Pedro II de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro II de Bragança
Rei de Portugal

Reinado12 de setembro de 1683 - 9 de decembro de 1706
Nacemento26 de abril de 1648
Lisboa
Falecemento9 de decembro de 1706
Lisboa
PredecesorAfonso VI de Portugal
SucesorXoán V de Portugal
Cónxuxe/sMaría Francisca de Savoia
María Sofia Isabel de Neuburgo

Na rede
WikiTree: Braganza-36 Find a Grave: 9705460 Editar o valor em Wikidata

Pedro II de Portugal, nado en Lisboa o 26 de abril de 1648 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1706, foi un nobre portugués, rei de Portugal dende 1683 ata a súa morte.

Era fillo de Xoán IV de Portugal. Sucedeu ao seu irmán Afonso VI de Portugal, aínda que xa exercía as funcións de rexente do reino dende 1668, debido á inestabilidade mental do seu irmán.

Alcumado O Pacífico, porque durante a súa rexencia asinouse a paz con España (en 1668). A súa longa xestión foi de importantes realizacións. En 1671 concedeu liberdade de comercio para os ingleses residentes en Portugal e deu inicio ao establecemento de manufacturas téxtiles. Obtivo autorización papal para a elevación do Bispado da Baía á categoría de arcebispado, e a creación dos bispados en Olinda e no Río de Xaneiro no 1676. En 1677 foi creado o bispado do Maranhão, subordinado directamente ao arcebispado de Lisboa. En 1686, por decreto do Rexemento de Misións, foron restrinxidos os privilexios dos xesuítas no norte do Brasil.

Morreu con 58 anos na Quinta de Alcántara ou Palacio da Palhavã, catro días despois de enfermar de apoplexía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Pedro II , Rey de Portugal" (contido baixo subscrición). Archivo Biográfico de España, Portugal e Iberoamérica (ABEPI). World Biographical Information System (en castelán). microficha 0714. de Gruyter. pp. 170–171,176–185. Consultado o 11 de xullo de 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Rei de Portugal

Segue a:
Afonso VI de Portugal
Pedro II de Portugal
Precede a:
Xoán V de Portugal
Dinastía de Braganza

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.