Franco Baresi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baresi
Nome completo: Franceschino Baresi
Alcume: Franz
Data de nacemento: 8 de maio de 1960
Lugar de nacemento: Travagliato, Italia
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Nacionalidade: Italián
Club actual: retirado
Posición: Líbero
Altura: 1,76 metros
Partidos internacionais: 81
Goles: 1
Ano do debut: 1978
Club do debut: A.C. Milan
Ano do retiro: 1996
Club do retiro: A.C. Milan


Franco Baresi, nado en Travagliato o 8 de maio de 1960, é un ex futbolista italiano, que xogaba de defensa central.

[editar] Traxectoria

Xogou na Selección de fútbol de Italia en dúas Copas do Mundo (1990 e 1994). Na Copa do Mundo do 1994 perdeu un penalti cun disparo despois dunha final que rematou 0-0. Tamén foi membro do equipo italiano que rematou cuarto nas Xogos Olímpicos de 1984 en Los Angeles (California). De calquera xeito o seu maior triunfo foi o mundial de 1982, onde a escuadra italiana rematou campioa.

A pesar da súa aparencia modesta, Baresi converteuse nun xogador famoso polas súas extraordinarias habilidades para analiza-lo xogo e controla-lo seu espazo. Por outro lado, tamén é un dos poucos xogadores que dedicaron a súa carreira nun mesmo club, o (A.C. Milan), para o que xogou 444 encontros arquivando 12 goles. Retirouse dos campos no 1996 á idade de 36 anos. Co Milán, Baresi gañou seis scudetto (títulos de liga de Serie A) e tres Copas de Europa. O número 6 do seu xersei foi retirado polo club, un feito excepcional no fútbol italiano. Baresi segue hoxe en día no fútbol italiano coma un respectado adestrador no A.C. Milan.

O seu irmán Giuseppe Baresi xogou coma rival seu no Internazionale.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas