Lorenzo Buffon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Buffon
Información persoal
Nome Lorenzo Buffon
Nacemento 19 de decembro de 1929
Lugar de nacemento Majano
Altura 1.81 metros
Posición gardameta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1948–1949 Portogruaro 34 (0)
1949–1959 Milan 277 (0)
1959–1960 Genoa 20 (0)
1960–1963 Inter de Milán 79 (0)
1963–1964 Fiorentina 1 (0)
1964–1965 Ivrea 11 (0)
Total 422 (0)
Selección nacional
1958–1962 Italia 15 (0)
Na rede
IMDB: nm3965354 FIFA: 47035 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Lorenzo Buffon, nado en Majano, Udine, o 19 de decembro de 1929, é un exfutbolista italiano que xogaba como porteiro. Disputou 277 partidos co AC Milan, e máis tarde xogou tamén no seu máximo rival, o Inter de Milán, así como noutros clubs italianos, gañando cinco títulos da Serie A. Foi 15 veces internacional coa selección italiana, á que capitaneou no Mundial de 1962 en Chile.

Está amplamente considerado como un dos mellores porteiros da súa xeración e un dos mellores porteiros italianos da historia.[1] Foi elixido xunto ao porteiro soviético Lev Iashin, para representar ao equipo das estrelas da FIFA durante a década de 1960.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Disputou un total de 365 partidos en 15 tempadas na Serie A, repartidas entre o AC Milan (1949–59), o Genoa (1959–60), o Inter de Milán (1960–63) e a Fiorentina. (1963–64). Comezou a súa carreira no Portogruaro en 1948 antes de fichar polo Milan na tempada seguinte. Co Milán, debutou na Serie A o 15 de xaneiro de 1950, mantendo a portería a cero na vitoria por 1-0 ante a Sampdoria. Xogou 277 partidos co club, e participou na conquista de catro títulos da Serie A e dúas Copas Latinas, a pesar de ter como competencia na portería a Narciso Soldan. Co Milan, alcanzou tamén a final da Copa de Europa de 1957/58 e as semifinais da 1955/56.[1] Con 300 partidos co Milan, é un dos únicos catro porteiros da historia do club que alcanzou este fito, só por detrás de Christian Abbiati (380), Sebastiano Rossi (330) e Dida (302).[3]

Posteriormente xogou unha tempada no Genoa, antes de fichar en 1960 polo rival histórico do Milan, o Inter de Milán, en ambas ocasións como substituto do que foi considerado como o seu máximo rival ao longo da súa carreira: Giorgio Ghezzi.[4] Xogou tres tempadas no Inter de Helenio Herrera, gañando o seu quinto título da Serie A na tempada 1962/63.

A continuación xogou na Fiorentina e no Ivrea antes de retirarse en 1965.[1][5] Trala súa retirada do fútbol profesional, traballou como buscador de talentos para o Milan.[2]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi 15 veces internacional coa selección italiana entre 1958 e 1962. Debutou o 9 de setembro de 1958 nun amigable contra Francia que rematou 2-2.[6] Capitaneou a azzurra no Mundial de 1962 en Chile, quedando eliminado na primeira fase.[1][7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É parente do tamén porteiro Gianluigi Buffon, pois é curmán do seu avó.[2] Casou coa actriz e celebridade televisiva Edy Campagnoli, que anteriormente mantivera unha relación co seu rival Giorgio Ghezzi.[2][8]

Palmarés[editar | editar a fonte]

AC Milan

Inter de Milán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Lorenzo BUFFON". magliarossonera.it (en italiano). Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ci ritorni in mente... Lorenzo Buffon". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 9 de xullo de 2009. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  3. "20 anni e 150 in rossonero: Donnarumma da talento a fenomeno, con il Milan nel cuore" (en italiano). 11 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  4. Oliveri, Andrea (9 de setembro de 2010). "Nel 1959 viene deciso lo scambio tra i portieri Ghezzi e Buffon" (en italiano). Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  5. "Un rossonero da Raccontare… Lorenzo Buffon" (en italiano). 15 de abril de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  6. "Francia - Italia 1958". italia1910.com (en italiano). Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  7. "Convocazioni e presenze in campo". Federación Italiana de Fútbol (en italiano). Consultado o 13 de marzo de 2022. 
  8. "Il kamikaze Ghezzi e le notti di Cesenatico" (en italiano). 14 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]