Fernando II de Portugal
Fernando II de Portugal, nado coma Fernando Augusto Francisco Antonio de Saxonia-Coburgo-Gotha-Koháry[1] en Viena o 29 de outubro de 1816 e finado en Lisboa o 15 de decembro de 1885, foi o Príncipe e, posteriormente, Rei de Portugal de Portugal polo seu casamento a raíña D. María II en 1836.
De acordo coas leis portuguesas, D. Fernando de Saxonia-Coburgo-Gotha-Koháry tornouse rei de Portugal iure uxoris, só despois do nacemento do primeiro Príncipe, que foi o futuro D. Pedro V, en 1837. Desa forma, cesa na Casa Real portuguesa a varonía de D. Afonso Henriques, mantida ao longo de sete séculos (nótese que a outra raíña portuguesa, D. María I, casara co tío D. Pedro III, polo que se mantivo o sangue do primeiro rei de Portugal), tendo entón pasado a correr o sangue da casa de Saxonia-Coburgo e Gotha nas veas dos Bragança.
Aínda que fose D. María II a detentora do poder, D. Fernando evitar sempre que sexa posible a política, preferindo involucrar-se coa arte[2].
D. Fernando II foi rexente do reino por catro veces, durante os embarazos de María II, despois da súa morte en 1853 e cando o seu segundo fillo, o rei Lois I, e a raíña María Pia de Savoia se ausentou de Portugal para asistir á Exposición de París en 1867.
El foi coñecido na historia de Portugal como "O Rei Artista".
Familia
[editar | editar a fonte]Era o primoxénito do príncipe Fernando de Saxonia-Coburgo e Gotha, irmán do duque Ernesto I e do rei Leopoldo I dos Belgas, e da súa dona, María Antonia de Koháry. Tiña tres irmáns máis novos: Augusto, Vitoria e Leopoldo.
O príncipe creceu en varios lugares: nas terras da súa familia na actual Eslovaquia e nas cortes austríacas e as xermánicas.
Tronos Grego e Español
[editar | editar a fonte]En 1862, houbo unha revolta en Grecia contra o rei Odón I e ofrece-se o trono grego a D. Fernando II, pero este negouse.
En 1868, unha revolución expulsou a Raíña Isabel II de España e a súa familia, e o goberno provisional Español, non desexando establecer unha República, ofreceu a coroa a D. Fernando II, entón con corenta e nove anos. Tamén rexeitou a proposta.
Notas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fernando II de Portugal |
- ↑ Ferdinand August Franz Anton von Sachsen-Coburg-Gotha-Koháry, en alemán
- ↑ "D. Fernando II, O Rei Artista (1816-1885)". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2009. Consultado o 16 de novembro de 2009.