Aveiro é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Aveiro, na rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, situada a cerca de 58km ao norte de Coímbra. A cidade sitúase na desembocadura do río Vouga, que formará pouco despois a ría de Aveiro.
É sede dun concello con 199,58km² de área, subdividido en 10 freguesías e ten 78 450 habitantes segundo o censo de 2011[1]; dos cales 37 120 son homes e 41 330 son mulleres. O municipio limita polo norte co concello de Murtosa, ao nordeste co de Albergaria-a-Velha, ao leste con Águeda, ao sur con Oliveira do Bairro, ao sueste con Vagos e con Ílhavo, e cunha faixa relativamente estreita de litoral no océano Atlántico, polo oeste.
É un municipio territorialmente descontinuo, visto que comprende algunhas illas na Ría de Aveiro, e unha porción da península costeira con case 25km de extensión que pecha a ría polo Occidente.
No censo de 1864, a freguesía de Nariz, formaba parte do concello de Oliveira do Bairro; pasou a se incorporar ao de Aveiro por mor do decreto de 04/12/1872
Por mor do decreto de 13/01/1898 a freguesia de Ílhavo, que formaba parte do de Aveiro, pasou a crear o novo concello de Ílhavo.