Batalla de Yser
| Batalla de Yser | |
|---|---|
| Conflito: Primeira Guerra Mundial | |
| Data:Outubro de 1914 | |
| Lugar: Río Yser, Bélxica | |
| Resultado: Estabilización da fronte | |
| Combatentes | |
| Descoñecidas | |
| Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) | Primeira batalla de Picardy – Batalla de Flirey – Batalla de Albert – Primeira batalla de Artois – Batalla de Bassée – Batalla de Messines – Batalla de Armentières – Batalla de Yser – Primeira batalla de Ypres – Primeira batalla de Champagne |
A batalla de Yser foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, encadrada na Carreira cara ao mar.
Antecedentes [editar]
En agosto de 1914, o exército do Imperio Alemán invadiu Bélxica e Holanda coma parte do Plan Schlieffen. Sen embargo, a superioridade numérica dos exércitos alemáns provocou que os belgas tivesen que retroceder tras sucesivas derrotas, incluíndo o cerco de Antuerpen e a perda de diversas fortalezas. O obxectivo dos efectivos xermanos era o de chegar ata a canle da Mancha e os seus portos, como Calais e Dunkerque. Ao mesmo tempo tamén se iniciou a Primeira batalla de Ypres.
Desenvolvemento da batalla [editar]
O exército belga andaba escaso de munición e as tropas estaban moi cansas, debido as contínuas retiradas ante a iniciativa alemana. Para poder aguantar a fronte, Francia enviou reforzos tanto de infantería como mariña.
Os primeiros combates comezaron o 16 de outubro, en torno á cidade de Diksmuide, onde as tropas aliadas detiveron o avance alemán. Ao día seguinte, tropas alemanas pouco experimentadas (estudantes pouco adestrados, reservistas...) atacaron Bruxas e Ostende. Simultaneamente, o IV Exército alemán avanzou e tomou a liña Nieuwpoort-Ypres. Deste xeito, os alemáns achegábanse ao río Yser. A partir de entón sucederíanse diversas batallas, sen ningún gañador claro, estabilizándose a fronte cara o 31 de outubro.
Consecuencias da batalla [editar]
O obxectivo principal do Imperio Alemán era, por unha banda, derrotar e anexionar todo o territorio belga. Por outra banda, pretendía tomar diversos portos do Atlántico e así curtar as vías de subministros británicos. Non obstante os obxectivos non foron completamente conseguidos: Bélxica aguantou o envite alemán en torno ao río Yser e os británicos non se tiveron que retirar de Francia. Estímanse unhas 40.000 baixas belgas e 15.000 francesas. Descoñécense as perdas alemanas.