Henrique de Borgoña (1035-1066)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1035 (Gregoriano) |
Morte | 1071 (35/36 anos) Reino de Francia |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Sibila de Barcelona |
Fillos | Beatrice de Bourgogne, Hugo I, Duque da Borgonha, Odón I de Borgoña, Raynald I, abbot of Flavigny, Roberto de Borgonha, bispo de Langres, Henrique de Borgoña |
Pais | Roberto I de Borgoña e Hélie de Semur |
Irmáns | Constanza de Borgoña Hildegarda da Borgonha |
Henrique de Borgoña, chamando Donzel ou le Damoiseau,[1] nado contra o ano 1035 e finado contra 1066, foi un nobre francés, fillo de Roberto I o Vello, duque de Borgoña e de Hélie de Semur, e neto do rei de Francia Roberto II o Piadoso.
Segundo certos historiadores, casou en 1056 con Sibila de Barcelona, filla de Berenguer Ramón I, chamado o Curvado, conde de Barcelona e Xisela de Lluça.[2] Segundo outras fontes, foi esposo de Sibila, filla do conde Rexinaldo I de Borgoña e de Alicia de Normandía.
Pero en base a unha frase de Orderic Vital, falando das fazañas de Roberto I de Borgoña en varios países, parece máis probábel a primeira hipótese: «nunha expedición en 1058 para defender o Condado de Barcelona contra os musulmáns, casara cun parente do conde Raimundo Borrell, cuxo alcume pasou aos seus descendentes.[3]
Descendencia
[editar | editar a fonte]Tivo os seguintes fillos:
- Hugo (1057 - 1093), duque de Borgoña, co nome de Hugo I.
- Eudes (1058 - 1103), duque de Borgoña, co nome de Eudes I.
- Roberto (1059 - 1111), bispo de Langres
- Renaud (1065 - 1092), abade de Saint-Pierre à Flavigny;
- Henrique (1066 - 1112), conde de Portugal, de quen descende a primeira casa real de Portugal.
Morreu antes que o seu pai, polo que o seu fillo Hugo sucedeu ao seu avó.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henri de Bourgogne, le Damoiseau no sitio Foundation for Medieval Genealogy (en inglés)
- ↑ Jean Richard: Les ducs de Bourgogne et la formation du duché du XIe au XIVe siècles.
- ↑ Maurice Chaume: Les premières croisades bourguignonnes au-delà des Pyrénées in Annales de Bourgogne, XVIII, 1946, p. 161-165) e En marges des croisades bourguignonnes, d'Espagne, in Annales de Bourgogne, IX, 1937, p. 68-73).