Valentino Mazzola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valentino Mazzola
Información persoal
Nome completo Valentino Mazzola
Nacemento 26 de xaneiro de 1919
Lugar Cassano d'Adda, Italia
Falecemento 4 de maio de 1949 (30 anos)
Lugar Superga, Italia
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1938–1939 Alfa Romeo
1939–1942 Venezia 61 (12)
1942–1949 Torino 204 (118)
Selección nacional
1942–1949 Italia 12 (4)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Valentino Mazzola, nado en Cassano d'Adda (Milán) o 26 de xaneiro de 1919 e finado en Superga o 4 de maio de 1949, foi un futbolista italiano. Era o capitán do Torino e como os seus compañeiros de equipo, morreu no Desastre aéreo de Superga. Foi internacional coa selección italiana.

Xuventude[editar | editar a fonte]

Á idade de dez anos, Mazzola salvou a vida de Andrea Bonomi, que máis tarde sería defensa do A.C. Milán, rescatándoo dun río no que estivo a piques de afogar.

O primeiro equipo no que xogou foi o da fábrica de Alfa Romeo en Milán, onde el traballaba antes da Segunda Guerra Mundial. No ano 1939, Mazzola foi chamado a filas, ficando na cidade de Venecia por un tempo. Alí comezou a xogar no Venecia A.C.

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira de Mazzola comeza no Venecia A.C., conseguindo no campionato de Copa en 1941 e un terceiro posto na liga ao ano seguinte.

O 5 de abril de 1942 debuta coa selección italiana anotando un gol. Pouco despois marchará ao Torino.

Co seu novo club gañou a liga de 1943. En 1946 repetiron éxito cunha vantaxe de 13 puntos sobre o segundo clasificado, o Inter. Ao ano seguinte tamén se alzaron co título esta vez sacándolle 10 puntos á Juventus. En 1948 no só gañaron a liga de novo, con 16 puntos de vantaxe ao Milán senón que o club lle deu á selección 10 dos 11 titulares que xogaron contra Hungría. Mazzola xogou 12 encontros con Italia.

Na tempada 1948-49, o Torino gañou o seu último título ata 1976.

En total Mazzola anotou 109 goles entre o Venecia e o Torino en 8 anos.

Familia[editar | editar a fonte]

O seu primeiro fillo, Sandro Mazzola naceu o 8 de novembro de 1942 xusto ao chegar a Turín. Tamén chegaría a ser un grandísimo xogador tanto do Inter de Milán como da selección italiana.

Desastre[editar | editar a fonte]

Mazzola e o resto dos seus compañeiros do equipo volvían de xogar un encontro en Lisboa cando, a causa do mal tempo, o avión onde viaxaban estrelouse na localidade italiana de Superga. Non sobrevivíu ninguén, e o plantel do Torino pasó a ter un só xogador, o único que non foi a Portugal.

Citas[editar | editar a fonte]

Sobre Mazzola

  • “ El é a metade do equipo. A outra metade somos o resto de nós.” (Mario Rigamonti).

Curiosidades[editar | editar a fonte]