Batalla de San Mamede
| Batalla de San Mamede | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
|
Resultado
Vitoria de Afonso I de Portugal | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
A batalla de San Mamede (en portugués batalha de São Mamede) trabou o 24 de xuño de 1128 preto de Guimarães e considérase un dos eventos fundamentais para a independencia do Reino de Portugal.[1][2][3][4] Participaron as tropas dos seguidores do infante Afonso Henriques e as tropas leais a súa nai Tareixa, condesa de Portucale, e mais as do seu amante, o conde galego Fernán Pérez de Traba.[5][6] Despois de San Mamede, o que sería futuro rei, comezou a ostentar o título de príncipe. Sería proclamado rei en 1139 e foi recoñecido como tal polo rei de Galicia e León en 1143.
Contexto
[editar | editar a fonte]
A finais do século XI Henrique de Borgoña foi apoiar os cristiáns da Península como cruzado. Loitou contra os mouros xunto con Afonso VI. O rei, en agradecemento, deulle a man da súa filla máis nova, Tareixa. En 1095 o condado era unha dependencia do Reino de Galicia, en unión co Reino de León. En 1097 Portucale pasou a ser unha dependencia directa de León. Porén, desde os primeiros anos do seu goberno, Henrique foi influenciado polo desexo de independencia dos señores do condado.
Henrique morreu en 1112, e a súa muller, a raíña Tareixa ( Regina Tarasia , segundo ela ostentaba) converteuse na condesa de Portugal. A súa irmá a raíña Orraca converteuse en raíña de León e Galicia despois da morte do seu pai, Afonso VI. Como o seu marido, Tareixa tamén era ambiciosa e desexaba a independencia de León, e en particular da súa irmá. Para tentar manter a autonomía da súa comarca, en diferentes momentos aliouse cos inimigos da súa irmá ou coa súa irmá, o que fose máis propicio.
En 1116 os seguidores de Tareixa tomaron dúas cidades galegas, Tui e Ourense. En resposta, a raíña Orraca atacou os dominios de Tareixa. O bispo galego Diego Xelmírez, amigo do nobre galego Fernán que estaba ao servizo de Tareixa, organizou unha revolta no campamento da raíña Orraca, e Orraca viuse obrigada a facer as paces coa súa irmá Tareixa.
Orraca morreu en 1126. O fillo de Orraca, Afonso VII, converteuse en rei e esixiu que Tareixa se convertese na súa vasala, cousa que ela rexeitou. Como resposta, Afonso atacou Portucale na primavera de 1127. Isto aumentou o poder do fillo de Tareixa, Afonso Henriques, xa que ela perdera a confianza do rei. Posteriormente, Tareixa converteuse nun monicreque de Fernán Pérez de Traba. Tareixa e o príncipe Afonso convertéronse polo tanto en inimigos do rei xa que ambos querían tomar o control do condado, pero só os partidarios do príncipe Afonso estaban realmente interesados na independencia total.
Batalla
[editar | editar a fonte]As dúas faccións enfrontáronse no Campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito Campo do Torneio, preto de Guimarães; este nome pode dar a entender que a batalla foi un torneo.[Cómpre referencia]
Afonso Henriques non estivo só na suposta batalla. De feito, foi axudado polos señores das principais cidades portuguesas, pola igrexa local e pola súa xente para lograr a independencia do país.
Nobres que participaron na batalla con Afonso I Henriques:
- Afonso Nunes de Barbosa (1131)
- Paio Mendes da Maia ( Arcebispo de Braga )
- Egas Moniz de Cresconhe
- Egas Moniz de Ribadouro (1108–1146)
- Ermigio Moniz de Ribadouro (1128–1135)
- Fernão Captivo ( Alferes-Maior )
- García Soares
- Godinho Fafes de Lanhoso
- Gonçalo Mendes da Maia ( O Lidador )
- Gonçalo Mendes de Sousa (1154-1167)
- Nuno Soares Velho (1117-1162)
- Paio Ramires Ramirão
- Sancho Nunes de Barbosa (1114-1169)
- Soeiro Mendes de Sousa (1121-1137)
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Coa derrota, Tareixa e Fernán abandonaron o goberno condal, que ficou despois nas mans do infante Afonso e os seus partidarios, desagradando ao bispo de Santiago de Compostela, Diego Xelmírez, que cobizaba o dominio das terras ao sur do Miño. Tareixa desistiu así das ambicións de ser señora de Galiza, transminiana e cisminiana. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no Castelo de Lanhoso. Hai ata quen relatou as maldicións que Tareixa lanzou ao seu fillo Henrique.[7]
En 1129, Afonso Henriques autoproclamouse príncipe de Portugal e en 1139 rei de Portugal. Afonso VII finalmente recoñeceu a independencia de Portugal en 1143 no Tratado de Zamora.[8][9] En 1179, o Papa acepta a vasalaxe directa de Henriques, recoñecéndoo rei de iure a través do que pasou a ser Afonso I de Portugal.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Battle of São Mamede". britannica.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Batalha de S. Mamede". infopedia.pt.
- ↑ "Important dates in Portuguese history". almaria.pt. Consultado o 2023.
- ↑ "Munícipio de Guimarães". cm-guimaraes.pt. Consultado o 2023.
- ↑ "The Kingdom of Portugal". portugalonline.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Guimarães". paginas.fe.up.pt. Consultado o 2023.
- ↑ Mattoso, José (1993). Os primeiros reis de Portugal. Caminho. ISBN 978-9722108683.
- ↑ Lay, S. (2008). The Reconquest Kings of Portugal: Political and Cultural Reorientation on the Medieval Frontier. Springer. ISBN 9780230583139.
- ↑ Waisberg, Tatiana (2017). The Treaty of Tordesillas and the (Re)Invention of International Law in the Age of Discovery. Journal of Global Studies.
- ↑ "Bula "Manifestis probatum" do Papa Alexandre III pela qual confirmou o reino de Portugal ao rei D. Afonso Henriques e a seus herdeiros". digitarq.arquivos.pt. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2023. Consultado o 26 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de San Mamede |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Batalha de S. Mamede infopedia.pt (en portugués).