Selección de fútbol de Albania
| Albania | |||
|---|---|---|---|
|
|||
| Asociación | Federata Shqiptarë Futbollit | ||
| Confederación | UEFA (Europa) | ||
| Código FIFA | ALB | ||
| Alcume | Kuq e zinjtë (vermella e negra) |
||
| Ranking FIFA | 71 (14 de xullo de 2010) | ||
| Seleccionador | |||
| Máis partidos | Foto Strakosha (73) | ||
| Máximo goleador | Alban Bushi (14) | ||
| Estrea internacional Albania Tirana, Albania; 7 de outubro de 1946 |
|||
| Maior vitoria Albania Tirana, Albania; 12 de agosto de 2009 |
|||
| Maior derrota Hungría |
|||
| Campionato do Mundo | |||
| Participacións | 0 | ||
| Mellor resultado | 0 | ||
| Eurocopa | |||
| Participacións | 0 | ||
| Mellor resultado | 0 | ||
A Selección Nacional de Fútbol de Albania está controlada pola Federación Albanesa de Fútbol (en albanés: Federata Shqiptare e Futbollit, FSHF) , asociada á UEFA. Os albaneses nunca foron capaces de clasificarse para unha fase final da Copa do Mundo de Fútbol ou da Eurocopa.
Índice |
Cores e símbolos [editar]
Albania xoga con camisola vermella, pantalóns negros e medias vermellas, ás veces con decoracións brancas ou negras. A segunda equipaxe é normalmente branca con pantalóns negros ou vermellos. As cores recordan a bandeira albanesa, vermella cunha aguia negra bicéfala no centro.
O escudo que usa non é o mesmo que o da federación, sendo un deseño simple vermello coa aguia no centro, que lembra a bandeira nacional, contorneado dunha banda branca co nome na lingua orixinal da federación en caracteres dourados.
Estadio [editar]
Non hai un estadio de fútbol oficial nacional en Albania, pero normalmente o equipo xoga no Qemal Stafa. Construído sobre o 1930, era no inicio un complexo polideportivo, pero hoxe é empregado case exclusivamente para o fútbol. Con capacidade para 40.000 espectadores é o maior estado de Albania.
Historia [editar]
O debut no panorama futbolístico internacional foi na posguerra, cando Albania consegue a independencia tras o fin da ocupación italiana. Albania presentouse por primeira ven ás clasificadoras dunha Eurocopa na edición de 1964 e dun mundial no Mundial de Fútbol de Inglaterra 1966. En 1968 o equipo albanés, que contaba con Panajot Pano (considerado o mellor futbolista albanés de sempre), conseguiu empatar con Alemaña Occidental (0-0), o que comprometeu a clasificación dos alemáns para a Eurocopa de Italia 1968.
Unha xeración de bos futbolistas conduciu os albaneses a excelentes resultados nos anos 80: durante as clasificadoras para o Mundial de México 1986 conseguiu un prestixioso 2-2 en Polonia, vencendo posteriormente a Bélxica 2-0, futura semifinalista do torneo. Nos últimos anos, Albania mellorou notablemente o seu nivel, conseguindo vencer Grecia 2-1 na clasificación para o Mundial de Alemaña 2006, que posteriormente serían campións de Europa na Eurocopa de Portugal 2004. Albania nunca conseguiu clasificarse para ningunha fase final de Eurocopa ou Copa do Mundo.
Xogadores máis destacados [editar]
- Loro Boriçi.
- Riza Lushta.
- Selman Stërmasi.
- Bledar Kola.
- Naim Kryeziu.
- Sulejman Demollari.
- Agustin Kola.
- Mirel Josa.
- Arben Minga (28 veces internacional, 2 goles).
- Sokol Kushta (31 veces internacional, 10 goles).
- Vasil Ruci (67 veces internacional, 10 goles).
- Panajot Pano (25 veces internacional, ? goles).
- Rudi Vata 1990-2001 (59 veces internacional, 5 goles).
- Blendi Nallbani 1989-2002 (18 veces internacional, 0 goles).
- Mehmet Dragusha 2003-2005 (6 veces internacional, 0 goles).
- Altin Rraklli 1997-2005 (63 veces internacional, 11 goles).
- Foto Strakosha 1996-2006 (73 veces internacional).
- Besnik Hasi -2006 (50 veces internacional, 2 goles).
- Adrian Aliaj -2006.
- Igli Tare -2007.
- Edvin Murati -2007.