Alfoz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Galería de imaxes: -repetida; +sen uso
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|43_31_42_N_07_24_50_W|43° 31' 42" N, 07° 24' 50" O}}
{{Coordenadas|43|31|42|N|07|24|50|W|display=title}}

{{Concello info
{{Concello info
| bandeira =
| bandeira =

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2011 ás 11:04

Coordenadas: 43°31′42″N 07°24′50″O / 43.52833, -7.41389

Alfoz
Escudo de Alfoz
Situación
Xentilicio[1]Alfocés - Alfocense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Central
Poboación2.078 hab. (2010)[2][3]
Área77,5 km²[3]
Densidade26,81 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias e 162 lugares[4]
Capital do concelloA Seara dende 1990
Política (2011)
AlcaldeEmilio Lousas Muíña (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 3
Outros: -
Eleccións municipais en Alfoz
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes99,83%
Na rede
www.concellodealfoz.es
editar datos en Wikidata ]

Alfoz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é alfocés ou alfocense.

Xeografía

Situación

O concello ten unha superficie de 78 km². Limita cos concellos de Foz, Mondoñedo, Abadín e O Valadouro.

Orografía

Na xeografía de Alfoz percíbense dúas partes principais: no sur unha zona montañosa na que están as serras de Toxiza e do Xistral (altitudes na cota dos 800 m); a segunda zona o val do río Ouro con terras fértiles e abundantes precipitacións. E, entre ambas, unha zona de transición onde as altitudes descenden por debaixo dos 250 m.

A altitude media oscila entre os 180 m de Lagoa e os 200 m de Mor, ata os montes Leboreiro con 672 m, Pico da Pena Muneite (674 m) ou monte Queimado (763 m). Outros cumios son Pena do Boi (600 m), o Arnela (452 m), A Frouxeira (427 m), Pedrouso (588 m), Pico da Pedra (637 m), Pico Silloso (574 m) e Táboa do Souto (354 m).

Hidrografía

O río Ouro, nace na serra do Xistral. Afluentes seus son o Beloi e Covas (pola dereita), Ferreira e Bao (pola esquerda).

Clima

O clima é suave pola situación de abrigo que presenta o municipio respecto aos ventos reinantes. As temperaturas oscilan entre os 17 °C no mes máis quente e os 7,5 °C nos máis fríos. Este clima benigno favorece a vexetación dos seus vales, onde predominan as especies de repoboación como o piñeiro e o eucalipto.

Demografía

O concello de Alfoz ten 2.133 habitantes segundo o censo do 2008, e un movemento demográfico regresivo dende o censo de 1900. A densidade de poboación situábase en 2004 nos 33,6 hab./km². A taxa de natalidade é baixa (inferior ao seis por mil) e a taxa de mortaldade é alta (superior ao doce por mil). Por tanto, o crecemento vexetativo é negativo e a poboación ten un progresivo envellecemento, onde o 22,7 % dos habitantes son maiores de 65 anos.

Segundo o IGE en 2010 tiña 2.078 habitantes (2.216 no 2006, 2.266 no 2005, 2.312 no 2004, 2.348 no 2003).

Evolución da poboación de: Alfoz - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1960  1981  1991  1995  2001  2003  2004
  3.713.   3.639.   4.011.   3.708.   2.858.   2.645.   2.654.   2.382.   2.348.   2.312.
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Segundo o historiador Villa-Amil y Castro, o Castro de Ouro foi o antigo Burio, ou o despois chamado Ourio. Amor Meilán asegura como indubidable que o territorio do castro foi reedificado por Mamed Vistremiro, quen o herdara do presbítero Teodisedo. Á súa morte pasou a varios sobriños até que foi vendido, polos herdeiros arruinados, a Gutier Ganimir e, máis tarde, ao Bispo de Mondoñedo, Armentario (983 - 1011). Nesta época inícianse os litixios entre o concello e o prelado. Estes preitos foron resoltos pola Coroa no século XV a favor do concello. Xa na época de Don Sancho II (1065 - 1072), as diferenzas foron en aumento, estiveron resoltas momentaneamente polo acordo entre o bispo Álvaro I Gómez, o Concello e o Alcalde de Castro. Mais non todo queda aí. Un párroco da principios do século XX testemuñaba que estaba recollido na documentación (do ano 897) que no ano 747 a parroquia de San Vicente da Lagoa quedara en testamento ao entón bispo Odoario xunto coa Vila Centoia. En 1220 Afonso IX concedeulle a Alfoz o foro de Benavente.

O Castro de Ouro foi denominada naquel entón capital do concello, pero no ano 1990 trasladouse á Seara (no concello de Mor). O Castro de Ouro ten grande importancia na historia de Galicia, xa que nunha das casas da aldea foi preso, logo de varios anos de enfrontamento cos partidarios dos Reis Católicos, o Mariscal Pardo de Cela, quen estivo reducido na fortaleza da Frouxeira por Fernando de Acuña (primeiro gobernador dos Reis Católicos en Galicia). Alí resistiu ate que, o día 7 de decembro de 1483, foi traizoado por Elvira de Muras e outros vinte e dous criados, abríndolle as portas da fortaleza a Don Lois Marcos Mudarra, capitán do exército que a cercaba. Feito prisioneiro é conducido ate Mondoñedo, onde foi decapitado o día 23 do mesmo mes.

Xa no ano 1840 Alfoz disolveuse para ser integrado no concello do Valadouro, disolución que durou unicamente un ano, xa que no 1841 volvía a estar constituído. Finalmente, cabe salientar que o século XVIII foi para Alfoz unha centuria de notable prosperidade económica: aínda no ano 1787 funcionaban 99 teares cunha produción total de 4.066 varas. Igualmente, a agricultura, especialmente no sector vitícola, alcanzaba pola mesma data unha produción de 977 arrobas.

Cultura

Toponimia

A hipótese máis empregada é que o nome puidera proceder do árabe al-hawuz, que en galego medieval indicaba o territorio sobre o que tiña xurisdición unha vila ou unha cidade. Alfoz -antes terra chan do Val de Ouro- é o nome co que se coñece o conxunto do termo municipal sen que corresponda a entidade concreta algunha.

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Vestixios arqueolóxicos: Castro de Lagoa en Adelán; Pena Abaladoira no Pereiro.

Patrimonio arquitectónico

Dentro da arquitectura relixiosa existen neste concello bos exemplos:

  • os templos románicos das igrexas de Santiago de Adelán (s. XII)
  • o gótico está presente na Igrexa de San Salvador de Castro de Ouro (s. XV)
  • e xa pertencentes ao século XVIII a igrexa de Santa María de Bacoi, Capela dos Remedios, a igrexa de San Vicente da Lagoa (s. XVIII, aínda que hai documentos que a datan antes do ano 747), Santa María de Pereiro, San Sebastián de Carballido, capela de SAn Rosendo no Coto (s. XVIII), etc.
  • Cruceiros: Cruceiros de Acibro, Arnela, Caxigueira, Faián e Outeiro.

Con respecto á arquitectura civil hai numerosos pazos e casas grandes:

  • Pazos: Pazo de Carballido, Pazo de Basanta (s. XIV), Pazo de Allegue (s. XVIII), Casa do Pazo en Adelán, Pazo de Escoura, Pazo do Rizal, Pazo de Carrocide (s. XVIII), a casa grande de Cadeirido.
  • Muíños: Muíño do Pazo no Carballido, e o de Salvaterra en Adelán

Mención á parte merecen, tanto pola súa importancia histórica como artística, o castelo do Castrodouro e a Torre de Adelán.

Etnografía

Festas e celebracións

Feiras:

  • Feira do trece en Castro de Ouro (o día 13 de cada mes).
  • Feira de Correlos (o primeiro mércores de cada mes).
  • Feira de Santiago en Lagoa (o día 25 de xullo).

Festas e romarías:

  • Santiago en Lagoa (o 25 de xullo).
  • San Cristovo en Mor (o primeiro domingo de Agosto; máis coñecida coma festa "dos Choferes").
  • San Pedro (os días 29 e 30 de xuño) e as festas patronais (o día 12 de agosto).
  • Nosa Señora en Bacoi (derradeiro domingo de xullo).
  • San Sebastián en Carballido (os días 19 e 20 de xaneiro).
  • A rapa das bestas en O Pereiro-Guilfonso (a mediados de xuño).
  • A Festa da Malla (que se celebra na Leira Galea).

Artesanía

A artesanía está representada na tradicional confección das típicas "zocas" de Carballido e Lagoa. A gastronomía ten nas troitas, o añogoto asado e o lacón os seus pratos máis típicos.

Tradición oral

No apartado etnográfico familiarizouse coa alma popular unha personaxe histórica e lendaria como é o Mariscal Pardo de Cela ate tal punto que é difícil discernir entre a lenda e o feito histórico. Aínda así, quere a lenda que Pardo de Cela, señor da torre de Cela, A Frouxeira e outros lugares, apareza enarborando a cruzada dos Irmandiños en contra do centralismo dos Reis Católicos ate que, sendo traizoado polos seus criados, que abriron as portas ao exército de Mudarra que cercaba a súa inexpugnable Torre da Frouxeira, foi feito prisioneiro co seu fillo e Pedro Miranda, e finalmente decapitados na praza da catedral de Mondoñedo, a pesar do indulto que xa conseguira a súa muller.

Economía

Sector primario

As explotacións agrarias son orientadas ao autoconsumo -nos últimos reducise a superficie de explotación-.

Agricultura

Os principais cultivos son: millo, patacas, trigo e produtos hortofrutícolas alternados coas pradeiras.

Gandería

No sector gandeiro: gado bovino para a produción láctea (no 1995 había 1.924 cabezas) e o porcino (401 cabezas no 1995) todos eles en pequenas explotacións. Hai tamén unhas 1.500 cabezas de gado cabalar, a maior parte en estado salvaxe. As hectáreas dedicadas a pasteiros permanentes son 921, fronte ás de labradío que suman 444 hectáreas.

Silvicultura

A industria madeireira é actualmente o principal recurso económico deste concello debido á súa importante superficie arbórea, sobre todo piñeiro e eucalipto. Esta materia prima transfórmase nos serradoiros que xeran moitos empregos e que están sendo modernizados e adaptados á nova tecnoloxía.

Industria

Outras empresas transcendentes son as relacionadas coa construción e transformados metálicos, montaxe de carrocerías e as extractivas. Actualmente desapareceu tanto a industria téxtil, que no século XVIII comprendía 99 teares que fabricaban varas de lenzo para vender fora de Galicia, coma o cultivo da vide. Industrias: extractivas, transformación madeireira.

Turismo

Lugares de interese turístico son a ponte medieval chamada "A Ponte Vella" e sobre todo o miradoiro da Frouxeira dende onde se pode contemplar unha vista panorámica espectacular.

Deporte

Dentro das múltiples actividades culturais e deportivas que se poden realizar neste concello destacan as rutas de sendeirismo e outras máis amplas coma é a Ruta Pardo de Cela que percorre tódolos lugares da Mariña vinculados co mariscal Pardo de Cela.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Alfoz.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Alfoz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén

Nados en Abadín

Véxase tamén: Categoría:Nados en Alfoz.

Lugares de Abadín

Véxase tamén: Lugares de Alfoz.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)

Modelo:Véxase