Saltar ao contido

Sibila de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo trata da infanta filla de Berenguer Ramón I, conde de Barcelona (1005-1035). Para outra nobre do mesmo nome, raíña consorte da Coroa de Aragón (1377-1387), véxase Sibila de Fortià.
Modelo:BiografíaSibila de Barcelona
Biografía
Nacemento1035 Editar o valor en Wikidata
Morte1074 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique de Borgoña Editar o valor en Wikidata
FillosBeatrice de Bourgogne, Hugo I, Duque da Borgonha, Odón I de Borgoña, Raynald I, abbot of Flavigny, Roberto de Borgonha, bispo de Langres, Henrique de Borgoña Editar o valor en Wikidata
PaisBerenguer Ramón I el Curvo Editar o valor en Wikidata  e Gisela de Lluçá Editar o valor en Wikidata
IrmánsRaimundo Berenguer I
Sanç d'Olèrdola
Guilherme I de Osona Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Bourgogne-285

Sibila de Barcelona, nada en 1035 e finada en Barcelona despois do 6 de xullo de 1074, foi unha infanta de Barcelona e, despois do seu matrimonio, condesa consorte de Borgoña.

Orixes familiares

[editar | editar a fonte]

Foi a derradeira filla do conde de Barcelona, Berenguer Ramón I el Corbat ("o Curvado") e de Xisela de Lluçà,[1][2] filla do señor de Lluçà e de Villanueva Sunifredo II e da súa terceira esposa, Ermesinda de Balsareny.[3]

Era neta por liña paterna do conde Ramón Borrell e Ermesenda de Carcasona.[4] Foi irmá, por parte do pai, do tamén conde de Barcelona Ramón Berenguer I.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sibila probabelmente coñeceu ao seu futuro esposo, Henrique de Borgoña, chamando Donzel ou le Damoiseau,[6] e ao pai deste, Roberto I, príncipe francés da dinastía dos Capetos e primeiro duque de Borgoña de dita casa, conde de Charolais, Langres e de Auxerre,[7] cando se traladaron desde Borgoña á península Ibérica para loitaren na cruzada contra os musulmáns.

Ao redor de 1055, en Barcelona, Sibila casou con Henrique de Borgoña o Doncel,[5][8] fillo segundoxénito do duque de Borgoña Roberto I e de da súa esposa Hélie de Semur,[5] filla de Dalmacio I, señor de Semur, e de Aremburga de Vergy.[9]

Non se coñece o ano exacto da morte de Sibilla, soamente que a derradeira vez que aparece citada foi nun documento datado no 6 de xullo de 1074.

Foi sepultada na Capela do Sagrado Corazón (Sacré-Cœur) da Catedral de Santo Estevo de Besançon, hoxe Catedral de San Xoán de Besançon, templo fundado por Carlomagno no século IX e lugar habitual de enterramento dos condes do Franco Condado (ou Condado de Borgoña),[10] que por iso de coñece tamén como a Capela dos Condes.

Descendencia

[editar | editar a fonte]
As dúas catedrais de Besançon, San Xoán e San Estevo.

Sibila e Henrique de Borgoña tiveron sete fillos:[11]

  1. Condes de Barcelona en Medieval Lands (en inglés).
  2. Berenguer Ramon "el Curvo" of Barcelona en genealogy (en inglés).
  3. Guisle de Balçareni en geneanet.org (en castelán).
  4. Sòria i Ràfols 1989.
  5. 5,0 5,1 5,2 Sibila de Barcelona en geneanet.org (en castelán).
  6. Henri de Bourgogne, le Damoiseau en Medieval Lands] (en inglés).
  7. Richard 1954.
  8. Outras fontes din que o casamento foi en 1057.
  9. Hélie de Semur Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. en geneanet.org (en castelán).
  10. Quinnez, Joseph (1914): Les peintres et la cathédrale de Besançon, Éditions Jacques et Demontrond, pp. 70-71.
  11. Dinastía de Borgoña en Medieval Lands (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]