Rivellino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rivellino
Nome completo: Roberto Rivellino
Alcume: '
Data de nacemento: 1 de xaneiro de 1946
Lugar de nacemento: São Paulo, Brasil
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Flag of Brazil.svg
Club actual: Retirado
Posición: Mediapunta, Interior Esquerdo
Altura: 1,72 metros
Partidos internacionais: (co Brasil)
Goles:
Ano do debut: 1965
Club do debut: Clube Atlético Indiano
Ano do retiro: 1979
Club do retiro:

Roberto Rivellino, tamén escrito Rivelino, nado en São Paulo o 1 de xaneiro de 1946, foi un futbolista brasileiro da segunda metade da década de 1960]] e comezos da de 1970. Manicho, fíxose coñecido por xogar en importantes clubs do Brasil coma o Fluminense do Río de Janeiro e o Corinthians de San Paulo, así como na selección brasileira coa que se proclamou campión do mundo no Mundial 1970, de México. Foi alcumado de Reizinho do Parque, Patada Atômica, Curió das Laranjeiras e Bigode.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rivellino comezou a súa carreira profesional no Clube Atlético Indiano da capital paulista, onde debutou en 1965. Ao ano seguinte fichou polo Corinthians, onde se coverteu nun ídolo, pero co que non conseguiu campionatos de relevo. Acadou en 1966 o Torneo Río - San Paulo, mais o título foi dividido entre catro clubs por falta de datas. A súa consagración chegoulle no Mundial 1970, onde Rivellino foi unha das estrelas máis destacadas da selección brasileira, que se alzou coa vitoria final.

En 1971, tamén co Corinthians, conseguiu a vitoria no Torneo do Pobo, e mais a Copa Laudo Natel en 1973. Previamente, en 1972, fora campión coa súa selección nacional da Minicopa, disputada no Brasil. No Mundial de 1974, a pesar de continuar destacando e marcando goles, a selección brasileira callaría un pobre campionato.

Rivellino acabou deixando o Corinthians, desgastado logo da perda do título do Campionato Paulista de 1974 contra o Palmeiras. Despois de empatar o primeiro partido (1-1), o Corinthians só precisaba dunha vitoria pola mínima para garantir o soñado título. Porén, foron derrotados por 1-0. (Rivellino perdeu un balón no medio do campo que acabou no gol da vitoria do clube rival). Transferido ao Fluminense en 1975, aquel mesmo ano acadou a Copa Guanabara contra o América[1], o seu primeiro título estatal como profesional.

Tamén axudou na consecución do aínda máis importante Campeonato Carioca de 1975, conquista eu repetiu en 1976. Neses dous anos clasificouse ademais para a disputa das semifinais do Campionato Brasileiro. En 1976 conseguiu tamén a Copa Viña del Mar e o Torneo de París, así como o Trofeo Teresa Herrera en 1977. Co Fluminense marcou 53 goles en 159 partidos ata que en 1978 foi vendido por un valor extraordinario na época a un club de Arabia Saudita. No Mundial de 1978 non conseguiu manterse como titular da selección, e foi substituído polo medio esquerdo Dirceu. No fútbol de Arabia conseguiu un moderado éxito, pero non puido volver a Brasil malia o interese dalgúns clubs por recuperalo, e retirouse en Oriente Medio.

Despois da retirada[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada, Rivellino fíxose comentarista deportivo de televisión e participou da selección brasileira de veteranos. En 2003 volveu para o Corinthians, desta vez como director técnico, pero abandonou o posto en 2004.

Rivellino en Galicia[editar | editar a fonte]

En 1977 Rivellino integrou o equipo do Fluminense que conseguiu a vitoria no Trofeo Teresa Herrera, na Coruña. Era a primeira vez que ese equipo conseguía o triunfo en Riazor. O 6 de agosto de 1977 o Fluminense derrotou o Feyenoord de Rotterdam por 2-0, e posteriormente enfrontouse na final o 7 de agosto o Dukla Praga por 4-1, aínda que Rivellino non marcou en ningún dos dous encontros[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meu Jogo Inesquecível, Museu dos Esportes, sen data, consultado 18.9.09
  2. XXXII Troféu Teresa Herrera (1977), Flumania, sen data, consultado o 18.9.09

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]