Silvio Piola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silvio Piola
Información persoal
Nome completo Silvio Piola
Nacemento 29 de setembro de 1913
Lugar Robbio, Reino de Italia
Altura 1.78 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1928-1929 Pro Vercelli
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1929-1934 Pro Vercelli 127 (51)
1934-1943 SS Lazio 227 (143)
1944 Torino FIAT 23 (27)
1945-1947 Juventus FC 57 (26)
1947-1954 Novara Calcio 185 (86)
Total 619 (333)
Selección nacional
1935–1952 Selección de fútbol de Italia 34 (30)
Adestrador
1953-1954 Selección de fútbol de Italia
1954-1956 Cagliari Calcio
1957 Cagliari Calcio
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Silvio Piola, nado o 29 de setembro de 1913 en Robbino, Provincia de Pavía, e finado o 3 de outubro de 1992 en Gattinara foi un futbolistas italiano que xogaba na demarcación de dianteiro. É o máximo anotador da Serie A italiana e o terceiro máximo goleador da historia da Selección de fútbol de Italia, con esta selección foi campión do Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final.

Por algún é considerado o inventor da chilena, xunto con Carlo Parola.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no Pro Vercelli, debutando co primeiro equipo o 16 de febreiro de 1930.

En 1934 foi traspasado ao SS Lazio, equipo no que militaría nove tempadas, anotando 143 goles e declarándose Capocannoniere (máximo goleador da Serie A) en dúas ocasións (1937 e 1943)

En 1944 fichou polo Torino FIAT, porén a competición foi interrumpida pola Segunda Guerra Mundial, o resto do ano xogaría no Novara Calcio pero en 1945 fichou polo Juventus FC. Militou no club turinés ata 1947 cando fichou polo Novara Calcio, onde se retirou despois de sete tempadas no club.

Ca selección[editar | editar a fonte]

Debutou ca Selección de fútbol de Italia no ano 1935 ante Austria, anotando tamén o seu primeiro tanto. Ao longo dos dezasete anos nos que foi convocado ca selección xogou un total de 34 encontros e anotou 30 goles, convertíndose no terceiro máximo anotador do combinado.

Ca selección gañou o Mundial de Fútbol Francia 1938, anotando dous goles na final ante Hungría. Tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central en 1935.

Finalmente o seu último encontro foi en 1952.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou como adestrador pouco despois de colgar as botas, dirixindo á selección durante os anos 1953 e 1954, porén non chegaría a participar no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

Despois dirixiría ao Cagliari Calcio en duas etapas, 1955/56 e 1957.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]