Selección de fútbol de Acerbaixán
| Acerbaixán | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
|
|||
| Asociación | Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | AZE | ||
| Alcume | Odlar Yurdu (a terra do lume) | ||
| Ranking FIFA | 106 (14 de xullo de 2010) | ||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Aslan Kerimov (75) | ||
| Máximo goleador | Gurban Gurbanov (12) | ||
| Estrea internacional Xeorxia |
|||
| Maior vitoria Acerbaixán Bakú, Acerbaixán; 5 de xuño de 1999 |
|||
| Maior derrota Francia Auxerre, Francia; 6 de setembro de 1995 |
|||
| Campionato do Mundo | |||
| Participacións | 0 | ||
| Mellor resultado | 0 | ||
| Eurocopa | |||
| Participacións | 0 | ||
| Mellor resultado | 0 | ||
A selección de fútbol de Acerbaixán está controlada pola Asociación de Federacións de Fútbol de Acerbaixán (en azerí: Azərbaycan Futbol Federasiyaları Assosiasiyası), a cal tamén organiza a liga e copa nacional de fútbol deste país. A selección de Acerbaixán foi fundada en 1992, tras o desmembramento da Unión Soviética e quedou inscrita na FIFA e na UEFA en 1994. Este equipo é dos menos competitivos de Europa e nunca se clasificou para unha fase final dun mundial ou dunha Eurocopa.
Cores e símbolos [editar]
Dende a súa fundación o equipo nacional acerí xogou cunha camisola branca adornada cunha pequena banda vertical vermella-verde-azul e cos pantalóns azuis. Fora de casa alterna camisolas vermellas e azuis. Ultimamente a situación é bastante caótica dado que o equipo está xogando tanto como local como visitante de azul. O símbolo que portan os xogadores no peito é o escudo nacional acerí.