Tomar
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Santarém | |||
Capital de | ||||
Contén a división administrativa | Além da Ribeira e Pedreira (pt) Asseiceira (pt) Carregueiros (pt) Casais e Alviobeira (pt) Madalena e Beselga (pt) Olalhas (pt) Paialvo (pt) Sabacheira (pt) Serra e Junceira (pt) São Pedro de Tomar (pt) Tomar (São João Baptista) e Santa Maria dos Olivais (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 40.677 (2011) (115,56 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 352 km² | |||
Altitude | 342 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2300-xxx | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-tomar.pt |
Tomar (en portugués arcaico Thomar), é unha cidade portuguesa con máis de 40.000 habitantes, pertencente ao Distrito de Santarém, rexión Centro e subrexión do Medio Texo. Pertencía aínda á antiga provincia do Ribatejo, hoxe porén sen significado político-administrativo.
O concello está limitado ao norte polo concello de Ferreira do Zêzere, ao leste por Abrantes, ao sur por Vila Nova da Barquinha, ao oeste por Torres Novas e a noroeste por Ourém.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está atravesada polo río Nabão, que é afluente do río Zêzere. Sitúase na talvez rexión máis fértil de Portugal e unha das máis férteis da Península Ibérica, a lezíria (mesopotamia) ribatexana.
Freguesías do concello
[editar | editar a fonte]As freguesías de Tomar son as seguintes:
- Além da Ribeira
- Alviobeira
- Asseiceira
- Beselga
- Carregueiros
- Casais
- Junceira
- Madalena
- Olalhas
- Paialvo
- Pedreira
- Sabacheira
- Santa Maria dos Olivais (Tomar)
- São João Baptista (Tomar)
- São Pedro de Tomar (Tomar) (antes S. Pedro da Beberriqueira)
- Serra
Economía
[editar | editar a fonte]O turismo é hoxe unha actividade de primeira importancia, xa que o Convento de Cristo, principal monumento da cidade foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1983. É centro industrial, con fábricas de papel, derivados da madeira e outras; e comercial. A terra é fértil e produce froitas, aceite e viño
Patrimonio de interese cultural
[editar | editar a fonte]- Castelo e Convento da Orde de Cristo: magnífico conxunto dos séculos XII a XVI. É o principal monumento da cidade e un dos máis importantes de Portugal. Declarado pola Unesco Patrimonio Mundial
- Igrexa de Santa Maria do Olival: este templo gótico (século XIII) foi necrópole dos Cabaleiros Templarios.
- Sinagoga de Tomar: Tomar posúe a sinagoga medieval mellor conservada de Portugal. Foi edificada a mediados do século XV e goza dun interesante interior con bóvedas góticas e interesantes capiteis clasicistas. É de salientar o sorprendente sistema acústico con ánforas invertidas incrustadas nas esquinas. Desde 1939 acolle o pequeno Museo Xudeu Abraão Zacuto, con pezas relativas á historia xudía en Portugal.
- Igrexa de San Xoán Bautista (São João Baptista): a igrexa máis importante de Tomar érguese na praza principal da cidade, fronte ó Pazo Municipal (século XVII). A igrexa foi erguida entre os séculos XV e XVI, e mostra moi interesantes detalles artísticos, como o portal gótico flamíxero; a torre manuelina con sino do XVI, os capiteis historiados, e varios paneis pintados, en 1530, por un dos pintores portugueses renacentistas de maior calidade, Gregorio Lopes.
- Capela de Nosa Señora da Concepción (Nossa Senhora da Conceição): contruída entre 1532 e 1540, en estilo renacentista puro, foi comezada por João de Castilho e rematada por Diogo de Torralva. Foi dedicada como capela funeraria do rei Xoán III.
- Igrexa e Convento de Santa Iria: localizable preto do río Nabão, este conxunto do século XVI mostra unha fermosa portada e un altar renacentistas, así como detalles de estilo manuelino.
A parte antiga da cidade está organizada consonte un plano en dameiro, o que constitúe unha raraeza medieval (mais débese ter en conta que trazas semellantes se utilizaran pola mesma época no hispano reino de Valencia). O casco posúe interesantes casas con atractivas fachadas renacentistas, barrocas e románticas. O parque sito cerca da ponte sobre o río Nabão, ofrece pintorescas vistas da cidade e arredores.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
S. Xoán Bautista.
-
Fiestra manuelina no Convento de Cristo.
-
Convento de Cristo, Patio interno.
-
Acueduto do Convento.
-
Castelo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomar |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 02 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en portugués)