Xoán IV de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán IV de Portugal
AlcumeO Vitorioso
Nacemento19 de marzo de 1604
Lugar de nacementoPaço Ducal de Vila Viçosa
Falecemento6 de novembro de 1656
Lugar de falecementoPaço da Ribeira
SoterradoIgrexa de São Vicente de Fora
NacionalidadeReino de Portugal
Relixióncatolicismo
Ocupacióncompositor, monarca e monarca
PaiTeodósio II, Duque de Bragança
NaiAna de Velasco e Girón
CónxuxeLuísa de Gusmão
FillosCatarina de Braganza, Teodósio, Príncipe do Brasil, Joana, Princesa da Beira, Afonso VI de Portugal, Pedro II de Portugal, Ana de Bragança e Manuel de Bragança
IrmánsDuarte de Bragança, senhor de Vila do Conde, Catarina de Bragança e Alexandre de Bragança
Na rede
Musicbrainz: 07ded703-212a-4685-8d44-5b63c6562a33 Discogs: 1035762 IMSLP: Category:João_IV,_Dom Allmusic: mn0002181664 WikiTree: Braganza-4 Find a Grave: 9705493 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Xoán IV de Portugal.
Escudo de Xoán IV de Portugal.

Xoán IV de Portugal (en portugués João IV), alcumado O Afortunado ou O Restaurador, nado en Vila Viçosa en 1604 e finado en Lisboa o 6 de novembro de 1656, foi rei de Portugal entre 1640 e 1656, primeiro monarca da casa de Bragança.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares[editar | editar a fonte]

Fillo de Teodosio de Bragança, duque de Bragança, e da súa esposa Ana de Velasco, naceu o 19 de marzo de 1604.

Por liña materna descendía do rei Manuel I de Portugal, e como duque de Bragança descendía tamén de Xoán I de Portugal por liña feminina.

Ascenso ao trono[editar | editar a fonte]

Durante a súa mocedade Filipe IV de Castela reinou en Portugal como descendente por liña feminina do rei Manuel. A dinastía Habsburgo fixérase co poder en Portugal ao derrotar en 1580 ao proclamado rei Antonio I de Portugal na batalla de Alcántara. O caràcter relixioso e pacífico do duque de Bragança impedíalle facer prevaler os seus dereitos lexítimos. A súa esposa Luísa de Guzmán impulsouno a ocupar o trono portugués, iniciando unha revolución o 1 de decembro de 1640, que acabaría por conseguir expulsar os casteláns.

A súa ascensión comportou unha guerra contra a Coroa de Castela, que rematará en 1668, co recoñecemento da independencia de Portugal. As alianzas asinadas por Portugal con Francia e Suecia, en xuño e agosto de 1641, enmarcadas na Guerra dos Trinta Anos, realizaronse para poder facer fronte aos intereses casteláns en Portugal, así como fronte os holandeses nas colonias portuguesas, especialmente o Brasil.

En Portugal a invasión española comezou en 1641, sendo reducida en Montijo en 1650. En xaneiro daquel mesmo ano os holandeses tomaron Malaca e en 1648, no sultanato de Oman, tomaron Muscat. En 1654 o Brasil tornou a mans portuguesas, unha aspiración holandesa que non se viu cumprida, mais Portugal viu caer en mans holandesas a illa de Sri Lanka en 1656.

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

O futuro Xoán IV casou en 1633 en Elvas con Luísa de Guzmán (en portugués dita Luísa de Gusmão), filla de Juan Manuel Pérez de Guzmán, duque de Medina-Sidonia. Desta unión naceran:

Tivo unha filla natural:

  • María de Bragança (1644-1693), relixiosa
Rei de Portugal

Segue a:
Filipe III
Xoán IV de Portugal
Precede a:
Afonso VI
Dinastía de Braganza