Batalla de Saint-Quentin (1914)
| Batalla de San Quentín | |
|---|---|
| Conflito: Primeira Guerra Mundial | |
| Data: Do 29 ao 30 de agosto de 1914 | |
| Lugar: Saint-Quentin, Francia | |
| Resultado: Vitoria xermana, repelido o ataque francés | |
| Combatentes | |
| Comandantes | |
| Forzas | |
| V Exército francés | II Exército alemán |
| Baixas | |
| 12.000 baixas | 7.000 baixas |
A batalla de Saint-Quentin de 1914 foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, tamén denominada Primeira batalla de Guise. Tivo lugar en agosto de 1914.
Desenvolvemento [editar]
A noite do 26 de agosto, as tropas aliadas estaban en retirada. O Xeneral Joffre francés precisaba que alguén contivese o avance alemán mentres se retiraban tanto as tropas galas (no flanco dereito) como as tropas expedicionarias británicas (no flanco esquerdo). Os mandos franceses ordearon a Lanrezac, a cargo do V Exército, atacar aos alemáns retrasando o seu avance.
O día 29 pola mañá, atacaron ás tropas alemanas, que nos días anteriores estableceran defensas en torno a Saint-Quentin. O avance foi lento e custou moitas vidas, pero finalmente forzaron a Bullow a retroceder. Esa mesma noite, Joffre ordenou a Lanrezac que continuasen a retirada e que ó seu paso destruísen as pontes sobre o río Oise. A orde non chegou ata o día 30 pola mañá e as tropas tardaron en iniciar a marcha. Non obstante, o II Exército alemán non se desprazou e polo tanto non obstaculizou a Lanrezac.
O día 30, Bullow reportou aos seus superiores que non puidera curtar a retirada francesa. Días despois marchou cara o río Marne en dirección a París.