Afonso V o Nobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afonso V o Nobre
Miniatura medieval de Afonso V no Libro dos Testamentos (fol. 53v).
Rei da Galicia altomedieval
Reinado 999-1028
Coroación 1108
Predecesor Vermudo II
Sucesor Vermudo III
Cónxuxes Elvira Menéndez de Melanda
Urraca Garcés
Descendencia
Vermudo III
Sancha I
Ordoño II
Casa Dinastía Ramírez
Pai Vermudo II
Nai Elvira García
Nacemento 994
Falecemento 1028
Viseu
Enterramento Monasterio de Isidoro de León

Afonso V o Nobre, Rex Gallitianus[1] (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León (nado no 994 ou 995 e falecido en Viseu en 1028), foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.

Biografía[editar | editar a fonte]

Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo González. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).

Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Menendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.

Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.

Faleceu sitiando a praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Ximena (nacida de Dona Urraca).

Afonso V o Nobre
Ramírez
Nacemento: 994 Falecemento: 1028


Títulos Reais
Precedido por
Vermudo II


Rei de Galicia
999–1028
Sucedido  por
Vermudo III

Ascendencia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Maravall, 1981, p. 109 (Ademar de Chabannes, Chronica, 194-195).