Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Concilio de Husillos foi un concilio da Igrexa dos reinos de Galiza, León e Castela celebrado no ano 1088 en Husillos. Nel comezou a xestarse a configuración estable da diocese de Osma e o límite meridional da diocese de Burgos[1] entre outros asuntos.
No ano 1104 celebrouse outro concilio en Husillos, no cal só se sabe que foron publicados e recoñecidos os dereitos metropolitanos.
- ↑ Bartolomé Martínez, Bernabé. Historia De Las Diócesis Españolas: Vol. 20.: Iglesias De Burgos, Osma-Soria y Santander, 2004