Xoán V de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Xoán V de Portugal, nado como João Francisco António José Bento Bernardo de Bragança en Lisboa o 22 de outubro de 1689 e finado na mesma cidade o 31 de xullo de 1750, foi rei de Portugal dende o 9 de decembro de 1706 ata a súa morte. Recibiu os alcumes de O Magnânimo ou O Rei-Sol Portugués, en virtude do luxo de que se revestira o seu reinado; algúns historiadores chámanlle tamén como O Freirático, debido á súa coñecida apetencia sexual por freiras.
traxectoria
[editar | editar a fonte]Casou coa filla de Leopoldo I de Austria, Maria Ana Josefa de Austria, o 9 de xullo de 1708. Como non tiñan fillos, o rei decidiu facer votos a Santo Antón, e así comenzaran a nacer seus fillos. Por causa diso, Xoán V mandou erixir o Real Edificio de Mafra, inaugurado polo Papa Bieito XIV. Catro anos máis tarde, recibiría dese mesmo papa o título de Súa Maxestade Fidelísima, extensible aos seus sucesores. Foi tamén no seu reinado que a Santa Sé concedeu a Lisboa a dignidade de Patriarcado, a par de Roma e de Venecia, tornándose así o arcebispo lisboeta D. Tomás de Almeida un dos tres patriarcas de Occidente.
Xoán V tivo cinco fillos lexítimos:
- Maria Bárbara de Bragança (1711-1758), Raíña de España (casou con Fernando VI de España)
- Pedro de Bragança, príncipe do Brasil (1712-1714)
- Xosé I, Rei de Portugal (1714-1777)
- Carlos de Bragança (1716-1736)
- Pedro III, Rei de Portugal (1717-1786)
- Alexandre de Bragança (1723-1728)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |