inés, probabelmente a instancias do seu pai Afonso IV, afirmou que casara en segredo con ela. Ordenou que a enterrasen xunto a el, na igrexa do Mosteiro de Alcobaça, e encargou a construción dos seus sepulcros. En 1362, o corpo de Inés foi exhumado e transportado nun cortexo fúnebre desde Coimbra até Alcobaça, onde foi coroada raíña de Portugal, e enterrada para descansar alí en paz.[3]

  1. "Patrimonio de Portugal". Instituto de Gestão do Património Arquitectónico e Arqueológico. 
  2. Centre, UNESCO World Heritage. "Centro del Patrimonio Mundial -". UNESCO World Heritage Centre (en castelán). Consultado o 2023-06-25. 
  3. López, Víctor (2022-10-14). "Inés de Castro, a galega que reinou despois de morta". GCiencia. Consultado o 2023-06-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Maria Augusta Pablo Trindade Ferreira. Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça. ELO-IPPAR. 2nd edition, 1993. (en portugués)