Manuel II de Portugal
Manuel II de Portugal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de novembro de 1889 |
Lugar de nacemento | Palácio Nacional de Belém |
Falecemento | 2 de xullo de 1932 |
Lugar de falecemento | Fulwell |
Causa | asfixia |
Soterrado | Igrexa de São Vicente de Fora |
Nacionalidade | Portugal |
Relixión | catolicismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Carlos I de Portugal |
Nai | Amélia de Orleães |
Cónxuxe | Augusta Vitória de Hohenzollern-Sigmaringen |
Irmáns | Luís Filipe de Bragança e Infanta Maria Anna of Portugal |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem de Santo André, Orde do Elefante, Gran Cruz da Orde da Torre e a Espada, Orde da Xarreteira, Gran Cruz da Orde de San Olaf, Ordem da Anunciação, Ordem do Serafim, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Grã-Cruz da Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes, Gran Cruz de Cabaleiro da Real Orde Victoriana e Order of Saint Stephen of Hungary |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Manuel II de Portugal, alcumado o Patriota ou o rei perdido, nado en Lisboa o 19 de marzo de 1889 e finado en Twickenham (Inglaterra) o 2 de xullo de 1932, foi un nobre da casa de Bragança, último rei de Portugal entre 1908 e 1910.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu reinado iniciouse en 1908, ano no que radicais republicanos asasinaron o seu pai, o rei Carlos e ao seu irmán maior, Luís Felipe, Príncipe Real.
O novo rei tivo que salvar a posición da Casa de Bragança forzando á dimisión do primeiro ministro João Franco e de todo o gabinete en 1908. Declaráronse eleccións libres nas que os republicanos e os socialistas tiveron cerca de 14 %. A revolución iniciouse o 4 de outubro de 1910 e Manuel fuxiu a Xibraltar con toda a familia real.
Viviu no exilio no Reino Unido. O 4 de setembro de 1913 casou coa princesa Augusta Vitoria de Hohenzollern-Sigmaringen. O rei morreu novo polo que os movementos realistas que querían restaurar a dinastía de Bragança fracasaron. Ao non deixar descendencia, os pretendentes ao trono de Portugal foron diversos, sen que se determinase quen era o lexítimo herdeiro ao trono.
Manuel II escribiu unha importante guía sobre a literatura portuguesa medieval e do renacemento.
Predecesor: Carlos I |
Rei de Portugal 1908-1910 |
Sucesor: declárase a República
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Manuel II de Portugal |